16/04/2024
Bonos activa comercio 2024
Estimado/a comerciante:
Informámoslle de que hoxe publícanse no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras do Programa bonos Activa Comercio que a Xunta de Galicia pon en marcha, novamente, para dar resposta á solicitude do sector comercial retallista de implementar medidas que axuden a impulsar as vendas do comercio polo miúdo e a paliar a tendencia inflacionista nos bens de consumo, cun orzamento total de 2.500.000 €.
Os/as comerciantes poderédesvos dar de alta no programa a partir de mañá 16 de abril ata o 1 de setembro de 2024, salvo esgotamento previo do crédito do programa, cubrindo na páxina web www.bonosactivacomercio.gal o formulario establecido para o efecto.
Para as persoas usuarias, o bono Activa comercio da Xunta de Galicia poderase descargar a través do móbil na páxina web www.bonosactivacomercio.gal dende o 26 de abril ata o 15 de setembro de 2024, salvo previo esgotamento do crédito do programa.
Cada bono terá un importe de ata 30 € por usuario/a e formato dixital (código QR).
O importe dos descontos será de 5 € para as compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €; de 10 € para as compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €; e de 15 € para as compras superiores a 50 €.
Agradecémoslle de antemán a súa colaboración para que esta nova edición dos bonos Activa comercio contribúa á incentivación do consumo e ao incremento das vendas no comercio retallista galego e que, sobre todo, sexa un éxito para vostede.
Un saúdo cordial,
Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo