OMIX Ribadavia

OMIX Ribadavia Oficina Municipal de Información Xuvenil Es una entidad pública ubicada en el Ribeiro(Galicia). It is a public entity located in Ribeiro (Galicia).

La Casa de la Juventud, donde se encuentra la Oficina Municipal de Información Juvenil (OMIX), pertenece al Ayuntamiento de Ribadavia. El objetivo principal de la Casa de la Juventud y la OMIX de Ribadavia, es informar y crear políticas que permitan una participación activa de los jóvenes en el desarrollo social, económico, político y cultural de nuestra ciudad. Nuestras actividades incluyen creac

ión de vínculos con organizaciones europeas, elaboración de proyectos Europeos, apoyar la organización de eventos locales, asesoramiento a jóvenes locales para promover la creación de asociaciones juveniles, talleres, etc. La Casa de la Juventud cuenta con tres plantas, que incluyen una sala de ordenadores, sala de exposiciones y tres espacios para uso de la juventud. OMIX Ribadavia pertenece a la Red Gallega de Información Juvenil (RIX) de la Xunta de Galicia. Gal

A Casa da Mocidade, onde se atopa a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), pertence ao Concello de Ribadavia. É unha entidade pública situada no Ribeiro(Galicia). O obxectivo principal da Casa da Mocidade e a OMIX de Ribadavia, é informar e crear políticas que permitan unha participación activa dos mozos no desenvolvemento social, económico, político e cultural da nosa cidade. As nosas actividades inclúen creación de vínculos con organizacións europeas, elaboración de proxectos Europeos, apoiar a organización de eventos locais, asesoramento a mozos locais para promover a creación de asociacións xuvenís, talleres, etc. A Casa da Mocidade conta con tres plantas, que inclúen unha sala de computadores, sala de exposicións e tres espazos para uso da mocidade. OMIX Ribadavia pertence á Rede Galega de Información Xuvenil ( RIX) da Xunta de Galicia. Eng


The Youth House, where the Municipal Youth Information Office (OMIX) is located, belongs to the Ribadavia City Council. The main objective of the Youth Center and OMIX Ribadavia is to inform and create policies that allow active participation of young people in the social, economic, political and cultural development of our city. Our activities include creating links with European organizations, developing European projects, supporting the organization of local events, advising local youth to promote the creation of youth associations, workshops, etc. The Youth Center has three floors, including a computer room, an exhibition room and three spaces for youth use. OMIX Ribadavia belongs to the Galician Youth Information Network (RIX) of the Xunta de Galicia.

Así foi o obradoiro Debuxa con la do pasado venres 21 do Agosto! 🧶🎨14 persoas participaron neste taller creativo, no que...
02/09/2026

Así foi o obradoiro Debuxa con la do pasado venres 21 do Agosto! 🧶🎨

14 persoas participaron neste taller creativo, no que exploramos novos materiais e novas maneiras de debuxar. Primeiro, deseñamos a idea a lapis e, despois, fomos colocando a la sobre as táboas, utilizando unha mestura de cola e auga para ir dando forma a un debuxo do máis colorido. 🌈

Moitas grazas a todas as persoas que participastes e, por suposto, grazas a Madejas Tejerlo por ensinarnos novas técnicas e por ofrecernos este espazo para experimentar e crear. 💜

👀 Quedade atentos/as porque axiña chegarán novos obradoiros!

🇮🇹 VOLUNTARIADO EUROPEO EN PUGLIAAs candidaturas para os proxectos do Corpo Europeo de Solidariedade seguen abertas! 🌍Qu...
18/08/2026

🇮🇹 VOLUNTARIADO EUROPEO EN PUGLIA

As candidaturas para os proxectos do Corpo Europeo de Solidariedade seguen abertas! 🌍

Queres vivir unha experiencia de voluntariado en Puglia, no sur de Italia?

Poderás participar en proxectos en escolas, centros para persoas con discapacidade, centros para persoas maiores ou nunha granxa social creada en terreos confiscados á mafia. 🌱

Unha oportunidade para colaborar en proxectos sociais, coñecer novas realidades e medrar tanto a nivel persoal como profesional. ✨

👉 Consulta todos os proxectos e a información para presentar a túa candidatura https://www.incomolfetta.eu/stay-active-volunteer-vol-5/

O Club de Debuxo e Madejas Tejerlo unímonos para ofrecervos un obradoiro no que debuxaremos con la e aprenderemos a expe...
13/08/2026

O Club de Debuxo e Madejas Tejerlo unímonos para ofrecervos un obradoiro no que debuxaremos con la e aprenderemos a experimentar artisticamente con outros materiais. 🧶🎨
Venres 21 do Agosto
10:30h
Rúa San Martiño 37, Ribadavia.

A actividade está aberta a todos os públicos e non é necesario estar inscrito no Club de Debuxo.

⚠️ Prazas limitadas!
Inscrición en: https://forms.gle/MyjZrSEM2WDjdKgr5

✨ A recta final dunha experiencia que deixa pegada en Ribadavia! 🌾🏛️Estes días estamos a vivir os últimos momentos do Ca...
11/08/2026

✨ A recta final dunha experiencia que deixa pegada en Ribadavia! 🌾🏛️

Estes días estamos a vivir os últimos momentos do Campo de Voluntariado organizado pola OMIX Ribadavia xunto a Sustinea grazas ao financiamento da Dirección Xeral de Xuventude Galicia da Xunta de Galicia.

Foron xornadas intensas de aprendizaxe e convivencia onde a mocidade participante non só adquiriu competencias e habilidades clave, senón que tivo a oportunidade de coñecer a fondo o noso territorio, a nosa identidade e a riqueza do noso patrimonio.

Queremos aproveitar para render un sincero e merecido agradecemento a todos os activos locais que fixeron posible o éxito deste proxecto:

🏛️ A PilarNúñez, directora do MUSEO ETNOLOXICO RIBADAVIA e do Museo do Viño de Galicia, pola súa dispoñibilidade e apoio constante.

📜 Á Festa da Istoria de Ribadavia e á Oficina de Turismo Ribadavia por amosarlle aos voluntarios a alma e a historia da nosa vila.

🤝 Ao persoal e concellerías de Xuventude, Cultura e Obras do Concello de Ribadavia polo traballo e a axuda loxística do día a día.

♨️ Ás Termas de Prexigueiro por ofrecerlles un espazo único de descanso e benestar.

📸 Deixámosvos nesta galería un resumo en imaxes dos mellores momentos, risas e traballo en equipo desta experiencia.

A mocidade chegada dende Italia, Francia, México e diferentes puntos de España estarán connosco ata maña. Seguimos ao 100% traballando con eles para que leven o mellor récordo posible de Ribadavia e que, no futuro, volvan visitar a nosa vila xunto coas súas familias e amizades.

Grazas a todas e todos por sumar neste proxecto! 💚🌍

¿Tes unha idea pero non sabes como convertela en algo real? Do 24 ao 27 de setembro, vive unha experiencia intensiva de ...
06/08/2026

¿Tes unha idea pero non sabes como convertela en algo real?

Do 24 ao 27 de setembro, vive unha experiencia intensiva de 4 días para transformar a túa idea nun MVP coa axuda da Intelixencia Artificial, sen necesidade de saber programar.

🚀 Aprenderás a utilizar ferramentas como ChatGPT, Lovable, Gamma e moitas máis para dar forma ao teu proxecto.

👥 Dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos de Galicia e do Norte de Portugal.

🏡 Aloxamento e manutención incluídos.
🆓 Participación gratuíta.
📅 Inscricións abertas ata o 16 de agosto.

🔗 Inscríbete en:
https://apunta.xunta.gal/gl/form/canteiria-programa-ia-mocidade

Onte celebramos a recepción oficial da mocidade participante no Campo de Voluntariado Internacional "Viaxe pola Istoria"...
05/08/2026

Onte celebramos a recepción oficial da mocidade participante no Campo de Voluntariado Internacional "Viaxe pola Istoria", unha iniciativa organizada dentro da Campaña de Verán de Xuventude Galicia en colaboración co Concello de Ribadavia ( OMIX Ribadavia e coa participación de Sustinea.

Durante os próximos días, mocidade de diferentes lugares compartirán experiencias, traballarán na preparación da Festa da Istoria de Ribadavia e participarán en actividades culturais e de convivencia abertas á veciñanza.

📢 E recordade: aínda estades a tempo de anotarvos ás actividades abertas ao público !

🎭 Xogo de Rol en Vivo: "Ribadavia, 1487: O Escudo Borrado"
📅 Sábado, 8 de agosto ás 19:00 h.
Unha aventura ambientada no século XV na que a veciñanza e o voluntariado resolverán os enigmas do Condado de Ribadavia. Recoméndase acudir con vestimenta inspirada na época. A inscrición inclúe unha fianza de 5 € que será devolta o día da actividade.

🎬 Cine na Rúa e Activismo Rural
📅 Luns, 10 de agosto ás 17:00 h.
📍 Casa da Cultura de Ribadavia.
Unha sesión de curtametraxes de carácter social, en colaboración con Solidariedade Internacional Galicia, seguida dun espazo de reflexión sobre o activismo no medio rural e os retos globais actuais.

📩 Para máis información ou inscricións: [email protected] ou a través de .

Benvidas e benvidos a Ribadavia !

🎭 ROL EN VIVO | O ESCUDO BORRADO ⚔️🗓️ 8 de agosto🕖 19:00 h📍 RibadaviaXa comezou o Campo de Voluntariado do Concello de R...
04/08/2026

🎭 ROL EN VIVO | O ESCUDO BORRADO ⚔️

🗓️ 8 de agosto
🕖 19:00 h
📍 Ribadavia

Xa comezou o Campo de Voluntariado do Concello de Ribadavia (OMIX Ribadavia) en colaboración coa Festa da Istoria de Ribadavia e grazas ao apoio de e tamén da man de Sustinea, con algunhas actividades abertas ao público como por exemplo un xogo de rol.

Prepárate para vivir unha aventura de rol en vivo ambientada no Condado de Ribadavia de 1487. Investiga, negocia con outras faccións e decide o destino da historia nunha experiencia única.

👥 Podes participar en grupo (4–10 persoas) ou inscribirte de maneira individual. Se te apuntas só/a, asignarémosche unha facción.

🎟️ Reserva a túa praza por só 5 € de fianza (devolverase integramente o día do xogo).

📲 Inscríbete escaneando o código QR do cartel ou a través da ligazón da nosa biografía.

Non perdas esta oportunidade de formar parte da historia! ⚜️

Xa chegou a axenda cultural do mes de agosto, este mes vén cheo de actividades e eventos que nos deixarán un verán inesq...
31/07/2026

Xa chegou a axenda cultural do mes de agosto, este mes vén cheo de actividades e eventos que nos deixarán un verán inesquecible.

⭐Para máis información, non dubide en escribirnos.

📍Se queres aparecer na seguinte axenda cultural escribe a [email protected]

23/06/2026
OBRADOIRO | Sono e benestar xuvenil : claves para descansar mellorSabías que durmir ben inflúe directamente na túa enerx...
10/06/2026

OBRADOIRO | Sono e benestar xuvenil : claves para descansar mellor

Sabías que durmir ben inflúe directamente na túa enerxía, concentración, estado de ánimo e benestar diario? 🌙📱

Desde ToDoSueño chega un obradoiro dinámico e participativo dirixido a mozos e mozas de 15 a 25 anos, onde falaremos sobre a importancia do descanso e aprenderemos ferramentas prácticas para mellorar os nosos hábitos de sono.

💡 Durante o obradoiro abordaremos temas como:
• O impacto das pantallas e dos horarios irregulares
• Como funciona o sono e o ritmo circadiano
• Estratexias sinxelas para desconectar e descansar mellor
• A relación entre o sono, a concentración, a ansiedade e o benestar
• Rutinas realistas para mellorar o descanso no día a día

🫶 Será un espazo próximo, práctico e adaptado á realidade xuvenil, combinando información útil, dinámicas e reflexión grupal.

👩‍⚕️ Impartido por Lucía Moreda, terapeuta ocupacional especializada en dor crónica e sono.

📍 Aula CEMIT, Casa da Cultura, Ribadavia
📅 25.06.2026
⏰ 18:00 – 20:00
👥 Mozos e mozas de 15 a 25 anos – Da Balde

📝 Inscricións:
https://forms.gle/ZKethbYnmLqSt67d7

Agardámosvos ! 💜

Dirección

Rúa Porta Nova De Abaixo, Nº9
Ribadavia
32400

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 17:00
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando OMIX Ribadavia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a OMIX Ribadavia:

Atajos

Compartir