Fitofaladoiro

Fitofaladoiro Un proxecto colaborativo de recompilación de nomes e usos populares de plantas silvestres de Galici Entra en fitofaladoiro.eu

O Fitofaladoiro é un proxecto colaborativo de recompilación de nomes e usos populares de plantas silvestres de Galicia. Organízao a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través do seu Herbario e Banco de Xermoplasma (SANT) e do Instituto da Lingua Galega (ILG). O seu obxectivo é rexistrar as diversas plantas que se coñezan por algún nome común en calquera parte de Galicia, e tamén os asp

ectos culturais relacionados con elas (usos culinarios, menciñas, xogos, crenzas, refráns...).

¿Quen pode participar? O proxecto precisa de xente con inquedanza por preservar o noso patrimonio cultural, disposta a facer labouras de sondaxe no seu entorno xeográfico habitual. Coidamos que a laboura de recoller información sobre as plantas pode ser unha tarefa creativa que sirva a docentes de Ensino Medio e Bacharelato paa estimular a estudantes no coñecemento do seu entorno. Por iso inicialmente vai dirixida a profesores e alumnos dos últimos cursos da ESO e de Bacharelato. Pero o proxecto está tamén aberto á participación do público en xeral (afeccionados, profesionais diversos, asociacións culturais, etc.).

¿Queres colaborar?

Dirección

Santiago De Compostela
15782

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fitofaladoiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir