03/11/2026
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) formulou as súas achegas institucionais ao Plan de prevención de condutas adictivas en Galicia 2026–2030, no marco do proceso de participación pública impulsado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia.
As propostas elaboráronse a partir das achegas profesionais recibidas e da experiencia do Traballo Social nos ámbitos comunitario, sanitario, educativo e de inclusión social, co obxectivo de reforzar a dimensión social, territorial e comunitaria das políticas de prevención.
O COTSG valora positivamente que o futuro Plan incorpore cuestións como a equidade, a atención ás situacións de vulnerabilidade, a dimensión territorial e a coordinación entre os sistemas sanitario, educativo, social, laboral e municipal.
Ao mesmo tempo, o Colexio considera imprescindible que a prevención das condutas adictivas non se centre unicamente no consumo ou na conduta individual, senón que teña en conta factores como a situación económica, a vivenda, a contorna familiar, as redes de apoio, o emprego, a educación, o territorio ou as situacións de exclusión e vulnerabilidade.
As sesis propostas para reforzar a perspectiva social:
1. Incorporar o Traballo Social ao estudo de ratios profesionais
2. Presenza do Traballo Social nos equipos de prevención móbiles
3.Mellorar a coordinaciónna detección precoz con menores
4.Participar no deseño do módulo social do SICA-Galicia
5.Manter a participación profesional durante todo o Plan
6.Reforzar os indicadores sociais, territoriais e de vulnerabilidade
Podes ler a nova completa en https://traballosocial.gal/o-cotsg-presenta-achegas-ao-plan-de-prevencion-de-condutas-adictivas-en-galicia-2026-2030/ ou na nosa páxina web