Parroquia de "A Xesta"

  • Home
  • Parroquia de "A Xesta"
Directions

Parroquia de "A Xesta" A nosa festa celébrase sempre o domingo e luns seguinte ó Santiago e Santa Ana (25-26 xullo).

Xa chega o Magosto de A Xesta! 🍁🔥Non te perdas a nosa tradicional festa o vindeiro 21 de novembro ás 21:30 h. Disfrutare...
21/10/2026

Xa chega o Magosto de A Xesta! 🍁🔥

Non te perdas a nosa tradicional festa o vindeiro 21 de novembro ás 21:30 h. Disfrutaremos dunha cea marabillosa e dun bo ambiente.

​🍽️ Menú por 25€ (inclúe empanada, chourizos, torreznos, costilla, postre, bebida e café).

​🎵 Música en directo coa actuación do Dúo Trasnos.

​👶 Os nenos menores de 10 anos entran gratis!

​⚠️ Reserva ata o día 18 de novembro. Podes conseguir as túas entradas contactando con calquera dos organizadores.

Xa che apetece unha partida? ​Este 7 de novembro ás 22:00 h, A Xesta énchese de cartas, emoción e moi bo ambiente co nos...
19/10/2026

Xa che apetece unha partida?

​Este 7 de novembro ás 22:00 h, A Xesta énchese de cartas, emoción e moi bo ambiente co noso Torneo de Tute! 🃏✨

​Vén pasar unha noite xenial e leva un dos fantásticos premios que temos preparados (xamóns, queixos, ceas e moito máis). Non importa se vés a competir ou a pasar o rato, o importante é desfrutar xuntos! 🙌

Ahh, e por suposto haberá pinchos!🍖

Agardámosvos a todos/as!

¡CLASES DE PANDEIRETA NA XESTA! 🪘¿Queres aprender a tocar a pandeireta e g***r da nosa música tradicional? ¡Esta é a túa...
09/09/2026

¡CLASES DE PANDEIRETA NA XESTA! 🪘
¿Queres aprender a tocar a pandeireta e g***r da nosa música tradicional? ¡Esta é a túa oportunidade!
📅 Cando: A partir de outubro
🗓️ Día: Tódolos luns
⏰ Horario: Ás 20:30h (8 e media da noite)
📍 Lugar: A Xesta
Aberto a tódolos niveis
(Iniciación e perfeccionamento)
Anímate a participar e pónlle ritmo ao curso. ¡Coñece xente e pásao en grande!

🎉 Xa temos número gañador! 🎉​Tralas comprobacións do Sorteo da Lotería Nacional celebrado onte, o número premiado no nos...
23/08/2026

🎉 Xa temos número gañador! 🎉

​Tralas comprobacións do Sorteo da Lotería Nacional celebrado onte, o número premiado no noso sorteo foi o 13247.

​Revisa ben o teu boleto! Esperamos que a persoa agraciada apareza moi pronto para darlle a nosa máis sincera noraboa e entregarlle o premio. Se es ti, ponte en contacto connosco! 🍀

Onte puxemos o broche de ouro a unha Festa da Xesta absolutamente inesquecible! 🌿✨ Despois de días intensos cheos de tra...
04/08/2026

Onte puxemos o broche de ouro a unha Festa da Xesta absolutamente inesquecible! 🌿✨ Despois de días intensos cheos de tradición, reencontros e moitísima ilusión, despedimos esta edición pola porta grande e coa mellor das enerxías.
​Grazas de corazón a cada un de vós: aos veciños, ás visitas, á comisión e a quen fixo posíbel que todo saíse á perfección. A vosa enerxía e as vosas ganas de pasalo ben son o verdadeiro motor desta festa​A conta trás para a vindeira edición xa comeza hoxe mesmo. Garda ben as fotos e os vídeos, porque este ano deixounos recordos para toda a vida! 🎉

Onte vivimos a primeira xornada da nosa querida Festa e non puido comezar de mellor maneira! Había moitas ganas de reenc...
03/08/2026

Onte vivimos a primeira xornada da nosa querida Festa e non puido comezar de mellor maneira! Había moitas ganas de reencontros, de ambiente, de música e de celebrar xuntos unha das nosas tradicións máis especiais. 🎉💛

​Como non podía ser doutra forma, o momento estrela foi a tradicional tirada do globo 🎈✨. Cos ollos postos no ceo e a emoción a flor de pel, vimos como ascendía para marcar oficialmente o inicio duns días inesquecibles.

​Pero o mellor é que hoxe rematamos a festa por todo o alto! 🚀🔥 Quedan as últimas horas para dar o todo polo todo, g***r ao máximo e pechar esta edición como se merece. 🥂🎶

🎭 Un peche de ouro para a nosa Semana Cultural! ✨​Onte demos fin a uns días inesquecibles cheos de arte e comunidade, e ...
01/08/2026

🎭 Un peche de ouro para a nosa Semana Cultural! ✨

​Onte demos fin a uns días inesquecibles cheos de arte e comunidade, e fixémolo ao grande: coa actuación da compañia Fantoches Baj e a súa marabillosa obra "Viaxe Feliz de Ramón San Fiz". 🚢🎭

​Foron días intensos, cheos de risas, emocións e moita cultura viva. Moitísimas grazas a todas as persoas, artistas e veciñanza que fixestes posible esta semana tan especial.

​Sen vós, nada disto tería sentido! Ata a próxima edición! ❤️👏

🎩 “Como o fixo?!” 🤯 Esa foi a frase máis repetida da noite de onte!​Samuel Moreno veu, viu e deixounos a todos cos boca ...
31/07/2026

🎩 “Como o fixo?!” 🤯 Esa foi a frase máis repetida da noite de onte!

​Samuel Moreno veu, viu e deixounos a todos cos boca abertos co seu espectáculo de maxia. Foi unha xornada chea de gargalladas, sorpresas e moita, moita ilusión. 🪄✨

​Queremos darvos as grazas a todos os que vos achegastes a g***r connosco. Dá gusto ver o espazo cheo de xente con ganas de pasalo ben e de deixarse sorprender.

Address

A Xesta

Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Parroquia de "A Xesta" posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Shortcuts

  • Want your organization to be the top-listed non profit organization?

Share