Ong Mestura

Cómo llegar Página web

Ong Mestura Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Ong Mestura, Organización sin ánimo de lucro, Avenida de Vilaboa 158, Baixo Esquerda, A Corveira, Culleredo.

La ONG Mestura lleva 20 años trabajando en pro de los colectivos de especial vulnerabilidad: migrantes, mujeres, menores y personas en riesgo de exclusión social; a través de actividades que propicien su inclusión social, educativa y laboral.

🚌✨ 𝗔𝘂𝘁𝗼𝗯𝘂́𝘀 𝗱𝗲 𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮, 𝗺𝗼𝗰𝗵𝗶𝗹𝗮 𝗰𝗵𝗲𝗮 𝗱𝗲 𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 ✨🚌Hoxe as persoas participantes do Programa Galicia Moza con Alma subi...
31/10/2026

🚌✨ 𝗔𝘂𝘁𝗼𝗯𝘂́𝘀 𝗱𝗲 𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮, 𝗺𝗼𝗰𝗵𝗶𝗹𝗮 𝗰𝗵𝗲𝗮 𝗱𝗲 𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 ✨🚌

Hoxe as persoas participantes do Programa Galicia Moza con Alma subimos ao autobús de despedida despois de vivir unha experiencia intensa en Braga (Portugal). Volvemos cunha mochila chea de aprendizaxes, vínculos, retos superados e momentos que quedan para sempre. 💼🌍

Non é un adeus: é un “ata pronto” a unha etapa que nos fixo medrar a nivel profesional e persoal. Grazas a todas as persoas que formaron parte deste camiño —participantes, empresas de acollida, persoas mentoras e titoras— por facer posible que esta experiencia teña sentido. 🙌

🗣️ Sulemy: «Grazas a esta experiencia, agora síntome máis independente e capaz de afrontar novos retos.»

🗣️ Mariña: «Grazas a esta experiencia, agora síntome máis preparada para o meu futuro laboral.»

🗣️ Paula: «Grazas a esta experiencia, agora síntome máis segura e preparada para afrontar novos retos.»

🗣️ Daniel: «Grazas a esta experiencia, agora síntome máis solto.»

Despedímonos de Braga, pero levamos con nós todo o aprendido e as ganas de seguir construíndo futuro. Boa viaxe e mellor regreso! 💫



Proxecto impulsado pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) e cofinanciado pola Unión Europea no marco do FSE+ Galicia 2021-2027.

31/10/2026

🚌✨ A despedida de Braga tamén é parte do camiño. Volvemos cunha mochila chea de aprendizaxes, vínculos e ganas de seguir construíndo futuro. Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta experiencia no Programa Galicia Moza con Alma. 💼🌍

Aprendizaxe Futuro

Proxecto impulsado pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) e cofinanciado pola Unión Europea no marco do FSE+ Galicia 2021-2027.

𝐒𝐞𝐠𝐮𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐧𝐬𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚: 𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐫𝐢́𝐚 𝐞 𝐭𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢́𝐚 𝐧𝐨 𝐏𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐌𝐨𝐳𝐚 𝐜𝐨𝐧 𝐀𝐥𝐦𝐚 🤝✨No Programa Galicia Moza con Alma, o...
31/10/2026

𝐒𝐞𝐠𝐮𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐧𝐬𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚: 𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐫𝐢́𝐚 𝐞 𝐭𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢́𝐚 𝐧𝐨 𝐏𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐌𝐨𝐳𝐚 𝐜𝐨𝐧 𝐀𝐥𝐦𝐚 🤝✨

No Programa Galicia Moza con Alma, o acompañamento das persoas que exercen labores de mentoría e titoría nas empresas é fundamental para que as persoas participantes, que realizan prácticas en Braga (Portugal), poidan aproveitar ao máximo esta experiencia. Este seguimento permítenos detectar necesidades, resolver dúbidas e garantir que a formación no posto de traballo sexa de calidade, adaptada ás expectativas e ao crecemento profesional de cada persoa. 📈

Por iso, queremos agradecer ás empresas de acollida o seu compromiso e implicación co programa, especialmente ás que acompañan as persoas participantes que finalizan esta edición 2026. Grazas por abrir as vosas portas, compartir os vosos coñecementos e ser parte activa deste camiño. 🙌

En conxunto facemos posible unha experiencia formativa máis completa, humana e conectada co mundo laboral. 💼🌍



Proxecto impulsado pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) e cofinanciado pola Unión Europea no marco do FSE+ Galicia 2021-2027.

🌰 𝐌𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 𝐧𝐨 𝐏𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐌𝐨𝐳𝐚 𝐜𝐨𝐧 𝐀𝐥𝐦𝐚🌰🍂As participantes do Programa Galicia Moza con Alma, que están en Braga (Por...
22/10/2026

🌰 𝐌𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 𝐧𝐨 𝐏𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐌𝐨𝐳𝐚 𝐜𝐨𝐧 𝐀𝐥𝐦𝐚🌰🍂

As participantes do Programa Galicia Moza con Alma, que están en Braga (Portugal) realizando prácticas, celebramos hoxe un magosto como actividade de convivencia para festexar a entrada do outono. Aínda que esteamos fóra, mantemos vivas as nosas tradicións e compartimos castañas, conversas e bos momentos en compañía. ✨

Unha xornada para encontrarnos, disfrutar xuntas e celebrar o cambio de estación como se merece.

Proxecto impulsado pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) e cofinanciado pola Unión Europea no marco do FSE+ Galicia 2021-2027.

✨ 𝗖𝗼ñ𝗲𝗰𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝗠𝗮𝗿𝗶ñ𝗮 𝗲 𝗮 𝘀𝘂𝗮 𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗲𝗻 𝗕𝗿𝗮𝗴𝗮Mariña, de 22 anos, participa no programa  , impulsado pola Xunta de Ga...
20/10/2026

✨ 𝗖𝗼ñ𝗲𝗰𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝗠𝗮𝗿𝗶ñ𝗮 𝗲 𝗮 𝘀𝘂𝗮 𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗲𝗻 𝗕𝗿𝗮𝗴𝗮
Mariña, de 22 anos, participa no programa , impulsado pola Xunta de Galicia, realizando as súas prácticas formativas en Synergia - CADI, unha entidade xuvenil especializada no deseño e xestión de proxectos de cooperación e mobilidade internacional. 🇵🇹
Durante a súa estancia en Braga, Mariña intégrase na área de asuntos europeos, contribuíndo á estratexia de internacionalización da entidade mediante a identificación de novas alianzas internacionais e o apoio na xestión de proxectos comunitarios. 🇪🇺🤝📊
Esta experiencia permítelle consolidar competencias en xestión de fondos europeos, traballo en rede e cooperación intercultural, abrindo novas posibilidades profesionais nun ámbito clave para o desenvolvemento de proxectos con proxección internacional. 💼✨
🌱 Unha experiencia para seguir aprendendo, adquirir novas competencias e medrar tanto a nivel profesional como persoal. 🇵🇹
Seguimos acompañando a Mariña e ao resto das persoas participantes nesta aventura internacional.
👀 Estade pendentes das nosas redes para coñecer máis sobre as súas experiencias en Braga!
Proxecto cofinanciado polo FSE+ Galicia 2021-2027.

👩🏻‍🍳🔥 𝗔𝗯𝗿𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗶𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶ó𝗻𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗼 𝗖𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗱𝗲 𝗢𝗽𝗲𝗿𝗮𝗰𝗶ó𝗻𝘀 𝗕á𝘀𝗶𝗰𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗖𝗼𝗰𝗶ñ𝗮Se a cociña é o teu e queres prepararte para traba...
13/10/2026

👩🏻‍🍳🔥 𝗔𝗯𝗿𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗶𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶ó𝗻𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗼 𝗖𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗱𝗲 𝗢𝗽𝗲𝗿𝗮𝗰𝗶ó𝗻𝘀 𝗕á𝘀𝗶𝗰𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗖𝗼𝗰𝗶ñ𝗮

Se a cociña é o teu e queres prepararte para traballar no sector da hostalaría, esta formación pode ser o seguinte paso. 🍳✨

Na xa temos abertas as inscricións para o 𝗖𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗱𝗲 𝗢𝗽𝗲𝗿𝗮𝗰𝗶ó𝗻𝘀 𝗕á𝘀𝗶𝗰𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗖𝗼𝗰𝗶ñ𝗮, unha formación teórica e práctica na que poderás adquirir coñecementos e habilidades fundamentais para desenvolver a túa actividade profesional en cociñas de restaurantes, hoteis, colexios, residencias e outros establecementos.

📍 A formación terá lugar na 𝗘𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮 Á𝗹𝘃𝗮𝗿𝗼 𝗖𝘂𝗻𝗾𝘂𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗮 𝗖𝗼𝗿𝘂ñ𝗮.

🚨 𝗔𝘀 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗮𝘀 𝘀𝗼𝗻 𝗹𝗶𝗺𝗶𝘁𝗮𝗱𝗮𝘀! Se estás interesado/a, non deixes pasar a oportunidade e contacta con nós para recibir máis información e formalizar a túa inscrición:

📞 981 661 840
📱 604 002 519

🗣️ Esta actividade forma parte do Programa , financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciado polo + Galicia 2021-2027 da Unión Europea 🇪🇺.

📚🌟 𝗔𝘂𝗹𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗯𝗲𝗹 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗶𝗻ú𝗮 𝗮 𝘀𝘂𝗮 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗮 𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮 𝗮𝗼 𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼 🌟Despois dun verán cheo de actividades, en   comezamos un...
08/10/2026

📚🌟 𝗔𝘂𝗹𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗯𝗲𝗹 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗶𝗻ú𝗮 𝗮 𝘀𝘂𝗮 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗮 𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮 𝗮𝗼 𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼 🌟

Despois dun verán cheo de actividades, en comezamos unha nova etapa coa volta ao curso escolar. 🎒📚

Continuamos acompañando á infancia, á adolescencia e ás súas familias a través de diferentes espazos pensados para apoiar o seu desenvolvemento, benestar e participación:

🟢 𝗘𝗦-𝗧𝗨-𝗗Í𝗔 – Promoción de habilidades, comportamentos e estilos de vida saudables.
🟢 𝗘𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗧𝗲𝗿𝗮𝗽é𝘂𝘁𝗶𝗰𝗼
🟢 𝗘𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗔𝗰𝘁í𝘃𝗮𝘁𝗲
🟢 𝗘𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮 𝗱𝗲 𝗡𝗮𝗶𝘀 𝗲 𝗣𝗮𝗶𝘀
🟢 𝗘𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗧𝗜𝗖 🧩

💙 Seguimos creando espazos seguros e inclusivos nos que aprender, compartir e medrar xuntos.

Este proxecto é posible grazas ao apoio da , a través dos programas:

🏛️ 𝗙𝗢𝗔𝗫𝗘-𝗣/𝟮𝟬𝟮𝟲– Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais.
💶 19.523,70 € (80 % dun proxecto de 24.404,63 €).

🏛️ 𝗙𝗢𝗜𝗘/𝟮𝟬𝟮𝟲 – Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para investimento de servizos sociais.
💶 775,01 € (20 % dun proxecto de 3.875,00 €).

✨ 𝗖𝗼ñ𝗲𝗰𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝗣𝗮𝘂𝗹𝗮 𝗲 𝗮 𝘀𝘂𝗮 𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗲𝗻 𝗕𝗿𝗮𝗴𝗮Paula participa no programa  , impulsado pola Xunta de Galicia, realizan...
23/09/2026

✨ 𝗖𝗼ñ𝗲𝗰𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝗣𝗮𝘂𝗹𝗮 𝗲 𝗮 𝘀𝘂𝗮 𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗲𝗻 𝗕𝗿𝗮𝗴𝗮

Paula participa no programa , impulsado pola Xunta de Galicia, realizando as súas prácticas formativas en Synergia - CADI, unha asociación xuvenil de referencia en inclusión social a través do deporte e a arte. 🇵🇹

Durante a súa estancia en Braga, Paula colabora co equipo terapéutico do Centro de Artes e Desporto Inclusivo, participando en actividades de apoio psicolóxico e sociocomunitario dirixidas a persoas con problemas de saúde mental, así como no rexistro e seguimento de pacientes e do seu entorno afectivo. 🧠💚🤝

Esta experiencia permítelle aplicar os seus coñecementos en psicoloxía clínica nun contexto de intervención social real, descubrindo novas posibilidades profesionais dentro do ámbito da saúde mental e da inclusión social, un sector con grandes oportunidades laborais. 💼✨

🌱 Unha experiencia para seguir aprendendo, adquirir novas competencias e medrar tanto a nivel profesional como persoal.

🇵🇹 Seguimos acompañando a Paula e ao resto das persoas participantes nesta aventura internacional.
👀 Estade pendentes das nosas redes para coñecer máis sobre as súas experiencias en Braga!

Proxecto cofinanciado polo FSE+ Galicia 2021-2027.

📚💜 𝗔𝗙𝗔𝗚𝗢: 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮𝗰𝗶ó𝗻, 𝗰𝗼𝗶𝗱𝗮𝗱𝗼 𝗲 𝗶𝗻𝗰𝗹𝘂𝘀𝗶ó𝗻 𝘁𝗮𝗺é𝗻 𝗱𝘂𝗿𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗼 𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗲𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮𝗿Co comezo do novo curso, en   continuamos a tra...
22/09/2026

📚💜 𝗔𝗙𝗔𝗚𝗢: 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮𝗰𝗶ó𝗻, 𝗰𝗼𝗶𝗱𝗮𝗱𝗼 𝗲 𝗶𝗻𝗰𝗹𝘂𝘀𝗶ó𝗻 𝘁𝗮𝗺é𝗻 𝗱𝘂𝗿𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗼 𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗲𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮𝗿

Co comezo do novo curso, en continuamos a traballar para facilitar a conciliación das familias migrantes, ofrecendo un servizo de coidado e acompañamento para as súas crianzas mentres nais, pais e persoas titoras participan en formacións e outras actividades.

👧🧒 En Ordes, este servizo ofrece ás nenas e nenos un espazo seguro, accesible e adaptado ás súas necesidades, onde poden compartir, aprender e desfrutar do seu tempo de lecer.

🌱 Un espazo no que promovemos:
🤝 O respecto polos dereitos da infancia
💜 A igualdade e os valores cívicos
🌍 A inclusión e a diversidade
🏡 Unha contorna segura e accesible

Porque facilitar a conciliación tamén significa crear oportunidades para as familias e garantir que a infancia conte con espazos de coidado, participación e benestar.

🇪🇺 Este proxecto está cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España, no marco do Plan Corresponsables.

✨ 𝗖𝗼ñ𝗲𝗰𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝗦𝘂𝗹𝗲𝗺𝘆 𝗲 𝗮 𝘀𝘂𝗮 𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗲𝗻 𝗕𝗿𝗮𝗴𝗮Sulemy participa no programa  , impulsado pola Xunta de Galicia, realiz...
15/09/2026

✨ 𝗖𝗼ñ𝗲𝗰𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝗦𝘂𝗹𝗲𝗺𝘆 𝗲 𝗮 𝘀𝘂𝗮 𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗲𝗻 𝗕𝗿𝗮𝗴𝗮

Sulemy participa no programa , impulsado pola Xunta de Galicia, realizando as súas prácticas formativas en Quad Padel, a primeira fábrica portuguesa de raquetes de padel en carbono, cunha presenza consolidada en 22 mercados internacionais. 🇵🇹

Durante a súa estancia en Braga, Sulemy intégrase no proceso produtivo e de control de calidade, participando na verificación de acabados, no embalaxe e na preparación de pedidos para distribución internacional, así como no coñecemento do sistema de xestión de almacén. 🏸📦🔍

Esta experiencia permítelle desenvolver competencias clave en loxística, control de calidade e procesos industriais nun contorno empresarial innovador, achegándoa á realidade dun sector en plena expansión e con proxección global. 💼✨

🌱 Unha oportunidade para seguir aprendendo, adquirir novas habilidades e medrar tanto a nivel profesional como persoal, rodeada dun equipo dinámico e dun ambiente de traballo de alto rendemento.

🇵🇹 Seguimos acompañando a Sulemy e ao resto das persoas participantes nesta aventura internacional.
👀 Estade pendentes das nosas redes para coñecer máis sobre as súas experiencias en Braga!

Proxecto cofinanciado polo FSE+ Galicia 2021-2027.

Dirección

Avenida De Vilaboa 158, Baixo Esquerda, A Corveira
Culleredo
15174

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Ong Mestura publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos