Patronal Aedigal

Llamar Página web

Patronal Aedigal AEDIGAL é unha organización empresarial sen ánimo de lucro, promovida por FADEMGA Plena inclusión.

📣 En AEDIGAL buscamos un/unha técnico/a administrativo/a!Tes formación en Administración ou similar e coñecementos en ta...
23/10/2026

📣 En AEDIGAL buscamos un/unha técnico/a administrativo/a!
Tes formación en Administración ou similar e coñecementos en tarefas contables? Queremos coñecerte!
📍 Santiago de Compostela.
🕒 Xornada do 75%.
📅 Contrato de 12 meses vinculado a subvención.
💰Retribución segundo convenio.
👤 Requisito: Estar desempregado/a e inscrito/a no servizo público de emprego de Galicia como demandante non ocupado/a.
📩 Enviar CV actualizado indicando dispoñibilidade a través do noso formulario web: https://aedigal.org/traballa-connosco

Comparte para axudarnos a chegar a máis persoas!

🏡 Desde AEDIGAL acompañamos a Aspanane na inauguración do seu Fogar Residencial en Xove. O noso presidente, Eladio Ferná...
22/10/2026

🏡 Desde AEDIGAL acompañamos a Aspanane na inauguración do seu Fogar Residencial en Xove. O noso presidente, Eladio Fernández, participou nesta celebración dun proxecto con 50 prazas e seis unidades de convivencia pensadas para crear un ambiente de fogar.

Co financiamento íntegro da Fundación Amancio Ortega, faise realidade un recurso que reflicte o valor da colaboración e a perseveranza das entidades sociais.

💚 Parabéns a ASPANANE, ás familias e ao seu equipo! Detrás desta apertura hai anos de esforzo e un propósito compartido: ofrecer apoios para vivir con dignidade, autonomía e inclusión.

🌱 Soster unha organización non é simplemente manter a súa estrutura. É conseguir que siga tendo sentido para as persoas....
29/09/2026

🌱 Soster unha organización non é simplemente manter a súa estrutura. É conseguir que siga tendo sentido para as persoas.

O presidente de AEDIGAL e FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, participou na xornada estatal “Soster para avanzar”, organizada por Plena inclusión España e FADEMGA.

Durante a súa intervención puxo sobre a mesa unha idea clave: a sustentabilidade das entidades non pode medirse só en termos económicos. Tamén significa coidar a identidade do movemento asociativo, fortalecer a participación das familias e dar cada vez máis protagonismo ás persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento na toma de decisións.

💬 “Soster non é manter estruturas, senón conseguir que o proxecto siga tendo sentido para as persoas e as familias que o fixeron posible”.

Na xornada tamén participou o vicepresidente de AEDIGAL, Javier García, encargado de presentar e entregar os recoñecementos ás Prácticas Exemplares de FUTUCAM e ASPACE Bizkaia nas categorías de coidado das persoas e desenvolvemento de equipos e calidade.

Porque avanzar tamén é saber que debemos cambiar, que debemos coidar e que non podemos permitirnos perder polo camiño.

🔗 Toda a información en aedigal.org

🤝 Seguimos sumando alianzas para avanzar na inclusión laboral.O pasado 5 de agosto recibimos nas oficinas de FADEMGA Ple...
26/08/2026

🤝 Seguimos sumando alianzas para avanzar na inclusión laboral.

O pasado 5 de agosto recibimos nas oficinas de FADEMGA Plena inclusión Galicia e AEDIGAL á secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Susana Pérez Iglesias, nun encontro centrado nos retos e oportunidades de emprego e formación para as persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.

Durante a visita compartimos os avances acadados, pero tamén os desafíos que aínda temos por diante para garantir empregos de calidade, oportunidades reais e apoios adaptados ás necesidades de cada persoa.

No encontro participaron tamén o presidente de FADEMGA e AEDIGAL, Eladio Fernández; o presidente de CERMI Galicia, Ramón Sestayo; o xerente de FADEMGA, Manel Fernández; e o coordinador da Área de Emprego e Formación, Manuel Carrillo.

Porque a inclusión laboral non se consegue só falando dela: precisa compromiso, recursos e colaboración entre as administracións públicas e o movemento asociativo.

Agradecemos á Secretaría Xeral de Emprego o seu interese e a oportunidade de seguir construíndo, en común, máis e mellores oportunidades para as persoas con discapacidade intelectual. 💚

🌿 Onte tivemos a oportunidade de asistir á presentación dunha nova ferramenta deseñada para axudar ás entidades sociais ...
22/07/2026

🌿 Onte tivemos a oportunidade de asistir á presentación dunha nova ferramenta deseñada para axudar ás entidades sociais a medir e mellorar o seu impacto ambiental.

Foi unha xornada moi enriquecedora na que coñecemos como se desenvolveu este instrumento e todo o traballo de análise, deseño e colaboración que hai detrás. Ademais, puidemos descubrir como esta ferramenta pode axudar ás organizacións a coñecer mellor a súa realidade, identificar oportunidades de mellora e avanzar cara a unha xestión máis sostible.

Queremos agradecer especialmente as achegas de Marta Rey, directora da Cátedra Inditex de Sostibilidade, así como de Alejandro Fernández, Sara García e Sara González, especialistas en sostibilidade e innovación social, por compartir os seus coñecementos e experiencias.

Marchamos con novas ideas, aprendizaxes e a convicción de que medir o impacto ambiental é un paso imprescindible para seguir construíndo organizacións máis responsables e preparadas para o futuro. 💚🌍

✨ A IA tamén é cousa do terceiro sector.Dende AEDIGAL, en colaboración con AEDIS, celebramos a xornada “Aplicación práct...
29/06/2026

✨ A IA tamén é cousa do terceiro sector.

Dende AEDIGAL, en colaboración con AEDIS, celebramos a xornada “Aplicación práctica da IA: ferramentas para entidades sociais”, unha actividade formativa que foi un rotundo éxito de participación e interese.

Da man de especialistas de OLAWEE Academy, achegámonos a ferramentas reais de intelixencia artificial aplicadas á xestión, á comunicación, aos proxectos ou aos recursos humanos das entidades sociais.

Porque a transformación dixital tamén debe chegar ao noso sector. E debe facelo con sentido, con criterio e ao servizo das persoas.

💡 A IA pode axudarnos a gañar tempo, mellorar procesos e centrarnos máis no que realmente importa: ofrecer mellores apoios.

Dende AEDIGAL seguiremos impulsando espazos de formación para que as entidades sociais non queden atrás nos grandes cambios que xa están aquí.

Queres aprender a aplicar a IA no teu traballo diario?AEDIGAL, xunto coa patronal AEDIS, organiza unha xornada formativa...
12/06/2026

Queres aprender a aplicar a IA no teu traballo diario?

AEDIGAL, xunto coa patronal AEDIS, organiza unha xornada formativa presencial sobre aplicación práctica da Intelixencia Artificial, pensada para mellorar a produtividade e facilitar tarefas do día a día.

Cando? Martes, 23 de xuño de 2026. De 9:30 a 13:30 h

Onde? Asociación Empresarial do Polígono do Tambre

Prazas limitadas: máximo 20 persoas

A formación contará con casos reais e exercicios guiados, e está dirixida especialmente a perfís directivos, RRHH, persoal técnico ou outros perfís interesados.

Solicita a túa participación enviando un correo a: [email protected]

🤖 Queres aprender a aplicar a IA no teu traballo diario?AEDIGAL, xunto con AEDIS, organiza unha xornada formativa presen...
04/06/2026

🤖 Queres aprender a aplicar a IA no teu traballo diario?

AEDIGAL, xunto con AEDIS, organiza unha xornada formativa presencial sobre aplicación práctica da Intelixencia Artificial, pensada para mellorar a produtividade e facilitar tarefas do día a día.

📅 Martes, 23 de xuño de 2026
🕤 De 9:30 a 13:30 h
📍 Asociación Empresarial do Polígono do Tambre
👥 Prazas limitadas: máximo 20 persoas

A formación contará con casos reais e exercicios guiados, e está dirixida especialmente a perfís directivos, RRHH, persoal técnico ou outros perfís interesados.

Solicita a túa participación enviando un correo a: [email protected]

Dende AEDIGAL queremos poñer en valor a xornada Construíndo Emprego, organizada por FADEMGA Plena inclusión Galicia, na ...
29/05/2026

Dende AEDIGAL queremos poñer en valor a xornada Construíndo Emprego, organizada por FADEMGA Plena inclusión Galicia, na que tivemos a oportunidade de colaborar e compartir reflexións arredor dun reto esencial: seguir abrindo camiños reais para o emprego das persoas con discapacidade intelectual.

Foi unha xornada para recoñecer 25 anos de traballo, alianzas e compromiso colectivo. Pero tamén para mirar cara adiante e seguir impulsando modelos de emprego máis inclusivos, máis sostibles e máis conectados coa realidade das persoas, das entidades e das empresas.

Un dos momentos máis emotivos foi o recoñecemento póstumo a Valeriano Martínez, polo seu compromiso co emprego público inclusivo e polo impulso de medidas que abriron novas oportunidades para as persoas con discapacidade intelectual na Administración pública galega.

Dende AEDIGAL sumámonos a este recoñecemento e reafirmamos o noso compromiso coa construción dun mercado laboral no que a inclusión non sexa unha excepción, senón unha práctica compartida, planificada e con futuro.

Porque cando administracións, entidades sociais, empresas e profesionais traballamos da man, o emprego inclusivo deixa de ser unha meta afastada e convértese nun camiño posible.
A xornada conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Migración así como da Deputación da Coruña.

Esta semana presentouse a “Estratexia galega de Contratación pública – Horizonte 2030”, nun acto celebrado na Egap - Esc...
24/04/2026

Esta semana presentouse a “Estratexia galega de Contratación pública – Horizonte 2030”, nun acto celebrado na Egap - Escola Galega De Admibistración Pública, en Santiago de Compostela.

A xornada estivo centrada na presentación desta estratexia e na análise dos retos e grandes obxectivos da contratación pública nos vindeiros anos.

Para AEDIGAL, estar presente neste tipo de encontros é importante porque a contratación pública non é só unha cuestión técnica ou administrativa: tamén pode ser unha ferramenta para construír unha Galicia máis inclusiva, máis responsable e con máis oportunidades para as persoas.

Dirección

Vía Pasteur, Nº53-B
Santiago De Compostela
15894

Teléfono

+34881045427

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Patronal Aedigal publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir