Anpa Rosalia de Castro Tarrio

Cómo llegar Página web

Anpa Rosalia de Castro Tarrio Asociación de Nais e Pais do alumnado do Colexio de Tarrio.

Traballamos xuntos/as para apoiar á comunidade educativa, promover actividades e defender os intereses das familias.

TDAH E ADOLESCENCIA: QUE RESPOSTAS ME GUSTARÍA TER TIDO?A adolescencia trae consigo moitos cambios e retos, especialment...
31/10/2026

TDAH E ADOLESCENCIA: QUE RESPOSTAS ME GUSTARÍA TER TIDO?

A adolescencia trae consigo moitos cambios e retos, especialmente para os mozos e mozas con TDAH e para as súas familias.

O vindeiro 28 de novembro, a Fundación INGADA, coa colaboración da Fundación María José Jove, organiza na Coruña unha xornada para abordar cuestións tan importantes como:

🔹 O diagnóstico tardío.
🔹 A transición da atención pediátrica aos servizos de saúde mental.
🔹 Os desafíos do TDAH durante a adolescencia.
🔹 O papel das familias no acompañamento dos adolescentes.

Será tamén un espazo de diálogo no que os propios adolescentes poderán expresar as súas dúbidas, preguntas e inquedanzas.

📅 Data: 28 de novembro
🕙 Horario: de 10:00 a 14:00h
📍 Lugar: Fundación María José Jove
📌 Rúa Galileo Galilei, 6 – A Coruña.

Unha oportunidade para aprender, compartir experiencias e comprender mellor o TDAH nesta etapa da vida.

👉 Podes consultar toda a información aquí:

https://anpatarrio.com/tdah-e-adolescencia-que-respostas-me-gustaria-ter-tido/

Xa temos a venda as participacións para o sorteo de lotería de Nadal. Neste ano 2026 xogamos co número 68879 en particip...
19/10/2026

Xa temos a venda as participacións para o sorteo de lotería de Nadal. Neste ano 2026 xogamos co número 68879 en participacións de 5€.
Grazas a todos pola vosa colaboración e boa sorte!!!! 🍀🍀🍀

Traballando xuntos pola educación.Coa colaboración do Concello de Culleredo e da Deputación da Coruña .
07/10/2026

Traballando xuntos pola educación.
Coa colaboración do Concello de Culleredo e da Deputación da Coruña .

HOXE, 1 DE OUTUBRO, COMEZAN AS ACTIVIDADES!  Agardamos que as nenas e os nenos desfruten moito delas e que teñamos por d...
01/10/2026

HOXE, 1 DE OUTUBRO, COMEZAN AS ACTIVIDADES!

Agardamos que as nenas e os nenos desfruten moito delas e que teñamos por diante un curso cheo de aprendizaxes e diversión.

IMPORTANTE: GRUPO DE TELEGRAM DA ANPA

O enlace para unirse ao grupo de Telegram da ANPA deste curso foi enviado por correo electrónico.

Se alguén non recibiu o correo, pode solicitalo escribindo ao correo electrónico da ANPA e enviarémoslle de novo o enlace.

O grupo antigo de Telegram quedará inhabilitado, polo que a partir de agora a comunicación e as respostas realizaranse a través do novo grupo.

Bo comezo de curso e a desfrutar das actividades

📣Lembranza – Actividades extraescolaresRecordámosvos que aínda está aberto o prazo para inscribirse nas actividades extr...
17/09/2026

📣Lembranza – Actividades extraescolares

Recordámosvos que aínda está aberto o prazo para inscribirse nas actividades extraescolares da ANPA.

O pagamento pódese realizar ata o 18 de setembro.

Contactarase coas familias dos nenos e nenas cuxas actividades finalmente non se vaian realizar.

Psicomotricidade si se vai realizar.

Aínda estades a tempo de apuntarvos!

27/08/2026

ÍNDA QUEDAN PRAZAS NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES!

O novo curso está a piques de comezar e aínda estás a tempo de apuntar aos teus peques ás actividades extraescolares do cole.

Hai prazas dispoñibles en moitas das actividades.

Consulta toda a información na nosa páxina web.

03/08/2026

Dirección

Rúa Paxariñas, 72
Culleredo
15189

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Anpa Rosalia de Castro Tarrio publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos