11/10/2026
No Círculo de Comadres de outubro falamos sobre os homes das nosas vidas e empezamos forte, compartindo sobre sexualidade e sobre a reconquista da intimidade despois do posparto (ou durante); sobre o distinto que vivimos as experiencias nós e eles, e cómo iso nos alonxa e desgasta, ás veces. Ou cando botas de menos á túa parella, pero xa ningún dos dous é a mesma persoa de antes; ou o reto de comunicarse mellor, de confiar nel e nas súas formas de facer, que non son as miñas, e que pasa se solto as ganas de telo todo controlado?... ainsss.
Tamén nos preguntamos se algún día veremos crecer Círculos de Compadres, oxalá eles tamén poidan g***r destes espazos de confianza e irmandade, porque para nós cada vez é máis gustoso atoparnos e compartir.
Aquí as tensións vanse afrouxando, escoitando ás outras imos desenredándonos, abrandándonos e elevándonos sobre a vida cotiá e comprendendo a verdadeira dimensión desta viaxe.
Que incrible sensación escoitar outra muller que describe exactamente o que estás a vivir. É moi forte, e moi bonito. Non se pode explicar. Simplemente, ven.