BNI Stellae - Santiago de Compostela

Llamar Cómo llegar Página web

BNI Stellae - Santiago de Compostela Grupo de trabajo BNI en Santiago de Compostela

Bienvenido a BNI, la organización de referencias de negocios más grande del mundo.

Bienvenido a BNI, la organización de referencias de negocios más grande del mundo presente en 58 países y con más 180.000 miembros. La operativa de BNI es crear equipos de empresarios con el objetivo de generar referencias de negocio cualificadas entre ellos. De esta forma sus miembros consiguen un notable crecimiento de sus empresas, visibilidad para sus marcas y un mayor rendimiento económico. Gracias a un programa estructurado y profesional de marketing por referencias les permite desarrollar relaciones sólidas y duraderas con profesionales de calidad y sus clientes.

02/11/2026

O pasado xoves 29 celebramos a nosa reunión número 560 dirixida unha vez máis polo presidente Carlos de .
Nesa xeira o momento educación versou sobre canto coñecemos aos nosos compañeiros e compañeiras. Cun ameno xogo, Diego de fíxonos ver que nunca se coñece de todo ás persoas que nos acompañan xoves tras xoves.
Raquel de .es lembrounos que Yolanda de e Víctor de foron as persoas descatadas do mes de outubro en canto ás aportacións de uns a uns e grazas por negocio cerrado, respectivamente. Así mesmo, recordounos a quen lle tocaba o "networking express" desa xornada. A continuación deunos paso para as presentacións semanais. E cal foi a mellor esta semana segundo Manolo de "Mármoles Milladoiro"? Pois a de Bea de .
Proseguiu a reunión co informe de Iván de "Tecoinfor", onde vimos como van os nosos avances de equipo.
De novo timemos momento de xogo, pero agora da man de Estefanía de .gal, á cal lle tocou facer a súa presentación principal. Demostrounos dun xeito lúdico todo o que sabemos de protección de datos e que a que máis sabe é Nati de , que levou o merecido agasallo na .
Tras cantar as referencias e testemuños, Antón de informounos dos GNC transversais e Pedro de deu boa conta do atentas que estiveramos.
Pili de lembrounos os próximos eventos nos que anda a traballar e así rematamos un xoves máis de xeración de oportunidades de negocio.
Aínda non sabes o que é BNI? Pois animámoste a vir a compartir un xoves connosco!

31/10/2026

Aquí vos deixamos un resume do noso "b**r" do venres 23 de outubro, porque a confianza conséguese partillando todo tipo de momentos!
Grazas a todas as persoas que o fixestes posible!

26/10/2026

O pasado xoves 22 celebramos a nosa reunión número 559 que Carlos de nos iniciou con ese Survivor, ese ollo de tigre, himno de superación, perseverancia e loita constante ante a adversidade; illar as distraccións (o medo, a dor, as dúbidas) e manter o enfoque absoluto nun obxectivo.
Nesta liña continuou Diego de no seu momento educación, coa importancia da confianza e de que coñecer non é o mesmo que confiar. E para poder fiarnos hai que facer un bo traballo, para o cal Antón de nos lembrou de que subamos as aportacións os mércores antes das 20 horas, e Jesús de informou de que se vai a encargar de manter boas conversas para que renovemos neste equipo.
Os resultados dun bo traballo vense reflexados nos informes de Iván de "Tecoinfor", que unha semana máis foi o encargado de darnos datos dos nosos avances.
Raquel de .es foinos chamando para as presentacións semanais, das que deu boa conta Ramón de , elixindo como a mellor a de Manolo de "Mármoles Milladoiro". Tamén deu paso á presentación principal de Nati de , que consistiu nunha clase maxistral sobre como cubrir un parte en caso de accidente.
Pili de informou dos próximos eventos, entre os cales estaba o "b**r" do venres, do que xa vos amosaremos imaxes, para que vexades que a confianza vai máis alá das reunións formais de tódolos xoves e como se pode facer unha nova familia cando se pertence a un equipo como o de BNI Stellae.
Para rematar a ruleta da sorte quixo que fose Antón o que poida desfrutar dese agasallo de Nati xunto de Álex en .
Se es persoa autónoma ou empresaria e queres xerar novas oportunidades de negocio en confianza, BNI Stellae é o teu fogar, contáctanos!

Este xoves 22 Nati de Aseguro vai a ser a encargada da presentación principal e de que credes que nos falará desta volta...
19/10/2026

Este xoves 22 Nati de Aseguro vai a ser a encargada da presentación principal e de que credes que nos falará desta volta?
Unha pista: se sufrides un accidente estades seguras de saber cubrir un parte correctamente? Pois por aí vai a ir o tema, aínda que igual non vos esperades o método.
Se alguén se anima a vir aprender connosco disto e do resto de aportacións das empresas compañeiras, contactádenos, non o dubidedes! Bo almorzo e mellor compaña!

19/10/2026

Continuamos co noso traballo en equipo, así é que o pasado xoves día 15 tivo lugar no Monte do Gozo a nosa reunión 558, dirixida unha vez máis polo presidente Carlos de .
Diego de como coordinador de educación presentounos cun símil da parella ideal pois o noso ideal de referencia, que fai boa unha referencia?
Raquel de deu paso ás presentacións semanais, que, desta volta entre Antón de e Víctor de decidiron que a merecida taza á mellor era para Ramón de .
O vicepresidente Iván de "Tecoinfor" informounos dos avances e do traballo deste equipo.
Ángel de foi o encargado da presentación principal, na cal nos deixou moi claro todo o que abarca con esa expansión empresarial grazas a Ramoneda e DSV.
Jesús de encargouse da auditoría de referencias e de deixar claro que estivemos ben atentas a toda a reunión.
Pilar de explicounos as próximas formacións e tamén os eventos nos que anda a argallar, un b**r que consiste nun tour de misterios e lendas por Santiago para o venres 23 de outrubro e que xa está a preparar o aniversario de BNI Stellae, un non parar.
Para rematar, a ruleta quixo que a afortunada dun xantar na fose para Pilar.
Veña, que xa volve o xoves e estamos agardando a que nos veñades a coñecer!

Mañá, xoves día 15, tócalle a presentación principal ao noso compañeiro Ángel, de Transportes Ángel - RDA e que vai a am...
14/10/2026

Mañá, xoves día 15, tócalle a presentación principal ao noso compañeiro Ángel, de Transportes Ángel - RDA e que vai a amosarnos as súas ampliacións empresariais: Ramoneda e DSV.
Queres saber un pouco máis do seu traballo?
Pois contacta connosco e acompáñanos no Monte do Gozo ás 6:45! De seguro que che vai gustar!

13/10/2026

O tempo non agarda e as grandes oportunidades tampouco, así é que non perdades a ocasión de coñecernos.
Somos BNI Stellae e reunímonos todos os xoves no Monte do Gozo ás 6:45. Si, algo cedo, pero para despois poder seguir xerando negocio.
Na nosa reunión 557 dirixida por Carlos de como presidente presentamos novidades.
No momento educación de Diego de retóusenos a levar unha persoa invitada do sector saúde, amais de a dar referencias de calidade. Tamén se nos presentou o "networking express", que vai consistir en que 4 empresas nos quedemos un anaquiño máis para ver de seguir coñecéndonos e xerar novas oportunidades de negocio.
Fixemos as nosas presentacións semanais na orde na que Raquel de .es nos foi chamando, decidindo Carmela de que a mellor foi a presentación cruzada de Víctor de e Antón de . Houbo unha empresa invitada que tamén nos presentou o seu traballo.
Escoitamos o interesante informe do vicepesidente Iván de "Tecoinfor". Gozamos coa presentación principal de Manolo de "Mármoles Milladoiro".
Carlos presentounos os obxectivos do semestre, Antón lembrounos como anotar as referencias na aplicación, Chema de foi o que auditou as referencias e Pilar de lembrounos as formacións e os próximos eventos.
Para rematar, a ruleta quixo que Jesús de levase ese marabilloso paraugueiro, obsequio de Manolo.
Animádevos a vir acompañarnos este xoves día 15!

Se as pedras falasen, de seguro que terían moito que contar, e mañá, máis ca nunca van a falar de deseño, tendencias e n...
07/10/2026

Se as pedras falasen, de seguro que terían moito que contar, e mañá, máis ca nunca van a falar de deseño, tendencias e novas formas de transformar os espazos.
Porque Manolo de "Mármoles Milladoiro" coñece moi ben esa linguaxe e con ela, na súa presentación principal, nos contará esas últimas tendencias no mármol e na pedra, amosándonos algúns dos seus traballos máis recentes.
Se ti tamén queres saber da linguaxe das pedras, escríbenos e poderás acompañarnos mañá ás 6:45 no Monte do Gozo!

Onte tivo lugar a nosa reunión 556 e antes de facervos un resume dela queremos presentarvos ao novo equipo de liderazgo ...
02/10/2026

Onte tivo lugar a nosa reunión 556 e antes de facervos un resume dela queremos presentarvos ao novo equipo de liderazgo deste novo semestre:
-Presidente: Carlos Gárate de Carlos Gárate | Consultoría Energética
-Vice-presidente: Iván Suárez de "Tecoinfor"
-Secretaria-tesoureira: Raquel Rodríguez de Cofisem
-Comité de membros:
Estatística: Antón Sanluis de Sanluis Óptico
Selección: Chema Mosquera de 🍁Cemascé: Hub de Proyectos-Materiales de Construcción
Calidade: Pedro Otero de Codebit Systems
Apoio a membros: Jesús Rosende de ELCALUX
-Coordinadora de crecemento: Yolanda Fraga de Fraga Porto Servicios
-Coordinador de educación: Diego Brey de Amedida Carpintería
-Coordinadora de anfitrións: Carmela Franco de Vidros Vázquez
-Coordinadora de mentores: Beatriz Veiras de Raxería - Pulpería San Marcos
-Coordinadora de eventos: Pilar Vilar de Republica Argentina 13 Santiago de Compostela

De seguro que farán un moi bo traballo nos vindeiros 6 meses, moitos azos e a por todas!

Dirección

Rúa Do Gozo 18
Santiago De Compostela
15820

Horario de apertura

07:30 - 09:30

Teléfono

+34644426286

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNI Stellae - Santiago de Compostela publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos