A.VV. Santaia, Santa Cruz

Cómo llegar

A.VV. Santaia, Santa Cruz Esta páxina está diseñada para informar sobre as actividades e eventos que organiza a Asociación de Veciños SANTAIA de Santa Cruz

Ide gardando a data!!😉☺️
20/10/2026

Ide gardando a data!!😉☺️

👏 A tradición galega súbese ao escenario do Palacio da Ópera o vindeiro 19 de novembro, ás 20:00 horas.

🎶 'As Cigarreiras', da man da Banda Municipal, Cántigas da Terra e o Grupo de Baile Santaia, ofrecerá un espectáculo musical que recreará a pioneira revolta obreira das cigarreras de 1857.

🙌 Non perdas esta cita e consegue o teu convite en Ataquilla ou no Quiosco da Praza de Ourense.

13/10/2026

💃 BAILE PARA MAIORES || Actividade 65+

📅 Sábado 17 de outubro

🕝 17:00-20:00 horas

📌 Centro Cívico, Santa Cruz

Así vivimos a nosa excursión a Vilanova de Cerveira!Paseos, sorrisos, boa compañía e moitos momentos para lembrar. 🥰Aquí...
11/10/2026

Así vivimos a nosa excursión a Vilanova de Cerveira!

Paseos, sorrisos, boa compañía e moitos momentos para lembrar. 🥰

Aquí vos deixamos algunhas fotos da nosa excursión, porque os bos momentos saben mellor cando se comparten.

Grazas a todos e todas por formar parte desta aventura! 💚

Ata a próxima! 🚌✨

😉😉
06/10/2026

😉😉

📸 O pasado volve cobrar vida!

Este ano quixemos facer algo moi especial: recuperar fotografías antigas e reproducilas.

O resultado é o noso calendario 2026/27, unha pequena viaxe pola memoria e pola historia do noso pobo.
🗓️ Calendario de parede: 6 €.
📅 Calendario de mesa: 4 €.

Un bonito recordo para a casa e tamén un agasallo diferente para quen lle guste a historia, as fotografías e as lembranzas de antes.

👉 Podes encargalo e aboalo no momento no Centro Cívico, polas tardes, de luns a venres, de 17:00 a 19:00 h.

MULLERES EN MOVEMENTO 💪Poñemos en marcha unha nova actividade na Asociación de Veciños! Mulleres en Movemento é un grupo...
06/10/2026

MULLERES EN MOVEMENTO 💪
Poñemos en marcha unha nova actividade na Asociación de Veciños!

Mulleres en Movemento é un grupo de adestramento e mantemento para mulleres, pensado para activarnos, coidarnos e pasalo ben facendo exercicio en compañía. 💜

👉 Ven probar!
📅 Venres 9 de outubro.
🕡 18:30 h.
📍 Centro Cívico de Santa Cruz.

A clase de proba é gratuíta. Anímate a coñecernos e a poñerte en movemento con nós! 🙌

📞 Para máis información: 604 059 551.

Agardámoste! 💜

02/10/2026

🏫 COLEXIO SANTA CRUZ || O Concello e a comunidade escolar reclaman á Xunta cubrir o patio posterior do colexio de Santa Cruz

Ante a desatención total por parte da Xunta de Galicia do Colexio Parga Pondal de Santa Cruz, o Concello procederá de forma inmediata a acometer diversas obras menores de mellora no centro escolar. Principalmente vaise actuar no patio posterior para mellorar o seu uso nos días de chuvia e tamén se procederá modificar a ordenación dos accesos exteriores para mellorar a seguridade na recollida do alumnado.

O alcalde, Ángel García Seoane, xunto con outros representantes municipais reuniuse no centro coa dirección do colexio e con representantes da ANPA. Na reunión tamén se acordou solicitar conxuntamente á Consellería de Educación que se cubra o patio situado na parte posterior do edificio de educación primaria.

O ensino é unha competencia autonómica e é a Xunta de Galicia á que lle corresponden este tipo de actuacións de cubrición de patios, non ao Concello. Á administración municipal só lle corresponden os mantementos menores. Lamentablemente, a Xunta rara vez asume as súas obrigas coa axilidade que se require, tal e como están a sufrir os nenos e nenas do colexio de Santa Cruz.

Por parte do Concello, durante este verán, realizáronse distintas obras menores de mantemento en todos os centros, a petición das direccións e das ANPA.

Xa non quedan prazas!!!👏👏👏
29/09/2026

Xa non quedan prazas!!!👏👏👏

22/09/2026

🚌 EXCURSIÓN A PORTUGAL || Vilanova da Cerveira e Fortaleza (Valença do Minho)

📅 Sábado 10 de outubro

🕝 Saída ás 8:00 horas de Santa Cruz

🟢 Organiza: A.VV. Santaia, Santa Cruz

ℹ ✍️ Inscricións e información: Centro Cívico de Santa Cruz, de luns a venres, de 17:00 a 19:00 horas

Apetéceche unha excursión en boa compañía? Anímate! Tes ata o 6 de outubro para unirte😉💃🏻💃🏻
11/09/2026

Apetéceche unha excursión en boa compañía?

Anímate! Tes ata o 6 de outubro para unirte😉💃🏻💃🏻

Precisas apoio?? O concello bótache unha man!📍Centro Cívico de Santa Cruz.➡️ Se es de Primaria: luns, de 17 a 19.➡️Se es...
09/09/2026

Precisas apoio?? O concello bótache unha man!

📍Centro Cívico de Santa Cruz.

➡️ Se es de Primaria: luns, de 17 a 19.

➡️Se es da E.S.O: mércores, de 18:15 a 20:15.

📗📙 Programa de reforzo e apoio educativo (PRAEMO) para alumnado de primaria e secundaria

👉👉👉O programa de reforzo e apoio educativo municipal de Oleiros (PRAEMO) volverá comezar a finais de outubro. Estas clases ofértanse para o alumnado de 4º de primaria en diante e de toda secundaria.

As sesións comezan a semana do 19 de outubro e prolónganse ata a do 14 de xuño do ano próximo. Terán lugar en Santa Cruz, Nós, Mera e Perillo, aínda que se nalgunha das ubicacións non se acada un mínimo de alumnado poderanse reagrupar sedes.

As persoas interesadas poden inscribirse antes do 30 de setembro cubrindo a ficha de inscrición na web e enviándoa por correo a [email protected] ou presencialmente na Fábrica.

Esta oferta de aulas de reforzo procuran que aumente o éxito académico no colexio ou instituto, que o estudantado se sinta máis interesado polas clases, que as persoas que acudan poidan incorporar na súa vida hábitos e técnicas de estudo, así como reforzar as aprendizaxes na aula.

Dirección

Oleiros

Horario de apertura

Lunes 18:30 - 20:00
Martes 18:30 - 20:00
Miércoles 18:30 - 20:00
Jueves 18:30 - 20:00
Viernes 18:30 - 20:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A.VV. Santaia, Santa Cruz publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir