03/11/2026
🏆 Arturo Dopico, Premio Enxeño 2026 á Excelencia na Dirección de Grandes Empresas de Telecomunicación.
A súa traxectoria profesional está estreitamente ligada á historia e evolución das telecomunicacións en Galicia. En 1998 asumiu a dirección xeral de R, o operador galego de telecomunicacións, do que foi unha figura clave na súa posta en marcha e consolidación durante aproximadamente 18 anos.
Baixo a súa dirección, R converteuse nunha das empresas tecnolóxicas de referencia en Galicia, impulsando o despregamento de infraestruturas propias de fibra óptica e a expansión dos servizos de Internet, telefonía e televisión.
A súa contribución foi máis alá do crecemento empresarial, desempeñando un papel destacado na modernización das telecomunicacións galegas, na xeración de actividade económica e na creación dun equipo profesional especializado no sector.
En 2006 recibiu o recoñecemento Enxeñeiro do Ano e, posteriormente, continuou a súa carreira profesional en Portugal como conselleiro delegado de NOWO, ampliando a súa experiencia no ámbito internacional.
Este Premio Enxeño recoñece unha traxectoria marcada polo liderado, a visión empresarial e o compromiso co desenvolvemento tecnolóxico, así como a súa contribución á evolución e proxección das telecomunicacións galegas.