13/11/2025
✨ Xa están aquí!
A creatividade galega volve dar un paso adiante cos finalistas da X edición dos Premios Paraugas, unha selección de proxectos que demostran o talento, a innovación e a forza da nosa industria da comunicación e do márketing.
Este ano celebramos dez anos de historias, ideas e profesión, e facémolo desde Ferrol, cidade que acollerá a gala do aniversario, onde se anunciarán os proxectos gañadores.
Entre todos os proxectos presentados (máis de 250!), estes finalistas destacan por atreverse a crear, comunicar e transformar.
Son o reflexo dunha comunidade que non deixa de medrar e que continúa situando a Galicia como referencia creativa.
🗳️ E ti tamén decides: na web oficial xa podes votar para escoller o Premio do Público.
☂️ Vémonos o 21 de novembro!
🤝 Patrocina Xunta de Galicia a través de Galicia Calidade, Concello de Ferrol , CESUGA - Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia, AVANTE , PuntoGal , tac! Activando el recuerdo de tu marca, Raiola Networks, Abanca e Estrella Galicia