Asociación Carabelo

Cómo llegar

Asociación Carabelo Asociación de voluntariado sen ánimo de lucro co obxectivo principal de apoio á inclusión a familias en risco de exclusión social.

Tes na casa bólas de Nadal que xa non utilizas? Non as tires! ✨Este ano queremos reutilizalas e transformalas para o nos...
07/10/2026

Tes na casa bólas de Nadal que xa non utilizas? Non as tires! ✨

Este ano queremos reutilizalas e transformalas para o noso Mercadiño de Nadal de Carabelo. Por iso, estamos a recoller bólas de Nadal de calquera cor, tamaño ou estilo. ❤️💚💛💙para darlles unha segunda vida. Cun pouquiño de creatividade, volverán brillar e formarán parte de algo moi especial.

🎁 Grazas por colaborar e axudarnos a facer un Nadal máis sostible!

CARABELO
Reutilizamos · Creamos · Compartimos

30/09/2026

📚 ¡Xa temos todo preparado para comezar un novo curso en Carabelo! 💚

Pecharon as inscricións cun total de 62 menores para as clases de apoio escolar e 6 nais no curso de castelán.

Este ano contamos cun equipo de 19 voluntarios e voluntarias, que unha vez máis poñen o seu tempo, esforzo e cariño ao servizo das familias.

🗓️ As clases comezarán o luns 5 de outubro.

Comezamos un novo curso con moita ilusión, novos retos e, sobre todo, coas ganas de seguir acompañando e apoiando aos nosos nenos, nenas e familias.

💚 Grazas a todas as persoas que fan posible que Carabelo siga medrando. Vémonos o 5 de outubro!

30/09/2026

La ONG Recycling Bicicletas Solidarias traslada en un tractor de Maxideza un gran volumen de artículos de puericultura y calzado destinados a familias vulnerables gestionadas por los servicios sociales de Lalín

🎒📚 ¡Grazas, Recycling! 💚Dende Carabelo queremos agradecer de corazón a Recycling a doazón de todo este material escolar....
26/09/2026

🎒📚 ¡Grazas, Recycling! 💚
Dende Carabelo queremos agradecer de corazón a Recycling a doazón de todo este material escolar. ✏️📒🎨
Mochilas, estoxos, cuadernos, lapis e moito máis que axudarán a que os nosos nenos e nenas megan co material que precisan para aprender, crear e g***r no seu día a día. 🌈✨
Xestos coma este significan moito para nós e, sobre todo, para as familias ás que acompañamos.
Grazas, Recycling, pola vosa xenerosidade e por colaborar con Carabelo. ❤️

25/09/2026

Hai persoas e empresas que colaboran con Carabelo e que forman parte do noso camiño.

Hoxe queremos facer un agradecemento moi especial á xestoría PLANING e, especialmente, ao seu departamento laboral, que leva colaborando con Carabelo desde que comezamos no ano 2013.
Este verán vivimos unha situación especialmente complicada, cunha documentación que nos levou máis dun mes conseguir solucionar. Foi un proceso longo, con moitas dúbidas e momentos de preocupación, pero tivemos a sorte de contar con Carlos , que se encargou de levar todo o proceso, acompañándonos en cada paso, buscando solucións e estando sempre dispoñible para axudarnos a sacar o tema adiante.
Grazas, Carlos , por túa paciencia, pola túa implicación e por non deixar de buscar unha solución ata conseguir resolvelo. E grazas tamén a todo o equipo da xestoría por estar sempre detrás de Carabelo e ofrecernos o voso apoio de maneira totalmente desinteresada.
Para unha asociación como a nosa, contar con profesionais que poñen o seu tempo, os seus coñecementos e a súa experiencia ao noso servizo de maneira altruísta é un regalo enorme.
Grazas por formar parte de Carabelo e por axudarnos a seguir adiante.
Porque detrás de cada asociación tamén hai persoas que, sen facer ruído, fan posible que todo funcione.

Mañana último dia para inscribirse!!!!De 17-20h en Asociación Carabelo
24/09/2026

Mañana último dia para inscribirse!!!!
De 17-20h en Asociación Carabelo

24/09/2026
Lembrade
21/09/2026

Lembrade

Desde Carabelo queremos agradecer á Asociación Veciñal de A Cacharela por este xesto de solidariedade e polo seu apoio a...
14/09/2026

Desde Carabelo queremos agradecer á Asociación Veciñal de A Cacharela por este xesto de solidariedade e polo seu apoio ao noso labor de forma continuada dende os nosos comezos
Grazas por pensar en nós e por contribuír a que poidamos seguir adiante co noso traballo.

Dirección

Memorias Dun Neno Labrego, 14, 2º
Lalín
36500

Horario de apertura

Lunes 16:00 - 20:00
Martes 16:00 - 20:00
Miércoles 16:00 - 20:00
Jueves 16:00 - 20:00
Viernes 16:00 - 20:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Carabelo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir