05/11/2026
🎥✨ Dálle ao play e revive os mellores momentos do X Encontro para o Emprego de Acción contra a Fame en Santiago de Compostela.
Ao longo da xornada, máis de 150 persoas participantes puideron conectar con empresas, coñecer oportunidades laborais e ampliar a súa rede de contactos. Ademais, reflexionamos sobre a importancia de construír un mercado laboral máis humano e inclusivo a través de obradoiros centrados no emprego digno, os coidados e a empatía nos procesos de selección.
🤝 Grazas ás empresas colaboradoras e a todas as persoas participantes por facer posible un espazo de encontro que segue abrindo portas cara ao emprego.
💚 Porque buscar emprego tamén é coñecer os teus dereitos, desenvolver novas ferramentas e atopar oportunidades.
Se estás a buscar apoio no teu proceso de inserción laboral, en Acción contra a Fame podemos acompañarte.