Cómo llegar Página web

Abeiratúa Creada para axudar a pacientes de cancro para mellorar aspectos físicos e psicolóxicos que ven deb

04/11/2026

🎃👻 Chega con algo de retraso… pero o reto de outubro xa está aquí!

Estivemos celebrando o Samaín e case nos esquecemos de que tiñamos un reto pendente! 😂

Pero xa chegou e esta vez toca poñerse a proba:
💪 Consegues levantarte do chan sen apoiar as mans?

Preparamos tres niveis, de menor a maior dificultade, para que cada persoa poida comezar polo que mellor se adapte a ela e ir practicando pouco a pouco ata chegar ao último nivel.

Non hai présa nin hai que facelo perfecto á primeira. O importante é probar, practicar e avanzar ao teu ritmo. 🌱

Así de ben pasamos a tarde o venres no magosto! 🍄🌰🎶Con opcións para todos os públicos 🌾E con Argalleiros amenizando un a...
27/10/2026

Así de ben pasamos a tarde o venres no magosto! 🍄🌰🎶

Con opcións para todos os públicos 🌾

E con Argalleiros amenizando un ano mais a noite!! Grazas por vir🫶🏼

O churrasco non faltou

E o mellor a boa compañía 💚

🌰 Magosto á vista! 🌰O próximo venres 23, como cada ano celebramos o magosto de abeiratúa! 🎉Haberá castañas asadas, churr...
20/10/2026

🌰 Magosto á vista! 🌰

O próximo venres 23, como cada ano celebramos o magosto de abeiratúa! 🎉
Haberá castañas asadas, churrasco e moito mais! 🍖🎶

⚠️As prazas son limitadas así que non esquezas reservar! ☺️

15/10/2026

En Abeiratúa hai dous tipos de persoas… 😂

💆‍♀️ As que veñen a relaxarse, respirar e saír flotando da clase…
🏋️‍♀️ E as que veñen a dalo TODO no adestramento de forza.

E ti, de que equipo es?

30/09/2026

💪 RETO PARA DESPEDIR SETEMBRO! 🍂

Setembro chega ao seu fin… e en Abeiratúa queremos despedilo poñéndonos a proba! 🔥

O reto é sinxelo de explicar, pero non tanto de facer: sentar e volver levantarse dunha cadeira usando só unha perna, mantendo a outra no aire e sen apoiar o pé no chan. 🪑🦵

Un exercicio que pon a proba a nosa forza no tren inferior, o equilibrio, a estabilidade e o control.

👉 E se aínda non che sae cunha soa perna? Non pasa nada!
Podes comezar sentándote coa unha perna no aire, pero apoiando as dúas pernas para volver levantarte. A partir de aí, vai progresando pouco a pouco ata conseguir facer o movemento completo cunha soa perna. 💪

O importante non é facelo perfecto á primeira, senón ir mellorando. 🚀

Atréveste co reto?
Proba con cada perna e cóntanos como che foi! 👇

💚O pasado sábado, profe e alumnas de Abeiratúa estivemos un ano máis na Andaina Contra o Cancro en Santiago de Compostel...
29/09/2026

💚O pasado sábado, profe e alumnas de Abeiratúa estivemos un ano máis na Andaina Contra o Cancro en Santiago de Compostela, participando no quecemento previo á marcha.

Foi unha mañá para movernos, compartir e, sobre todo, para unirnos a unha iniciativa que reúne a tantas persoas arredor dunha mesma causa. 🫶

18/09/2026

Este ano volvemos sumarnos á Andaina Contra o Cancro en Santiago de Compostela, organizada por .es, e temos a ilusión de poñer en marcha a xornada co quecemento previo🤸🏽‍♀️

Antes de comezar a camiñar, moverémonos para preparar o corpo e desfrutar deste encontro!

Anímate a participar e a formar parte dunha mañá de movemento💚

📍 Toda a información e inscricións aquí: https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/santiago-de-compostela-en-marcha-contra-o-cancro-2026/

Vémonos o sábado 26 na Alameda de Santiago! 💗

01/09/2026

🌻Benvido, setembro. 🍂

✨ Vémonos o día 7 para comezar este novo curso. 💛🤗

01/08/2026

Rematamos outro curso máis en abeiratúa!🤩✨️💪🏼🤸‍♂️🏋🏽💚

Grazas tanto aos profes como ao alumnado polo esforzo durante todo o curso, vémonos en setembro con máis ganas, mais aulas e máis actividades!

Desfrutade do verán! 🌞⛱️👙🌊

Así de agusto estivemos hoxe na charla desta mañá, falamos de moitas cousas e quedaron outras tantas por falar, así que ...
28/05/2026

Así de agusto estivemos hoxe na charla desta mañá, falamos de moitas cousas e quedaron outras tantas por falar, así que teremos que invitar de novo a Beni! 😜🌸💚

Dirección

Rua Ponte Do Sar, 16
Santiago De Compostela
15702

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Abeiratúa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir