14/10/2026
🔵🟢Celebrouse a Subcomisión Permanente do Réxime Económico e Financeiro da Comisión Galega de Cooperación Local, composta polas Consellerías de Presidencia e de Facenda da Xunta de Galicia e pola FEGAMP . Como cada ano, esta Subcomisión abordou a proposta de dotacións do Fondo de Cooperación Local no Anteproxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2027 e os seus criterios de reparto. Esta ano, ademais, tratouse tamén a proposta de reparto provisional do Fondo Transitorio do Fondo de Cooperación Local do ano 2026.
Pola , na reunión participaron o seu presidente, Alberto Varela Paz; o vicepresidente primeiro e alcalde do Concello de Poio, Ángel Moldes ; a vicepresidenta executiva e alcaldesa de Betanzos, María Barral Varela, e Cristina Cid, membro da Comisión Executiva e alcaldesa do Concello de Allariz. Pola banda da de Galicia, participaron o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo; o concelleiero de Facenda, Miguel Corgos, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto.
Ao remate da reunión, o presidente da FEGAMP fixo declaracións aos medios, nas que "lamentou non dispoñer previamente os datos ofrecidos pola Xunta na reunión par poder ter realizado un análise dos mesmos e traer á reunión unha opinión estudada e consensuada coas alcaldes e alcaldesas".
Alberto Varela sinalou que ve notas positivas na proposta da Xunta sobre financiaciamento local para o próximo año, ao elevarse ata os 170 millóns de euros a cantidade coa que se dota ao fondo base incondicionado, e que se atendan as reclamacións da FEGAMP para un maior financiamento local tras anos co fondo base incondicionado «conxelado», insistindo ne que todo o fondo de cooperación local debería repartirse de xeito non finalista.
Ademais, Varela apuntou que aínda hai unha parte dos fondos deste ano, entre 40 e 50 millóns de euros, que non foron transferidos por querer facelo cos criterios da futura nova Lei de Administración Local, aínda non aprobada.
O presidente da FEGAMP puxo o foco en que no medra a porcentaxe que esta partida supón respecto ao total dos orzamentos autonómicos, e rematou anunciando outra reclamación, "dado que ese fondo é unha parte dos orzamentos da Xunta, pois que aumente a porcentaxe que lle corresponde, porque entendemos que ese aumento se fai porque tamén aumenta a recadación da Xunta, e iso posibilita aumentar ese fondo base".