22/10/2026
🌼BAILE TRADICIONAL GALEGO
⏰LUNS ‼️
ás 20:00h “Para quen quere saber máis” ( Nivel 2)
🌀ANUNCIAMOS UN PEQUENO CAMBIO NESTE HORARIO 🌀
➡️As clases de baile tradicional galego do luns ás 20:00h, pasarán a ser impartidas por Carme Giráldez.
👀👇Un pouco de info sobre a nosa mestra! 👩🏫
CARME GIRÁLDEZ é xestora cultural e bailadora, ligada á música tradicional dende que ten acordo. Bailou en diferentes agrupacións de Santiago, Teo e Lugo, e sempre di que onde se aprende a bailar de verdade é no torreiro. Ven quitar o óxido, pasalo ben e poñerte a punto para dalo todo por aí adiante!!
ℹ️Para inscricións e máis info, envía un correo a [email protected] ‼️