AGAMFeC

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

AGAMFeC Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria A AGAMFEC busca sumar esforzos e ilusións.

A AGAMFEC é unha asociación médica científica e profesional, sen ánimo de lucro, que vela polo adecuado desenvolvemento da Medicina Familiar e Comunitaria en Galicia. É algo máis ca unha axencia prestadora de servicios ou que unha asociación defensora de intereses corporativos. Pretende reunir e representar a todo o colectivo médico de Atención Primaria e servir de canle para asumir a corresponsabilidade no proceso de mellora e modernización da nosa sanidade. A AGAMFEC quere xogar un papel fundamental no desenvolvemento da Medicina de Familia e Comunitaria e da Atención Primaria en Galicia, aglutinando aos especialistas en MFC e demais profesionais de Atención Primaria do noso país, e asumindo a súa defensa e representación. A AGAMFEC está dirixida por unha Xunta Directiva renovable cada dous anos. Articúlase en Seccións (Docencia, Investigación, PAPPS, Prensa e Relacións coa semFYC) e Grupos de Traballo, coa pretensión de canalizar a máxima participación dos seus asociados. A AGAMFEC está integrada na estructura federal da semFYC, sociedade que agrupa ás 17 sociedades autonómicas do estado, constituíndo a sociedade científica médica de maior actividade e implantación, chegando na actualidade (decembro do 2005) a reunir a máis de 17.000 profesionais de todo o estado español.

Esta semana faleceu Maricarmen, unha muller cun nome común, que nos lembra que a súa loita non era só súa, senón a de ta...
09/10/2026

Esta semana faleceu Maricarmen, unha muller cun nome común, que nos lembra que a súa loita non era só súa, senón a de tantas persoas que ven ameazado un dos seus dereitos máis básicos: o dereito a unha vivenda digna.

No grupo de Iniquidades en Saúde e Saúde Internacional da AGAMFEC queremos lembrar que a saúde non depende só da atención sanitaria, senón tamén das condicións nas que vivimos, dos determinantes sociais da saúde. Porque poucas cousas condicionan tanto a saúde como ter un teito baixo o que vivir. A evidencia científica confirma o que o sentido común xa nos di: botar da súa casa a unha muller, teña a idade que teña, pode ter un gravísimo impacto na súa saúde.

A loita de Maricarmen tamén debería ser a loita das médicas de familia, pois de nada serve tratar as enfermidades se ignoramos as condicións sociais que as provocan ou agravan. Como profesionais da atención primaria, temos a responsabilidade de visibilizar estas inxustizas e defender os dereitos básicos das persoas.

Maricarmen non morreu. Maricarmen foi vítima dun sistema que só procura o beneficio e non protexe os dereitos básicos. A vivenda é un dereito. A vivenda tamén é saúde.

Grupo de traballo de Iniquidades en Saúde e Saúde Internacional de AGAMFEC

agamfec.com

Este sábado 3 de outubro de 2026, no Centro Sociocultural de Lalín integrantes do grupo de traballo PACAP de AGAMFEC rea...
05/10/2026

Este sábado 3 de outubro de 2026, no Centro Sociocultural de Lalín integrantes do grupo de traballo PACAP de AGAMFEC realizaron una xornada formativa sobre Investigación-Acción Participativa (IAP), dirixido a profesionais de Atención Primaria interesados en incorporar estas ferramentas nas súas actividades comunitarias.
Comenzamos cunha benvida e introducción en formato tertulia-café, falando da IAP mentres exploramos o potencial e as limitacións da intelixencia artificial e dos diversos programas de análise cualitativo para o procesamento e interpretación de información obtida mediante entrevistas, grupos focais e outras técnicas de investigación cualitativa. Despois dos obradoiros, pechamos a Xornada cunha una avaliación mediante a técnica do Mapa de emocións.
A actividade desenvolveuse conforme ao programa previsto, cunha participación activa e moi satisfactoria por parte dos asistentes. O Grupo do PACAP AGAMFEC considera que o curso acadou satisfactoriamente os obxectivos formativos previstos.
Moitas grazas pola vosa asistencia!

agamfec.com

💻 Os días 21 e 28 de setembro de 2026, no Centro de Saúde de Concepción Arenal (Santiago de Compostela) Emiliano Fernánd...
30/09/2026

💻 Os días 21 e 28 de setembro de 2026, no Centro de Saúde de Concepción Arenal (Santiago de Compostela) Emiliano Fernández-Obanza Windscheid, médico de familia e cardiólogo, integrante do grupo de Traballo de Enfermidades Cardiovasculares de AGAMFEC, realizou o curso ECOCARDIOSCOPIA CLÍNICA BÁSICA PARA ATENCIÓN PRIMARIA, dirixido a médicos/as de AP interesados en incorporar a ecocardioscopia como ferramenta clínica na súa práctica diaria. O curso dividiuse en dúas sesións prácticas, cunha metodoloxía totalmente participativa e orientada á práctica clínica e con acceso dos alumnos a formación teórica online.
A actividade desenvolveuse cunha participación activa e moi satisfactoria por parte dos asistentes. O formato de dúas sesións prácticas con equipos de ecocardiografía e a posibilidade de contar con pacientes como modelos permitiu achegar a formación á realidade da consulta de Atención Primaria.
Moitas grazas pola vosa participación!

agamfec.com

Ás consultas de Atención Primaria chégannos pacientes con síntomas físicos, pero tamén con malestares da vida cotiá. Os ...
10/09/2026

Ás consultas de Atención Primaria chégannos pacientes con síntomas físicos, pero tamén con malestares da vida cotiá. Os problemas laborais, de sobrecarga, de relación de parella... Todo iso suma e, moitas veces, acaba sendo un potente estresor que termina desencadeando problemáticas doutro tipo.
A nosa posición, como profesionais é moi xenerosa porque estamos moi próximos. Certo é que temos moi pouco tempo para ver os nosos pacientes, no entanto, hai moita cotiandade.
Ao médico/a de familia acódese con relativa frecuencia se se ten algún tipo de problema, e iso fai que para nós sexa máis factible o percibir cambios nos nosos pacientes e o que, nalgún momento, algún deles póidase 'derrubar' e poida 'saltar', ou soltar determinadas frases, que nos fagan pensar: 'Habemos de buscar. Hai que detectar. Imos preguntar".
Queremos subliñar a importancia de comentar directamente a eses pacientes se, nalgún momento, tiveron ideación suicida.
Ante a sospeita, non só é necesario facelo, senón que é imprescindible porque, moitas veces, o feito de poder falar deste problema no medio dunha consulta clínica pode “desactivalo” dalgún xeito.

Dra. María Jesús Cerecedo
Grupo de traballo de Saúde Mental AGAMFEC e SEMFYC

📝 Dende o grupo de traballo PACAP de AGAMFEC (Programa de Actividades Comunitarias en Atención Primaria) queremos animar...
14/08/2026

📝 Dende o grupo de traballo PACAP de AGAMFEC (Programa de Actividades Comunitarias en Atención Primaria) queremos animarvos a asistir á nosa Xornada de saúde comunitaria: “Comunitaria sen escusas” en Lalín.
A xornada versará sobre ferramentas de Investigación-Acción Participativa (IAP), empezando cunha introdución común mediante unha dinámica de tertulia-café, para proceder despois aos talleres.
Pecharemos a mañá cun mapa de emocións e daremos paso ás actividades da tarde.
Nos Encontros e Xornadas do PACAP buscamos compartir coñecemento práctico e teórico sobre saúde comunitaria. As nosas metas principais son promover a participación cidadá, impulsar o traballo en rede entre diferentes profesionais da saúde e difundir ferramentas metodolóxicas de intervención comunitaria.
Esperámosvos!

+ Info en agamfec.com

Invitámosvos a asistir á 103ª reunión da EGPRN en Santiago de Compostela entre o 22 e o 25 de outubro de 2026 co tema "O...
19/06/2026

Invitámosvos a asistir á 103ª reunión da EGPRN en Santiago de Compostela entre o 22 e o 25 de outubro de 2026 co tema "O continuo da atención ao cancro ao longo da vida".

Data límite para o envío de resumos: 13 de xullo de 2026 improrrogable!

https://meeting.egprn.org/

CURSO: A ecocardioscopia converteuse nunha ferramenta de enorme utilidade para o médico/a de Atención Primaria, permitin...
10/06/2026

CURSO:
A ecocardioscopia converteuse nunha ferramenta de enorme utilidade para o médico/a de Atención Primaria, permitindo complementar a exploración física tradicional mediante a obtención e interpretación de imaxes ecográficas cardíacas básicas a pé de cama.
Este curso está deseñado para proporcionar os coñecementos e habilidades fundamentais necesarios para incorporar a ecocardioscopia á práctica clínica diaria, cun enfoque práctico e orientado á toma de decisións.
Actividade presencial en Santiago de Compostela (setembro 2026) que combina contidos teóricos esenciais con talleres prácticos supervisados, permitindo aos asistentes adquirir competencias básicas na obtención de imaxes e interpretación de achados relevantes.
+info en agamfec.com

🎓 AGAMFEC estivo presente na III Conferencia de Académicos/as de AMFE (Academia de Medicina de Familia) os días 5 e 6 de...
08/06/2026

🎓 AGAMFEC estivo presente na III Conferencia de Académicos/as de AMFE (Academia de Medicina de Familia) os días 5 e 6 de xuño en Oviedo, nun encontro onde se reuniron profesionais referentes en docencia universitaria de Medicina Familiar e Comunitaria de toda España co obxectivo de dar a súa importancia á nosa especialidade nas Facultades de Medicina e fortalecer o seu papel na formación dos futuros médicos e médicas.

https://www.semfyc.es/semfyc/universidad-amfe/amfe

📅 Día Mundial do Medio Ambiente: unha chamada á acción desde a Medicina Familiar e Comunitaria:Desde o Grupo de Traballo...
05/06/2026

📅 Día Mundial do Medio Ambiente: unha chamada á acción desde a Medicina Familiar e Comunitaria:

Desde o Grupo de Traballo de Saúde Planetaria de AGAMFEC,queremos lembrar que cada 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, unha data que invita a reflexionar sobre a estreita relación existente entre a saúde humana e a saúde dos ecosistemas. Nos últimos anos, a evidencia científica consolidou unha idea que xa non admite discusión: a crise climática e a deterioración ambiental representan unha ameaza crecente para a saúde das poboacións e constitúen un dos maiores desafíos sanitarios do noso tempo.

As ondas de calor máis intensas e prolongadas, a contaminación atmosférica, os incendios forestais, a perda de biodiversidade, a escaseza de auga ou a expansión de vectores transmisores de enfermidades teñen repercusións directas sobre a morbimortalidad dos nosos pacientes.

As persoas maiores, os nenos, os pacientes con enfermidades crónicas, as persoas en situación de vulnerabilidade social e quen vive en contornas máis desfavorecidas son especialmente sensibles para estes efectos.

A Atención Primaria atópase nunha posición privilexiada para identificar e abordar estes riscos.

Podes ler o texto completo en agamfec.com


Moitas grazas a tod@s pola vosa participación nas XXVIII XORNADAS AGAMFEC!
03/06/2026

Moitas grazas a tod@s pola vosa participación nas XXVIII XORNADAS AGAMFEC!

Dirección

Rúa Menéndez Pelayo 32-34
Vigo
36211

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 13:00
Martes 10:00 - 13:00
Miércoles 10:00 - 13:00
Jueves 10:00 - 13:00
Viernes 10:00 - 13:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando AGAMFeC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a AGAMFeC:

Atajos

Compartir