BNG O Ribeiro

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

BNG O Ribeiro Páxina oficial do BNG comarcal do Ribeiro

Hoxe tivemos a oportunidade de explicarlle a veciñanza de Carballeda de Avia toda a información relativa a fusión Carbal...
18/10/2026

Hoxe tivemos a oportunidade de explicarlle a veciñanza de Carballeda de Avia toda a información relativa a fusión Carballeda-Ribadavia. Grazas a Óscar Insua por acompañarnos e sobre todo grazas a todas as persoas que hoxe nos viñeron escoitar.

Até sempre, Tobo. A túa loita queda connosco.Hoxe é un día triste para o nacionalismo galego e, moi especialmente, para ...
11/10/2026

Até sempre, Tobo. A túa loita queda connosco.
Hoxe é un día triste para o nacionalismo galego e, moi especialmente, para o Ribeiro. Despedimos con fonda dor e inmenso agarimo o compañeiro Aristóbulo Quinteiro, o Tobo, un home que dedicou a súa vida á defensa da nosa Terra, da xente labrega e dos dereitos do povo galego.
Desde as loitas contra o encoro de Castrelo de Miño até a organización do movemento agrario, Aristóbulo estivo sempre ao lado da xente, defendendo con valentía e dignidade aquilo no que cría, mesmo nos tempos máis difíciles.
O Ribeiro perde un dos seus referentes, mais a súa loita, a súa coherencia e o seu exemplo permanecerán vivos na nosa memoria colectiva.
Desde o BNG do Ribeiro enviamos unha aperta fonda e sincera á súa familia e amizades.
Grazas por tanto, Tobo. Que a terra che sexa leve
Até sempre, compañeiro. Sempre na nosa memoria. ✊

11/10/2026

Aristóbulo Quinteiro, "O Tobo" para toda a Galiza nacionalista e o movemento agrario, faleceu este domingo aos 88 anos de idade. Os seus restos mortais repou...

11/10/2026

**A FUSIÓN DE CARBALLEDA DE AVIA E RIBADAVIA, A DEBATE**

Que consecuencias tería a fusión dos dous concellos? Mellorarían os servizos públicos? Que pasaría coa autonomía municipal?

Desde o BNG de Carballeda de Avia organizamos un acto informativo para analizar as consecuencias desta posible fusión e resolver as dúbidas da veciñanza.

Participarán:

**Yolanda Rodríguez**, candidata á Alcaldía de Carballeda de Avia en 2027.

**Óscar Insua**, deputado do BNG no Parlamento galego e experto en xestión municipal.

📍 Alameda de Carballeda de Avia
📅 Domingo 18 de Outubro
🕔 17:00 horas

**Porque o futuro dos nosos concellos debe decidirse con información, transparencia e participación veciñal.**

Agardámoste!

06/10/2026

Unha Galicia con futuro precisa compromiso, propostas e feitos. 💙⚪️
No vídeo, falamos do que queremos para o noso país e da importancia de seguir avanzando.

Dende o rio até o mar Palestina vencerá!Hoxe, saimos a rúa en Compostela en solidariedade co pobo palestino.PALESTINA VE...
04/10/2026

Dende o rio até o mar Palestina vencerá!
Hoxe, saimos a rúa en Compostela en solidariedade co pobo palestino.
PALESTINA VENCERÁ!


22/09/2026

🏠 CASTRELO MERECE UNHA RESIDENCIA PÚBLICA E DE CALIDADE

O anuncio dunha residencia de maiores en Castrelo de Miño responde a unha necesidade real da nosa veciñanza.

Desde o BNG estaremos vixiantes para que non quede nunha promesa electoral. Xa coñecemos anuncios da Xunta que se prolongan durante anos, e a poucos meses das eleccións municipais o que Castrelo precisa son compromisos, prazos e feitos.

E queremos que sexa 100 % pública, tanto na titularidade como na xestión. Porque unha residencia pública significa poñer no centro o coidado das persoas e non o beneficio económico, garantindo control público e unha atención de calidade.

En Castrelo xa demostramos que se pode apostar polo público coa Vivenda Comunitaria, construída durante os gobernos do BNG.

Queremos a residencia. Querémola pública. E queremos que sexa unha realidade.

GALIZA CON PALESTINA MANIFESTACIÓN NACIONALEste domingo 4 de outubro, manifestación nacional en Compostela baixo o lema ...
22/09/2026

GALIZA CON PALESTINA MANIFESTACIÓN NACIONAL
Este domingo 4 de outubro, manifestación nacional en Compostela baixo o lema «Resistencia, liberdade e paz».
🚌 Desde O Ribeiro temos autobús para desprazarnos á manifestación.
📍 Parada para O Ribeiro: Rotonda de Cea
🕙 Hora: 10:20 h
📍 Chegada a Compostela para a manifestación das 12:00 h na Alameda.
☎️ Para reservar praza no autobús:
676 611 848
674 227 824
988 782 726

18/09/2026

Desde o BNG de Ribadavia reiteramos a vontade de que a Fundación Nosa Señora dos Anxos sexa quen xestione directamente unha futura residencia de maiores, mantendo o seu compromiso fundacional sen ánimo de lucro e que as súas instalacións futuras se sitúen o máis preto posible do casco urbano de Ribadavia.
Así o vimos manifestando hai tempo, como exemplo esta moción debatida no pleno municipal de Ribadavia en novembro de 2023.
Defendemos o modelo público e social de xestión e prestación dos servizos de atención á terceira idade, o mellor para as persoas traballadoras e para as persoas atendidas na residencia. O BNG amosou publicamente ser contrario a calquera privatización do servizo, algo que tememos que suceda en aplicación da política que o PP realiza tanto na Xunta como no Concello de Ribadavia, privatizando a prestación de servizos
Reclamamos que se convoque unha xuntanza do padroado da Fundación que se nos informe aos grupos municipais, ás persoas traballadoras e ás persoas usuarias e ás súas familias.

🔥 MANIFESTACIÓN NACIONAL DE GALIZA CON PALESTINA   - Domingo, 4 de outubro   - 12 horas   - Alameda de Santiago de Compo...
17/09/2026

🔥 MANIFESTACIÓN NACIONAL DE GALIZA CON PALESTINA
- Domingo, 4 de outubro
- 12 horas
- Alameda de Santiago de Compostela.

RESISTENCIA, LIBERDADE E PAZ. ✊
Mobilízate!

Dirección

Rúa Do Progreso, 17
Ribadavia

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG O Ribeiro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a BNG O Ribeiro:

Atajos

Compartir