02/11/2026
🐂 𝗨𝗻 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗴𝗮𝗻𝗱𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗰𝗿𝗲𝗮 𝗿𝗶𝗾𝘂𝗲𝘇𝗮 𝗻𝗼 𝗿𝘂𝗿𝗮𝗹
Como pode unha explotación gandeira evolucionar cara a un modelo de negocio diferencial e conectado co territorio? José Caridad está a desenvolver esa aposta con O Prego, un proxecto de cría de bois en pastoreo situado en Cerceda, A Coruña.
A súa proposta de emprendemento rural vai máis alá da produción de carne: busca poñer en valor a gandería a través da trazabilidade, a calidade do produto, a comercialización directa e a creación de experiencias arredor da finca.
A súa participación no Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias da Fundación Juana de Vega axudouno a estruturar o modelo de negocio, analizar a súa viabilidade e decidir onde concentrar os esforzos. Ademais, recibiu un accésit, que lle achegou 15 horas adicionais de asesoramento.
𝗟𝗲 𝗮 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲𝘃𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗹𝗲𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗻 𝗝𝗼𝘀𝗲 𝗻𝗮 𝗻𝗼𝘀𝗮 𝘄𝗲𝗯! ⤵️
📱 https://juanadevega.org/jose-caridad-de-o-prego-o-programa-axudoume-a-decidir-onde-tina-sentido-concentrar-os-esforzos/
Recorda que a inscrición para ser un dos beneficiarios do próximo Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias (edición 2027) está aberta ata o 8 de decembro. Hai dúas modalidades: Emprendemento e Crecemento-Consolidación. Toda a información e formulario de candidatura ⤵️
📱 programadeapoyo.juanadevega.org