RecunchoMaker

📅 8 de novembro📍 Casa das Asociacións de CornesNo Recuncho Maker temos preparada unha xornada chea de creatividade, apre...
29/10/2025

📅 8 de novembro
📍 Casa das Asociacións de Cornes

No Recuncho Maker temos preparada unha xornada chea de creatividade, aprendizaxe e proxectos colaborativos.
Se che apaixoa crear, compartir e aprender xunto a outras persoas, este é o teu lugar ✨

🔧 Programa do día:
10 - 14h · Proxectos colaborativos
11 - 13h · Obradoiro: Escrita Creativa
13 - 14h · Charla: A Cultura Maker
16 - 20h · Proxectos colaborativos
16 - 18h · Obradoiro: Deseño e Impresión 3D

💬 Ven coñecer a comunidade maker de Santiago e participa nos proxectos que están a tomar forma!
👉 A entrada é libre e o bo ambiente está garantido.

Esta foi a nosa segunda quedada no Recuncho Maker!Cada sábado xuntámonos na Casa das Asociacións de Cornes para comparti...
25/10/2025

Esta foi a nosa segunda quedada no Recuncho Maker!

Cada sábado xuntámonos na Casa das Asociacións de Cornes para compartir proxectos, ideas e ilusión por crear. Porque cando traballamos en comunidade, todo chega máis lonxe.

Nesta ocasión estivemos a montar un startracker para astrofotografía, feito completamente por pezas. Un exemplo perfecto de como a colaboración e o enxeño poden dar vida a proxectos incribles.

Se che gustaría participar, coñecernos ou simplemente ver o que facemos, pásate un sábado! Sempre hai algo novo que aprender e compartir.

✨ Estamos de volta! ✨Despois duns anos coas redes en pausa, retomamos as nosas actividades en Recuncho con máis ganas qu...
27/09/2025

✨ Estamos de volta! ✨

Despois duns anos coas redes en pausa, retomamos as nosas actividades en Recuncho con máis ganas que nunca.
Somos un espazo veciñal en Santiago de Compostela onde nos reunimos os sábados para crear, aprender e compartir proxectos de todo tipo: tecnoloxía, arte, ciencia, bricolaxe, electrónica… e moito máis! 🔧🎨🔭

Nestas fotos podedes ver a parte do equipo que xa está a lle dar vida ao taller.
Se che apetece coñecer o que facemos, aprender algunha ferramenta nova ou simplemente pasar un bo intre en comunidade, anímate a vir!

📍 Atoparasnos na Casa dás Asociacións de Cornes.
🙌 Todas e todos sodes benvidos!

Dirección

Santiago De Compostela
15703

Horario de Apertura

Miércoles 16:30 - 20:30
Viernes 16:00 - 19:00
Sábado 11:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando RecunchoMaker publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir