15/09/2026
III SON URBÁN BARREIROS
Hip hop · Electrónica · Cultura urbana.
A cultura urbana toma Barreiros de mediodía ata a madrugada
O venres 9 de outubro, Barreiros volve converterse nun punto de encontro para a cultura urbana coa terceira edición de SON URBÁN BARREIROS, un festival que medra ano tras ano e que aposta por levar á Mariña unha programación de primeiro nivel, combinando grandes nomes da escena nacional e internacional co talento local.
E esta edición vén forte.
🎤 Juli Giuliani & Griffi — rap e produción de referencia dentro da escena hip hop estatal.
🌿 Terrae & Nastasia Zürcher — unha viaxe sonora, entre a electrónica e os ritmos do mundo.
🔥 Meneo — desde Guatemala, electrónica, ritmos latinos e cultura urbana nun directo que promete facer saltar a praza.
🎧 Rapariga DJ — unha das figuras máis activas da escena galega, cunha sesión cargada de ritmo, música negra, electrónica e cultura de club.
🎵Xmaseda - talento xoven dende a Mariña Lucense.
🎧 Dj Griffi - compoñente do mítico grupo de rap Solo los Solo, unha bestia a os platos xiradiscos.
E porque un festival urbano tamén se constrúe desde a casa, os showcases de Barreiros Gang e o Lucense Dein poñerán sobre o escenario o talento local, demostrando que en Barreiros e Lugo tamén hai moito que dicir, rimar e bailar.
Pero SON URBÁN BARREIROS é moito máis ca música. Durante a xornada haberá talleres de cultura urbana da man de Vella Escola e a presentación de Somos Hip Hop, o seu novo libro, unha mirada á historia e á evolución dunha cultura que leva décadas transformando a música, a rúa e a sociedade.
Un día enteiro. Unha praza. Moitas formas de entender a cultura urbana.
Desde o mediodía ata a madrugada, Barreiros soa, crea, baila e comparte.
📍 Praza do Concello de Barreiros
📅 Venres 9 de outubro
🕛 Desde o mediodía ata a madrugada
Organiza Concello de Barreiros Participa Vicepresidencia Depu. Lugo
Produción Trasnosound Events
Diseña ⭐CLAU LO🌛