Sección de Historia da Arte do CDLG - Sehag

Sección de Historia da Arte do CDLG - Sehag A Sehag do CDLG nace en marzo de 2014 coa finalidade de representar e defender as necesidades e criterios profesionais dos historiadores da arte de Galicia

A sección de Historia da Arte do Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía, Letras e Ciencias de Galicia nace froito do traballo en común entre o CDLG e a Asociación Profesional de Historiadores da Arte de Galicia. En diferentes reunións de traballo levadas a cabo ao longo do 2013 os membros da xunta directiva da Aphag e da xunta de goberno do CDLG decidiron unir esforzos ao detectar

que estaban a traballar nos mesmos obxectivos: a defensa e dignificación do traballo dos profesionais aos que representaban. A consecución da categoría de colexiados para os profesionais que conformaban a Aphag era unha vella reivindicación do colectivo e polo tanto un dos principais obxectivos a acadar por esta asociación que viña traballando na delimitación das labores profesionais dos historiadores da arte dende o 2006. Así, a aprobación da creación da sección propia de historia da arte en marzo de 2014 significou para os membros da Aphag a equiparación dos seus dereitos e categoría aos do resto de profesionais da historia da arte do Estado e polo tanto a consecución da súa principal meta. Pola súa banda para o CDLG a creación da súa primeira sección oficial supuxo situarse tamén ao mesmo nivel que o resto de Colexios de España que dende tempo atrás viñan creando este tipo de sección coa finalidade de dar resposta as necesidades específicas de todos os colectivos que abrangue un Colexio destas características, tan senlleiro como heteroxéneo. O CDLG viña traballando xa na práctica precisamente en atender as especificidades dos seus colexiados e sonadas foron por poñer un exemplo xa as metas acadadas por parte dos colexiados con especialidade en arqueoloxía. Sen embargo, será a Sección de Historia da Arte a primeira en conformarse de forma oficial e ben seguro que será a primeira de moitas das seccións que se conformarán a partir deste 2014.

Dirección

Colexio Oficial De Doutores E Licenciados En Filosofía E Letras, E En Ciencias De Galicia. Cidade Da Cultura De Galicia, Edificio Centro De Emprendemento Creativo (CEM). Monte Gaiás, S/n. Buzón 4
Santiago De Compostela
15705

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sección de Historia da Arte do CDLG - Sehag publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir