29/07/2026
💙 FACENDO COMUNIDADE | Un día moi especial para ASPADISOL 💙
Hai días que pasan, e hai días que quedan. E o pasado 28 de xullo foi, sen dúbida, un deses días especiais para ASPADISOL.
Con Facendo Comunidade quixemos abrir as portas do noso centro e compartir o que somos, o que facemos e, sobre todo, as persoas que dan sentido a este proxecto.
En primeiro lugar, queremos dar as grazas de corazón ás persoas que forman ASPADISOL: persoas usuarias, familias e profesionais. Grazas pola vosa implicación, ilusión e dedicación, por facer posible cada detalle desta xornada e por demostrar, unha vez máis, que cando traballamos por un obxectivo común é todo moito máis fácil. 💙
Esta iniciativa naceu coa intención de achegarnos á comunidade e queremos que sexa só o comezo. Porque as nosas portas están abertas, non só hoxe, senón sempre. Para coñecernos, para compartir, para colaborar e para seguir construíndo comunidade. 🤝
Tamén queremos agradecer enormemente a presenza e o apoio das institucións e entidades que nos acompañaron:
💙 A Directora Xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón da Xunta de Galicia
💙 A Deputada de Política Social Mar García e o seu compañeiro Rafael Fernández da Deputación da Coruña
💙 A Concelleira de Benestar social, Participación e Igualdade Nereida Canosa e o seu compañeiro Borja do Concello da Coruña
💙 A Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade Belén Taboada e a Concelleira de Participación Cidadá, Cooperación, Seguridade cidadá e Recursos Humanos Margarita Figueroa do Concello de Oleiros
💙 A Técnica de Servizos Sociais Isabel Manteiga do Concello de Abegondo / Ayuntamiento de Abegondo
💙 Ao xerente Manel Fernández e ás preparadoras laborais Paula Sánchez e Ruth Vázquez de Fademga Plena Inclusion Galicia
💙 A Beatriz Riaño da entidade Asociación Euroeume
E como non, grazas ás pandereteiras Leti e María que nos acompañaron pola tarde e puxeron música, alegría e un anaquiño da nosa terra a esta xornada. 🎶💙
Grazas tamén a todas as persoas que vos achegastes, participastes, conversastes e coñecestes o noso traballo.
As portas de ASPADISOL están abertas. Hoxe, mañá e sempre. 💙🏠