Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia 🏠 Representamos a 4.000 psicólog@s en Galicia
👩‍🏫 Velamos pola boa práctica da psicoloxía
🫱 Defendemos unha atención psicolóxica accesible

🏠 Representamos a 4.000 psicólog@s en Galicia
👩‍🏫 Velamos pola boa práctica da
🫱 En defensa dunha atención psicolóxica accesible

07/11/2026
Grazas ao concello de Burela pola súa colaboración e o seu apoio na realización das ###I Xornadas da Sección de Psicolox...
07/11/2026

Grazas ao concello de Burela pola súa colaboración e o seu apoio na realización das ###I Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG que se desenvolveron na Casa da Cultura deste municipio do 5 ao 7 de novembro. Foi un pracer contar cun concello tan fermoso e agarimoso.

Grazas á alcaldesa, Carmela Lopez Moreno, e ao primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado Mon.

07/11/2026

Deputación de Lugo

💜 A educación afectivo-sexual é fundamental para construír relacións saudables e previr as violencias se***is.📍 Desde Bu...
06/11/2026

💜 A educación afectivo-sexual é fundamental para construír relacións saudables e previr as violencias se***is.

📍 Desde Burela, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reclamou unha maior implicación das administracións públicas para garantir unha educación afectivo-sexual integral nos centros educativos.

A reivindicación realizouse durante a inauguración das ###I Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde, que reúnen a máis de 150 profesionais baixo o lema Fragmentos dun discurso sobre sexualidade.

🗣️ A decana do COPG, Rosa Álvarez Prada, advertiu dos riscos de que a pornografía e as redes sociais se convertan nas principais fontes de información sexual da adolescencia.

Porque educar en sexualidade tamén significa falar de:

🔹 Respecto e consentimento.

🔹 Afectos e relacións saudables.

🔹 Autoestima e benestar emocional.

🔹 Igualdade e prevención das violencias.

💬 «Non se trata de vixiar, prohibir ou xulgar. Trátase de acompañar».

Desde o COPG defendemos que a educación afectivo-sexual debe formar parte do sistema educativo, con programas estables, profesorado preparado e participación de profesionais da Psicoloxía.

📍 Burela | ###I Xornadas de Psicoloxía e Saúde

💜 A pornografía non pode substituír a educación afectivo-sexual.Educar en sexualidade é falar de respecto, de consentime...
06/11/2026

💜 A pornografía non pode substituír a educación afectivo-sexual.

Educar en sexualidade é falar de respecto, de consentimento, de afectos, de igualdade e de relacións saudables.

📍 Desde Burela, onde máis de 150 profesionais participan nas ###I Xornadas de Psicoloxía e Saúde, o COPG reclama unha educación afectivo-sexual integral e estable nos centros educativos.

🗣️ «Non se trata de vixiar, prohibir ou xulgar. Trátase de acompañar».

Con estas palabras, a nosa decana, Rosa Álvarez Prada, reivindicou o papel fundamental da Psicoloxía na educación sexual da infancia e da adolescencia.
✨ Porque acompañar tamén é educar.
✨ Porque o consentimento e o respecto apréndense.
✨ Porque previr as violencias se***is é unha responsabilidade colectiva.

📍 ###I Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde | Burela

RelaciónsSaudables Burela SaúdeMental

📰 Cando a dor busca culpablesDespois dunha traxedia, é habitual preguntarnos que aconteceu e quen é responsable. Buscar ...
03/11/2026

📰 Cando a dor busca culpables

Despois dunha traxedia, é habitual preguntarnos que aconteceu e quen é responsable. Buscar explicacións axúdanos a afrontar a incerteza e a recuperar certa sensación de seguridade, pero tamén pode levarnos a formular conclusións precipitadas.

Conxita López Martín, psicóloga de emerxencias e membro da Comisión Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG, aborda esta cuestión nun artigo de opinión publicado en La Voz de Galicia.

A autora reflexiona sobre as emocións que xorden ante situacións tráxicas, a influencia da sobreexposición informativa e a importancia de diferenciar entre sinalar culpables e esixir responsabilidades.

Unha reflexión desde a psicoloxía de emerxencias que nos lembra a necesidade de escoitar as persoas afectadas, respectar os seus tempos e reclamar explicacións fundamentadas.

Porque as vítimas e a sociedade teñen dereito á verdade, á xustiza e a que se adopten as medidas necesarias para evitar que estas situacións se repitan.

🔗 Podes ler o artigo completo aquí:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2026/11/01/cando-dor-busca-culpables/00031793531789753166758.htm

🚌🚆 A nosa campaña contra o intrusismo do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, «A túa saúde mental non é un xogo», s...
31/10/2026

🚌🚆 A nosa campaña contra o intrusismo do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, «A túa saúde mental non é un xogo», sae á rúa en Vigo!

Xa podes atopala nos autobuses urbanos e na estación de tren de Urzáiz.

Desde o COPG seguimos defendendo unha atención psicolóxica profesional, rigorosa e baseada na evidencia científica.

💗 Porque coa saúde mental non se xoga.

🚗🧠 Segue aberto o prazo de inscrición! Non perdas a oportunidade de participar na formación «Psicoloxía, consumo de fárm...
30/10/2026

🚗🧠 Segue aberto o prazo de inscrición! Non perdas a oportunidade de participar na formación «Psicoloxía, consumo de fármacos e condución», que terá lugar o 14 de novembro. 📩 Inscríbete antes do 4 de novembro!

Apúntate:

👉https://www.copgalicia.gal/node/9647

📰 O GIPCE achega a mirada da psicoloxía ante a traxedia ferroviaria de ToledoComo se afronta emocionalmente unha catástr...
29/10/2026

📰 O GIPCE achega a mirada da psicoloxía ante a traxedia ferroviaria de Toledo

Como se afronta emocionalmente unha catástrofe? Que necesitan as vítimas e as súas familias? Como podemos acompañar as persoas que atravesan unha situación traumática?

Estas son algunhas das cuestións que abordaron Ana María Núñez Rubines, Conxita López e Julita Touriño, psicólogas do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG, nas entrevistas publicadas en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Diario de Pontevedra.

As profesionais explicaron a diversidade de reaccións emocionais ante unha traxedia, a importancia do acompañamento psicolóxico e a necesidade de evitar a sobreexposición a imaxes e informacións que poden incrementar o sufrimento.

Desde o COPG queremos destacar a importancia de incorporar a perspectiva psicolóxica á información sobre as emerxencias e catástrofes, contribuíndo a unha maior comprensión das necesidades emocionais das persoas afectadas.

💙 Porque atender unha emerxencia tamén significa atender o sufrimento emocional.

Dirección

Rúa Da Espiñeira 10 Baixo
Santiago De Compostela
15706

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 19:00
Martes 08:00 - 19:00
Miércoles 08:00 - 19:00
Jueves 08:00 - 19:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos