Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

CCOO-ENSINO Federación de Ensino de CCOO. Loitamos pola mellora das condicións laborais do persoal docente e laboral, polo estudantado e por un ensino de calidade.

Loitamos para mellorar as condicións laborais do persoal docente e de apoio educativo, polo presente e futuro do alumnado e por un ensino de calidade. ÚNESTE A NÓS PARA DEFENDER OS NOSOS DEREITOS CON CCOO?

🟥 Eleccións sindicais: como votar por correoSe o 3 de decembro non podes votar no teu centro, podes facelo por correo.🗓 ...
20/10/2026

🟥 Eleccións sindicais: como votar por correo

Se o 3 de decembro non podes votar no teu centro, podes facelo por correo.

🗓 Prazo de solicitude: ata o 26 de novembro.

👉 Presenta a solicitude nunha oficina de Correos á Mesa Coordinadora da túa provincia. Tamén pode facelo unha persoa autorizada por ti.
👉 A Mesa Coordinadora enviarache as papeletas e dous sobres: un para introducir o voto e outro máis grande para remitilo.
👉 Mete a papeleta no sobre de votación e introdúceo no sobre grande xunto cunha copia do teu DNI.
👉 Envíao por correo certificado á mesa electoral que che corresponde.
👉 Se finalmente votas en persoa, comunícallo á mesa e devolveranche o voto por correo.
⚠️ Os votos que cheguen despois de rematar a votación non se contan.

🌐 Máis información na nosa web: modelos de solicitude, enderezos, etc (https://ccooensino.gal/eleccions-sindicais-pnu-2026/ -toc__heading-anchor-7)

💬 Tes dúbidas? Contáctanos (https://ccooensino.gal/contacto/)

🟥 Esiximos unha solución para o soporte informático do IES de TeisA Consellería debe garantir os recursos necesarios par...
19/10/2026

🟥 Esiximos unha solución para o soporte informático do IES de Teis

A Consellería debe garantir os recursos necesarios para o funcionamento do centro e a formación do alumnado.

👉 Ser docente de Informática non implica asumir o soporte técnico de todo o centro. Estas tarefas adicionais requiren aceptación voluntaria e compensación horaria.

👉 A normativa non atribúe ao profesorado de Informática o mantemento técnico integral do centro. As referencias ao mantemento de aulas e á coordinación TIC non permiten impoñer calquera tarefa: somos docentes, non técnicos de soporte, polo que a solución pasa por buscar un beneficio mutuo.

👉 As 18 sesións lectivas non son a causa do problema. En moitos outros IES e CIFP existen solucións acordadas que permiten atender o soporte e aplicar a nova xornada.

✊ Na Xunta de Persoal de Pontevedra do 21 de outubro esixiremos unha solución urxente e definitiva para este curso.
A mobilización sen negociación nin busca nin consegue resultados.

👇 Máis información

🔗 https://ccooensino.gal/ccoo-ensino-reclama-unha-solucion-para-o-soporte-informatico-do-ies-de-teis/

🟥 10 de novembro: concentracións e folga na concertadaO martes, 10 de novembro, convocamos folga no ensino concertado.🗣 ...
19/10/2026

🟥 10 de novembro: concentracións e folga na concertada

O martes, 10 de novembro, convocamos folga no ensino concertado.

🗣 Non falamos de modelos educativos, falamos de dereitos laborais.

⏳ Levamos anos reclamando negociación e exixindo que a Consellería de Educación cumpra o pactado e asinado.

🤝 Queremos equiparación salarial, recuperar o que nos corresponde e avances. Se non nos queren escoitar nos despachos, imos facernos escoitar na rúa.

✊ Organízate, mobilízate e vai á folga!

👇 Máis información

🔗 https://ccooensino.gal/esixencia-de-convocatoria-inmediata-da-mesa-tripartita-do-ensinoconcertado/

🔗 https://ccooensino.gal/a-xunta-presume-de-coidar-o-ensino-concertado-pero-esquece-a-quen-o-sosten/

🟥 CCOO urxe o Goberno a garantir a suba salarial do 4,5 % para 2027A Área Pública de CCOO dirixiuse ao ministro Óscar Ló...
16/10/2026

🟥 CCOO urxe o Goberno a garantir a suba salarial do 4,5 % para 2027

A Área Pública de CCOO dirixiuse ao ministro Óscar López para pedirlle unha norma legal que garanta a suba pactada para máis de tres millóns de empregadas e empregados públicos, ante a situación extraordinaria tras o anuncio de eleccións xerais.

O Acordo marco asinado por CCOO, UGT e CSIF recolle:
👉 2,5 % fixo en 2025
👉 1,5 % fixo e 0,5 % variable en 2026, retroactivo desde xaneiro e segundo o IPC
👉 4,5 % fixo en 2027

✊ Pedimos tamén axilizar o resto de compromisos do Acordo: pluses de residencia e indemnizacións, haberes reguladores de clases pasivas, dixitalización, saúde laboral e igualdade.

🌐 https://ccooensino.gal/ccoo-urxe-o-goberno-a-garantir-a-suba-salarial-acordada-do-45-para-2027-as-empregadas-e-empregados-publicos/

🚨 CCOO e UGT rexeitamos as cargas policiais durante as manifestacións da folga do profesorado en Madrid✊ Manifestarse e ...
15/10/2026

🚨 CCOO e UGT rexeitamos as cargas policiais durante as manifestacións da folga do profesorado en Madrid

✊ Manifestarse e protestar son dereitos fundamentais, non motivos para a represión.

🔴 Esiximos explicacións ao Ministerio do Interior polo despregamento policial e o uso da forza contra as persoas manifestantes.

Nun contexto de crecente mobilización social, o dereito á folga, o dereito de reunión e a liberdade de expresión deben ser protexidos, non perseguidos.

📢 Reclamamos responsabilidades e esiximos ás administracións que escoiten as reivindicacións das persoas traballadoras.

Os dereitos conquístanse, exércense e deféndense!

🌐 https://ccooensino.gal/ccoo-e-ugt-rexeitamos-o-uso-da-forza-nas-manifestacions-da-folga-do-profesorado-en-madrid-e-pedimos-explicacions-ao-ministerio-do-interior/

📚 Curso en liña (50 h) | 50 prazasTransformar para educar. Normativa, organización e innovación educativa en infantil e ...
15/10/2026

📚 Curso en liña (50 h) | 50 prazas

Transformar para educar. Normativa, organización e innovación educativa en infantil e primaria.

Se es profe de infantil ou primaria, este curso axúdache a poñerte ao día no que máis se usa no centro e na aula:

✅ marco normativo e documentos de centro
✅ organización, coordinación e xestión (PE, NOFC, PAT, PXA…)
✅ protocolos (absentismo, acoso, protección de datos, NEAE, etc.)
✅ atención á diversidade e inclusión
✅ metodoloxías activas + avaliación formativa e competencial
✅ plans e programas da Consellería (PLAMBE, E-Dixgal, Polos Creativos, Proxecta+, etc.)

🗓 Do 2 de novembro ao 20 de decembro
💻 Moodle
⏳ 50 horas
🎟 50 prazas (por orde de inscrición)
💶 De balde para persoas afiliadas a CCOO
💶 100€ para persoas non afiliadas
✍️ Homologado

👇 Toda a información e inscrición, na web

🌐 web (https://ccooensino.gal/transformar-para-educar-infantil-primaria-2026-27/)

14/10/2026

🟥 O 28 de outubro temos unha cita clave para os dereitos laborais do ensino concertado

➡️ Toca mesa negociadora.

Que imos defender?
✅ Equiparación do Primeiro Ciclo de Infantil co Segundo Ciclo e Primaria.
✅ Novas categorías profesionais para responder ás necesidades reais dos centros.
✅ Funcións e responsabilidades ben definidas.
✅ Menos inestabilidade laboral.
✊ Seguimos traballando para que as reivindicacións se convertan en avances.

Contigo, ombro con ombro.

🟥 Apertura de listas de substitución de varias especialidades 👩‍ Profesorado de ensino secundario 🟢 Latín🟢 Matemáticas🟢 ...
14/10/2026

🟥 Apertura de listas de substitución de varias especialidades

👩‍ Profesorado de ensino secundario
🟢 Latín
🟢 Matemáticas
🟢 Portugués
🟢 Lingua e literatura galega
🟢 Informática
🟢 Organización e proxectos de fabricación mecánica
🟢 Procesos de produción agraria
🟢 Sistemas electrónicos
🟢 Sistemas electrotécnicos
🟢 Instalacións electrotécnicas
🟢 Equipos electrónicos

👩‍🏫 Profesorado de EOI
🟢 Árabe
🟢 Italiano
🟢 Xaponés
🟢 Portugués

👩‍🏫 PESSFP
🟢 Fabricación de instalación de carpintería e moble
🟢 Mecanizado e mantemento de máquinas

👩‍🏫 Profesorado relixión evanxélica
🟢 Secundaria

📅 Ata o 20 de outubro

👇 Na web da Consellería

🔗 PES (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/51005)
🔗 PEOI (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/51007)
🔗 PESSFP (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/51009)
🔗 Profesorado relixión evanxélica (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/51011)

⚠️ O Tribunal Supremo anula o decreto que endurecía os requisitos para crear universidadesA decisión baséase nun defecto...
13/10/2026

⚠️ O Tribunal Supremo anula o decreto que endurecía os requisitos para crear universidades

A decisión baséase nun defecto formal na tramitación da norma, non no seu contido.

🏛 Desde CCOO denunciamos que esta anulación supón un novo golpe á universidade pública e facilita a proliferación descontrolada de universidades privadas.

👉 Sinalamos a responsabilidade das comunidades autónomas do PP, que favorecen a expansión do negocio universitario privado, pero tamén a do Ministerio, polos erros na tramitación.

🔴 Esiximos unha nova normativa con garantías e medidas eficaces que freen a mercantilización do ensino superior.

🎓 A universidade debe ser un servizo público, non un negocio!

🔗 Máis información en https://ccooensino.gal/o-tribunal-supremo-anula-o-real-decreto-905-2025-de-creacion-e-reconecemento-de-universidades/

Dirección

Santiago De Compostela
15707

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CCOO-ENSINO publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a CCOO-ENSINO:

Compartir