Escola Xadrez Sigrás

Escola Xadrez Sigrás Club adicado á promoción do xadrez no Concello de Cambre

Hoxe alzamos a voz por Cambre máis de 40 entidades do tecido asociativo de Cambre, que traballamos en conxunto e sen par...
23/10/2025

Hoxe alzamos a voz por Cambre máis de 40 entidades do tecido asociativo de Cambre, que traballamos en conxunto e sen partidismos:
Denunciamos o abandono total que sofre o noso municipio por parte de todos os partidos políticos e dos distintos estamentos e funcionariado do Estado.

Cambre está bloqueado, e este bloqueo pagámolo todos: veciñanza, clubs, asociacións e familias.

🚫 Non falamos de cores políticas.
💬 Falamos do ben común, do futuro de Cambre e da necesidade de actuar con transparencia e unidade.
Necesitamos prazos reais e nalgúns casos son de extrema urxencia.

Xa é hora de que todos se unan por un fin social, deixando ao carón intereses e diferenzas.
Cambre necesita solucións reais, non máis divisións.
Cada asociación de Cambre temos as nosas necesidades e dificultades propias, pero do mesmo xeito que pedimos unión e non división a todos os representantes políticos, mostramos a nosa unión e dispostos a predicar co exemplo, e antepoñer as nosas necesidades propias por dúas cremos son de extremada urxencia, como son o caso de Sementeira e club ciclista Cambre, que se atopan ao bordo da desaparición por non poder facer fronte ao pago de nóminas, seguros sociais, e/ou fichas federativas que deben desde tempada 2023

💛 Polo ben de todos.
Polo ben de Cambre.

E esa petición urxente non quita que desde Escola de Xadrez Sigrás sigamos tendo e loitando polas nosas necesidades tales como o cobro das subvencións pendentes.

16/06/2024
Non vos perdades a reportaxe coa actuación estelar do noso querido Rodrigo Pena 😜Y por supuesto enhorabuena al Club de A...
09/01/2024

Non vos perdades a reportaxe coa actuación estelar do noso querido Rodrigo Pena 😜

Y por supuesto enhorabuena al Club de Ajedrez Magic Extremadura por su gran labor!

Extraordiario reportaje de Movistar +, que se ha hecho esperar pero que es de una extraordinaria calidad, donde muestra para toda España el delClub Club de Ajedrez Magic Extremadura en todo su esplendor, centrándose en gran parte en el ajedrez para mayores. Seguiremos informando, insertamos ya el enlace completo. 👇

https://x.com/vamos/status/1743347763671101913?s=20

Achegamos unhas imaxes da participación no XVI torneo Ludo dalgúns dos membros da Escola Xadrez Sigrás. Destacar o 3° po...
22/10/2023

Achegamos unhas imaxes da participación no XVI torneo Ludo dalgúns dos membros da Escola Xadrez Sigrás. Destacar o 3° posto (empatado a puntos co 2°) de Rodrigo Barbeito pechando o podio da competición, e o 8° e 11° de Rodrigo López e Guillermo Esteban.

Onte remataban as nosas aulas de verán. En breves comezará a nosa oferta durante o curso
30/08/2023

Onte remataban as nosas aulas de verán. En breves comezará a nosa oferta durante o curso

Este verán a Escola Xadrez Sigrás pon á vosa disposición a seguinte oferta formativa. -Aulas de iniciación e perfecciona...
23/06/2023

Este verán a Escola Xadrez Sigrás pon á vosa disposición a seguinte oferta formativa.
-Aulas de iniciación e perfeccionamento
- Martes, 1h e media de duración.
-O monitor será, Rodrigo Barbeito, xogador da nosa canteira e con experiencia ensinando xadrez dende hai 10 anos. Actualmente traballa baixo a dirección do GM Manuel Pérez Candelario no clube Magic Extremadura, campión de España en 2019.
Máis información por DM ou no número de teléfono 618 89 85 35

Tarde de xadrez e éxitos onte en Vila Concepción, por primeira vez en moitos anos puidemos xuntar o equipo conformado po...
18/06/2023

Tarde de xadrez e éxitos onte en Vila Concepción, por primeira vez en moitos anos puidemos xuntar o equipo conformado pola canteira do clube, Fran Pedreira, Rodrigo Pena e Alejandro Alonso (Pitxi) xunto con Diego Cantorna na súa primeira participación presencial trala pandemia! O resultado foi unha victoria no campionato por equipos cun contundente 4-0 na final. 👏 Escola Xadrez Sigrás presentou 3 equipos, co segundo conxunto a piques de conseguir tamén o título na segunda división.

Este sábado, 10 de xuño, dende Escola Xadrez Sigrás voltamos un ano máis coas nosas actividades xadrecísticas ♟ á Explan...
08/06/2023

Este sábado, 10 de xuño, dende Escola Xadrez Sigrás voltamos un ano máis coas nosas actividades xadrecísticas ♟ á Explanada do Paseo Marítimo do Burgo, xa que se celebrará a V edición da , de 12:00 a 19:00 horas.
Poderedes desfrutar dunha morea de experimentos e faladoiros. Pola nosa parte, intentaremos achegar o "deporte-ciencia" á xente da feira. Haberá:
-Xadrez xigante ♟
-Retos / crebacabezas de xadrez. 🧩
-Torneos ABERTOS AO PÚBLICO ASISTENTE 🥇
-Taboleiros (e reloxos) para xogar 🤝
- No noso stand tamén teremos información e curiosidades sobre o xadrez. 🤯
E o máis importante, gozaremos todxs dunha xornada repleta de diversión, xadrez e ciencia!
PD: Atoparédesnos no posto número 4, na entrada da feira (como podedes ver no mapa)

Hoxe comezou a liga galega de xadrez, e nós como non pode ser doutra maneira estamos ahí. Aquí vos deixamos unha galería...
25/02/2023

Hoxe comezou a liga galega de xadrez, e nós como non pode ser doutra maneira estamos ahí. Aquí vos deixamos unha galería de fotos desta primeira xornada.

Dirección

O Souto 8, Sigrás
Cambre
15181

Horario de Apertura

09:00 - 21:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escola Xadrez Sigrás publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Escola Xadrez Sigrás:

Compartir