ANPA A Curuxa Ceip Portofaro

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

ANPA A Curuxa Ceip Portofaro Asociación de Nais e Pais de alumnos del CEIP Portofaro. Asociación de Nais e Pais de Alumnos CEIP PORTOFARO

30/10/2026

🎃🦉 UN SAMAÍN PARA LEMBRAR! 💜🧡

Que tarde tan marabillosa vivimos! Unha festa chea de disfraces, xogos, risas, chocolatada, ilusión e momentos especiais que quedarán na memoria dos nosos peques. 👻✨

Desde o ANPA A Curuxa queremos dar as GRAZAS DE CORAZÓN:

🏫 Ao colexio, pola súa colaboración e por facilitarnos facer realidade esta festa.

🤝 Aos nosos colaboradores, polo seu apoio e xenerosidade, tanto aos que coñecemos como aos que colaboran de maneira anónima.

💜 Ás familias, pola participación, implicación e por estar sempre ahí.

🙌 Ás persoas voluntarias, polo seu tempo, esforzo e axuda para que todo saíse adiante.

🧡 E, sobre todo, aos nosos nenos e nenas, por regalarnos os seus sorrisos e facer que todo este traballo pague a pena.

Grazas a todas e todos vós, facer festas e crear momentos felices para os nosos peques é posible! 🦉



Ata a próxima aventura, familias! 🎃💜

🎃👻 A CURUXA PREPÁRASE PARA UN SAMAÍN TERRORÍFICO! 🦉🧡Este ano queremos pasar unha tarde de medo… pero sobre todo, de moit...
21/10/2026

🎃👻 A CURUXA PREPÁRASE PARA UN SAMAÍN TERRORÍFICO! 🦉🧡

Este ano queremos pasar unha tarde de medo… pero sobre todo, de moita diversión! 🕸️🌙

📅 Xoves 29 de outubro
🕔 De 17:00 a 20:00 h

🧙‍♀️ Concurso de disfraces
☕ Bochinche e chocolatada
🎲 Xogos
🎨 Manualidades
🎁 E… SORTEOS DURANTE A FESTA!

🎟️ Non esquezas recoller a túa pulseira desde hoxe en horario de actividades:
💜 Socios/as: 1,50 €
🧡 Non socios/as: 3 €

Ademais contamos con colaboración de Dj Isaac 🎶🎸🎵

🎫 Podes conseguir as túas rifas para os sorteos no local do ANPA, en horario de actividades, disponibles xa mesmo!!!

Prepara o teu disfraz!!!

🦉💜 O ANPA A Curuxa medra… e queremos tervos máis preto!Creamos o noso canle de WhatsApp para que esteades ao día de todo...
18/09/2026

🦉💜 O ANPA A Curuxa medra… e queremos tervos máis preto!

Creamos o noso canle de WhatsApp para que esteades ao día de todo o que acontece no noso cole 📲✨

Por aí compartiremos:
📢 Avisos e información importante
🎨 Actividades e eventos
🏫 Novidades do colexio
💜 Información do ANPA
…e moito máis!

Queremos que a información chegue a todas as familias de forma rápida, sinxela e directa.

👉 ÚNETE AO NOSO CANAL e non perdas nada! Podes atopar o link no noso perfil

🦉 Porque xuntas e xuntos facemos un cole mellor. 💜

ANPA A Curuxa convoca a todas as familias do CEIP Portofaro á Xunta Xeral Ordinaria, que terá lugar o vindeiro:📅 Mércore...
08/09/2026

ANPA A Curuxa convoca a todas as familias do CEIP Portofaro á Xunta Xeral Ordinaria, que terá lugar o vindeiro:

📅 Mércores 16 de setembro
📍 Ximnasio do centro
🕓 1ª convocatoria: 16:00 h
🕟 2ª convocatoria: 16:30 h

Na reunión trataremos temas importantes para a comunidade educativa, entre eles:

🔹 Presentación e aprobación, se procede, do estado de contas do curso 2025/2026.
🔹 Presentación da nova Xunta Directiva.
🔹 Actividades extraescolares para o curso 2026/2027.
🔹 Estado, mantemento e deficiencias das instalacións do centro por parte do Concello.
🔹 Rogos e preguntas.

💜 A participación das familias é fundamental para seguir construíndo, entre todas e todos, un ANPA activo, participativo e comprometido coa nosa comunidade educativa.

Agardámosvos! 🦉💜

A Curuxa tamén marcha de vacacións! 🏖️☀️Bo verán a todas as familias!Vémonos en setembro
02/07/2026

A Curuxa tamén marcha de vacacións! 🏖️
☀️Bo verán a todas as familias!

Vémonos en setembro

18/06/2026

Preparadx?!??

ELECCIÓNS Á XUNTA DA ANPAEstimados socios e familias: Este ano é necesario renovar a actual Xunta da ANPA e, polo tanto,...
11/06/2026

ELECCIÓNS Á XUNTA DA ANPA

Estimados socios e familias: Este ano é necesario renovar a actual Xunta da ANPA e, polo tanto, despois do proceso de nomeamento, é o momento de convocar eleccións. Levaremos a cabo o proceso electoral para a renovación e/ou elección de membros da xunta e convidámosvos a participar neste proceso.

Os cargos a renovar son os seguintes:

Presidente/a
Vicepresidente/a
Secretario/a
Tesoureiro/a
Membros/as (tantos como sexan necesarios)

A reunión para a votación terá lugar o vindeiro luns 15 de xuño.

Como sempre, estamos dispoñibles para responder a calquera dúbida que poidades ter.

🎉VOLTAMOS!!! A Curuxa AquaFEST está de volta! 🎉Esperamoste o proximo 18 de xuño de 🕔17:00 a 20:00!! Hinchables acuáticos...
05/06/2026

🎉VOLTAMOS!!! A Curuxa AquaFEST está de volta! 🎉Esperamoste o proximo 18 de xuño de 🕔17:00 a 20:00!!
Hinchables acuáticos, deslizador acuático, festa da espuma, bochinche, música da man de 📀DJ Isaac como gran colaborador e, sobre todo, moitas ganas de pásalo ben! 🎊

RECORDA: faite ca túa pulseira no local da Anpa en horario de actividades!
Como outros años, dispoñemos de rifas con premios maravillosos gracias a diferentes empresas e familias colaboradoras, tamén dispoñibles no local da Anpa.

Nos próximos días iremos desvelando por stories os regalos dispoñibles para o sorteo! 🤣🎁



📢 XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN!A.N.P.A. A Curuxa informa de que xa está activo o formulario de inscrición para a...
01/06/2026

📢 XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN!

A.N.P.A. A Curuxa informa de que xa está activo o formulario de inscrición para as actividades do curso 2026/2027.

🗓️ Prazo de inscrición: do 1 ao 30 de xuño.

✍️ Podes realizar a inscrición a través da seguinte ligazón:
https://forms.gle/wzv2JRG8o3nKEmENA

Animámosvos a participar nas actividades preparadas para o próximo curso. Agardámosvos!

Dirección

Paseo De Los Templarios, 1
Cambre
15679

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ANPA A Curuxa Ceip Portofaro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a ANPA A Curuxa Ceip Portofaro:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos