06/10/2026
🔎 SOLICITUDE DE TRANSPARENCIA NAS OBRAS E CARTEIS INFORMATIVOS NO CONCELLO.
Os veciños e veciñas solicitamos aclaracións públicas sobre a xestión e fiscalización dos fondos públicos nas últimas obras do municipio.
📍Cronoloxía de feitos:
Capítulo 1: Instálase un cartel anunciando a rehabilitación do centro social por importe de 36.239€ procedéndose únicamente ó cintado exterior do edificio .
Capítulo 2: O cartel retírase e sustitúese por unha actuación de 11.000€ para arranxo de barandilla, executándose únicamente o pintado da mesma e a colocación dunha malla.
Capítulo 3: O cartel dos 36.239€ cámbialo de ubicación para facer unha obra diferente.
Capítulo 4: meses despois procédese á retirada completa da barandilla pintada e colócase unha estructura nova a través dunha adxudicación directa por valor de 3500€ .
Ante a falta de respostas na sesión plenaria solicitamos públicamente ó equipo de goberno a seguinte información:
1️⃣ Estado dos proxectos: cal é o estado de execución, proxecto técnico e partida presupuestaria do centro social e das obras das barandillas, quen e cómo se executan, forma de adxudicación e control da obra?
2️⃣publicidade institucional: A quen corresponde os cambios de ubicación e conceptos dos carteis de obra sin a debida actualización dos expedientes no Perfil do Contratante?
3️⃣Fiscalización do gasto: fiscalizáronse correctamente as fases de execución destas obras para evitar subcontratas, duplicidades ou sobrecostes innecesarios?
Exigimos publicación íntegra dos expedientes de contratación, aclaración das partidas destinadas ó centro social como ó peche coas barandillas.
TRANSPARENCIA , RIGOR E BO USO DOS CARTOS PÚBLICOS. 🛑📋