Ribeiro en Comun

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Ribeiro en Comun Colectivo veciñal e Grupo municipal no Concello de . Ribadavia Mellor, un Ribeiro en Común

Ribeiro en Común que expresar a súa dor polo falecemento de Xosé Manuel Beiras, referente político e intelectual do Pobo...
10/10/2026

Ribeiro en Común que expresar a súa dor polo falecemento de Xosé Manuel Beiras, referente político e intelectual do Pobo galego, figura destacada da Galicia contemporánea.

O noso máis sentido pésame e todo o noso cariño e apoio á súa familia, amizades e compañeiros e compañeiras nestes duros momentos.

Até sempre amigo Beiras, moitas grazas pola túa vida.

Viva o 🩵🤍

📸 Diário e Praza Pública

Morre con 87 anos, tras ser expulsada da súa Vivenda de aluguer de toda a vida, a cal pagaba.Morre tras estar os últimos...
07/10/2026

Morre con 87 anos, tras ser expulsada da súa Vivenda de aluguer de toda a vida, a cal pagaba.

Morre tras estar os últimos 8 anos de vida peleando por algo que debería ser un dereito. Os seus últimos 14 días de vida tivo que vivir esta terrible experiencia, e por riba ver como panfletos e cretinos sen a mínima empatía, a difamaban en televisión, redes sociais e prensa.
O seu delito querer morrer na casa onde viviu toda a vida.

Descanse en paz.
Que non descansen os que fan posible que todos os días neste país moitas Mari Carmen sexan expulsadas dos seus alugueres para que grandes empresas poidan especular ao mellor postor. Que non nos confundan, que non confronten a inquilinos con pequenos propietarios que alugan as súas vivendas compradas con moito traballo. Isto Vai de multinacionais, a maioria estranxeiras, que invirten nas nosas cidades para especular, expulsando aos veciños de toda a vida.

Foi violencia sistémica, violencia diaria en todo o Estado, onde as Comunidade autónomas teñen Unha competencia que non queren exercer en favor do pobo e as clases traballadoras. Para estas administracións, quen non poida ter Unha Vivenda digna que se f**a.

O debate sobre a situación da Vivenda é máis complexo, pero tratar aos nosos maiores coa dignidade que merecen é moi simple, e debera ser obrigado.

«Todos os españois teñen dereito a g***r dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo de acordo co interese xeral para impedir a especulación.»
Constitución do 78, que o réxime do 78 anula coas súas políticas.

Basta xa.

DEP Mari Carmen.

⚠️ℹ️ Alerta de estafa.  A medio ano das eleccións volven as promesas Trileiras.A nefasta xestión no Concello teñen que t...
01/10/2026

⚠️ℹ️ Alerta de estafa.

A medio ano das eleccións volven as promesas Trileiras.

A nefasta xestión no Concello teñen que tapala con promesas e anuncios de obras que xa se fixeran hai anos.

Cando o anterior goberno estaba realizando a obra das novas beirarrúas en San Cristovo, o PP dixo que en 2023 ían comezar a segunda fase (do cruce do colexio ate o cemiterio) de maneira inminente.

4 anos despois vemos que mentiron, como xa avisáramos moitos.

A realidade, o anterior goberno, sen maioría absoluta e con pouco tempo, fixemos bastante máis.

O actual goberno prometeu moito, pero pouco fixo no dobre de tempo que estivemos nós.

Poucos feitos, pero os que falaban de trilerismo continúan coas promesas incumpridas.

Ribadavia merece algo mellor.



📸ℹ️⚠️ A degradación foi progresiva, o abandono é unha constante.Só pedimos que fagan un pouco do que Ribeiro en Común fa...
29/09/2026

📸ℹ️⚠️ A degradación foi progresiva, o abandono é unha constante.
Só pedimos que fagan un pouco do que Ribeiro en Común facía no casco histórico no anterior goberno.

👉 Volvemos demandar ao alcalde e o seu goberno realicen as tarefas de coidado mínimas.

Queren gobernar en Carballeda e non son capaces de atender Ribadavia.

Desde cremos que pode ser unha cousa mellor.

.

⚠️📸 Ribeiro en Común volve reclamar o coidado do parque do “Campo da Feira” e da área de autocaravanas de Ribadavia.Non ...
28/09/2026

⚠️📸 Ribeiro en Común volve reclamar o coidado do parque do “Campo da Feira” e da área de autocaravanas de Ribadavia.

Non é de recibo o abandono constante do goberno local a este espazo moi usado por visitantes e veciños.

Está sendo unha constante nesta lexislatura a deixadez e abandono das funcións do goberno local en limpeza e mantemento de espazos públicos.

👉 O goberno máis caro da historia e o máis numeroso con maioría absoluta, é paradóxicamente o que menos traballa e supervisa o estado dos espazos públicos.

Non dan atendido o núcleos do noso municipio, e din que queren gobernar en Carballeda.

Reiterámoslle ao alcalde e ao seu goberno que rectifiquen a súa xestión e comecen a coidar os espazos públicos.
Reiterámoslles, así mesmo, que fagan cumprir a normativa de estacionamento e tráfico nesta zona.

ℹ️ 📸 Imaxes de varias fin de semanas, a última de onte.
Estamos recibindo queixas de veciños e visitantes.

pode ser unha cousa mellor.


🗞️ℹ️ La Voz de Galicia. Edición Ourense  reclama que a Residencia de   continúe sendo pública, diante da afirmación do a...
27/09/2026

🗞️ℹ️ La Voz de Galicia. Edición Ourense

reclama que a Residencia de continúe sendo pública, diante da afirmación do alcalde que a pon en risco, admitindo este que pasará a ser privada se a Xunta así o decide.

ℹ️ Máis información 👇
https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/ourense/ribadavia/2026/09/24/ribadavia-condicionara-tener-residencia-ancianos-modelo-gestion-publico/00031790284543830461650.htm?utm_campaign=amp

Os dereitos básicos deberan estar garantidos para todos.
Os políticos da Xunta e Concello non deberan excluír aos veciños en función de se poden pagar máis de 2.000 euros ao mes para os seus maiores.

debe defender a súa residencia.


📢 Este xoves 1 de outubro volven as asembleas abertas de Ribeiro en Común.ℹ️ Abordaremos asuntos de moita importancia pa...
26/09/2026

📢 Este xoves 1 de outubro volven as asembleas abertas de Ribeiro en Común.

ℹ️ Abordaremos asuntos de moita importancia para Ribadavia e o , como a situación da Residencia de maiores ou o proceso de unificar Carballeda, informando con datos reais e desmontando a propaganda e as falsas promesas do PP.

Ven e participa!! Unha Ribadavia mellor e un Ribeiro en Común son posibles.

📅 Xoves 1 de outubro ás 20h.
📍 Casa Cultura de


⚠️ℹ️ Estamos en Pleno, no debate da nosa Moción en defensa da Fundación Nosa Señora dos Anxos.Diante da preocupación man...
24/09/2026

⚠️ℹ️ Estamos en Pleno, no debate da nosa Moción en defensa da Fundación Nosa Señora dos Anxos.

Diante da preocupación manifestada polo noso grupo sobre a xestión privada da Residencia anunciada pola Xunta, o alcalde, e presidente da Fundación da Residencia pública, ven de afirmar que "eles non van condicionar a nova residencia ao MODELO DE XESTIÓN".

O que significa que aceptará unha Residencia Privada que substitúa a Residencia actual Pública.

👉 Reclamamos reunión urxente do Padroado da Fundación para aclarar esta afirmación altamente preocupante.

E Reiteramos o que dixo o noso portavoz no Pleno :
"se vai ser privada, entón Ribadavia xa non terá unha Residencia de maiores, como hoxe ten, haberá unha Residencia privada en Ribadavia, pero xa non será de Ribadavia".

👉 A obriga da alcaldía, como Presidente do Padroado, é defender a natureza social e función pública actual da nosa Residencia, do contrário debe abandonar a presidencia.

👉 O alcalde ao final do mesmo sen saber por onde saír na quenda de preguntas, e sen argumentos, disolveu o Pleno.

👉 Que non conte o alcalde que este tema tan grave acaba aquí. #
merece unha Residencia pública e social, accesible para todas as familias. Non podemos permitir que privaticen un servizo tan básico.

Seguiremos nesa defensa básica.



📢 Hoxe é día de Pleno en Ribadavia. ⏰ Ás 20h en directo polo web ribadavia.gal ou no salón de plenos da Casa do Concello...
24/09/2026

📢 Hoxe é día de Pleno en Ribadavia.
⏰ Ás 20h en directo polo web ribadavia.gal ou no salón de plenos da Casa do Concello.

ℹ️ Ribeiro en Común levamos 3 mocións:

1.-Ribeiro en Común leva ao Pleno de setembro a reivindicación da Fundación da Residencia de maiores de Ribadavia e o seu carácter público e social.

Ribeiro en Común presenta unha nova iniciativa no Pleno para a defensa da Fundación Nosa Señora dos Anxos, que xestiona a actual Residencia de Ribadavia. Facémolo tras o anuncio realizado esta semana pola Xunta de que Ribadavia será unha das 25 localidades nas que a Administración autonómica fará novas Residencias de Maiores, anuncio que sinala ademais que, só o 60% das prazas destas novas residencias serán públicas, algo que nos parece moi preocupante, fundamentalmente porque en Ribadavia a nosa Residencia actual, xestionada pola Fundación Nosa Señora dos Anxos, ten un carácter público e de asistencia social.
Un servizo básico e fundamental que toda a sociedade de Ribadavia debe defender.

2.-Demandamos o arranxo do Monumento prerrománico de San Xes de Francelos.

Ribeiro en Común leva ao Pleno a mala situación do Monumento, e reclama que o Concello impulse a súa mellora e conservación, na que debe involucrar a Deputación e Xunta.

3.- Demandamos que o alcalde cese no seu empeño de asimilar Carballeda desde os despachos, con obxectivos unicamente electorais na Deputación, e se abra o debate á toda a sociedade. A necesidade de cooperación e unidade debe abrirse a todos os concellos da comarca: A ARNOIA, CENLLE, MELÓN, CASTRELO, LEIRO E BEADE, ENTRE OUTROS.

Unha mellor e un Ribeiro en Común son posibles.


⚠️ℹ️ Ribeiro en Común pide unha rectificación do Convenio para a obra da Praza de Abastos e a moderación do gasto.O inte...
23/09/2026

⚠️ℹ️ Ribeiro en Común pide unha rectificación do Convenio para a obra da Praza de Abastos e a moderación do gasto.

O interventor “advirte que o convenio comporta un risco para a Tesourería municipal en 2027”.

Este Convenio da praza de abastos, xunto ao convenio do “museo” no antigo Consello Regulador, e a subida de salarios contemplada na RPT, vai deixar as arcas municipais en serias dificultades para o 2027.

Por todo isto, demandamos un cambio de convenios, que supoña que a parte económica que debe poñer o Concello en ambos Convenios coa Xunta sexan adiantados a través da cooperación da Deputación provincial, ou ben se modifiquen os convenios nos que se rectifique este adianto, tal e como advirte o INTERVENTOR MUNICIPAL no seu informe.

ℹ️👉 O Interventor municipal advirte do perigo de que o Concello teña que adiantar o pago e xustificación da obra, o que en palabras do interventor “debe facer un novo Plan de pago”, para evitar o colapso da tesourería municipal.

Ribeiro en Común rexeita o convenio do Concello e Xunta para a obra da Praza de Abastos, e demanda rectificacións no proceso de pagamento, xa que é un “caramelo envelenado” que vai deixar a tesouraría tocada.

En 2027 non sabemos quen vai estar gobernando o Concello de Ribadavia, pero o que si sabemos é que o novo goberno, que decidan os veciños nas urnas, vai comezar a lexislatura coas contas hipotecadas. Así o advirte o informe de intervención, se non se rectifican os convenios previstos coa Xunta e a subida de salarios do persoal municipal.
O informe de intervención é preocupante e deixa claro a falta de responsabilidade deste goberno. O Goberno local de Ribadavia vai hipotecar o Concello para o ano 2027, se non se rectifica, tanto a forma de pago e xustificación deste Convenio, para a reforma interior da praza de Abastos, como tamén o Convenio para arranxar o antigo Consello Regulador.

ℹ️👉 En 2027 o Concello de Ribadavia vai subir os seus gastos por encima das súas posibilidades, pola mala planificación de salarios e pola firma de convenios abusivos. Este enorme gasto ven derivado de:

- Unha subida total en salarios para 2027 de arredor de 500 mil euros máis a cargo das arcas municipais, derivada da aprobación da RPT.

- 448 mil euros da obra da Praza de Abastos , derivada dos 160 mil euros que ten que poñer o Concello máis o 20% de 1.440.000 euros, que tamén ten que adiantar o Concello, do total que poñen Xunta e Deputación.

- Unha cantidade semellante, arredor de 400 mil euros, que tamén ten que adiantar o Concello para o edificio do antigo Consello Regulador, a través do Convenio coa Xunta e AGADER.

De non rectificarse os convenios, ou non facelo como pide Ribeiro en Común a través da Deputación, a única solución do goberno local será acudir a prestamos bancarios, o que supón a hipoteca do Concello por parte do PP, cando o actual goberno viuse favorecido pola amortización e finalización do principal crédito que tiña o convenio, rematado en 2023.



Dirección

PRAZA MAIOR, 4 RIBADAVIA
Ribadavia
32400

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Ribeiro en Comun publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Ribeiro en Comun:

Atajos

Compartir