Asociación Ridimoas

Asociación Ridimoas Ridimoas é un bosque autóctono sito en Beade (Ourense), convertido en Refuxio de Fauna grazas ao esforzo da Asociación do mesmo nome, fundada en 1988.

Todo empezou en 1977 cando o actual presidente, Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén), decide impulsar a actividade extraescolar "Aula Verde" da antiga Universidade Laboral de Ourense. Nunha primeira fase logrouse sensibilizar ós alumnos/as na conservación da natureza, especializandose na rehabilitación de fauna silvestre. Para esta actividade mantiñase unha estreita relación coa xefatura provincial

do Icona. O terceiro posto acadado na fase nacional do Premio Holanda premiou o labor conservacionista dos alumnos en favor das aves de presa. A partir daquí a mellora nos habitas das especies protexidas sería o norte das actuacións, comprendendo que a mellor maneira de aumentar o espacio vital da fauna silvestre era restaurar os montes que desde había anos viñan sufrindo o efecto devastador dos incendios forestais. En 1988 a "Aula Verde" recibe o premio nacional: Ano Europeo de Medio Ambiente, patrocinado por Plus Ultra. Dito premio dotado con 500.000 pts permitiu fundar a Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas, coa intención de mercar as terras que conforman o espacio forestal ribeirán de Ridimoas. Desde entón vense comprando, aproximadamente, unha hectárea por ano, controlando un total de cerca de 300 hectáreas acollidas a figura de protección de Refuxio de Fauna. A labor conservacionista levada a cabo por Ridimoas nos seus anos de existencia foi recoñecida con moitos premios, entre os que destacan: Unesco, Bandeira Verde de Galicia e Félix Rodríguez de la Fuente. Na actualidade somos 1.158 socios/as que pagan unha cota mínima de 20€ ao ano, que os converten en propietarios fiscais das terras adquiridas. Tipo de Bosque: Bosque de transicción entre a Rexión Floral eurosiberiana e a Rexión Floral mediterránea, con clima oceánico-mediterráneo, en altitudes comprendidas entre os 80 e 300 m.s.n.m. ; na comarca do Ribeiro, na provincia de Ourense (Galicia). O climax do bosque estaría formado por carballeira de Quercus robur e Quercus pyrenaica con sobosque de rascacú (Ruscus aculeatus), érbedo (Arbutus unedo), distintas especies de fentos, etc; con pés relictos de cerdeira de acios (Prunus padus).

🌿 Aínda que podemos atopar pés de sanguiño (Frangula alnus Miller) en distintas partes de Ridimoas, é na paraxe da Barba...
30/08/2026

🌿 Aínda que podemos atopar pés de sanguiño (Frangula alnus Miller) en distintas partes de Ridimoas, é na paraxe da Barbaña, entre os termos municipais de Beade e Leiro onde este arbusto é máis abundante.

🫐🐦 Dende hai días, os froitos das pólas de sanguiño expostas ao sol, xa presentan bagas maduras lustrosas de cor negra, mentres que as máis sombrizas aínda manteñen o ton avermellado. Dentro de cada baga ben formada atopamos entre dúas e tres sementes negras, de catro ou cinco mm de eixe maior, que son espalladas polos paxaros tras dixerir a polpa.

✍️📖 No poema, Nouturnio, Curros Enríquez especif**a o vexetal contra o que se arrimaba un vello:

"𝑈𝑛 𝑣𝑒𝑙𝑙𝑜, 𝑎𝑟𝑟𝑖𝑚𝑎𝑑𝑜 𝑛𝑢𝑛 𝑝𝑎𝑢 𝑑𝑒 𝑠𝑎𝑛𝑔𝑢𝑖ñ𝑜, 𝑜 𝑚𝑜𝑛𝑡𝑒 𝑎𝑡𝑟𝑎𝑣𝑒𝑠𝑎 𝑑𝑒 𝑐𝑎𝑟𝑎 ó 𝑝𝑖ñ𝑎𝑟:
𝑉𝑎𝑖 𝑐𝑎𝑛𝑠𝑜; 𝑢𝑛𝘩𝑎 𝑝𝑒𝑑𝑟𝑎 𝑡𝑜𝑝𝑜𝑢 𝑛𝑜 𝑐𝑎𝑚𝑖ñ𝑜 𝑒 𝑛𝑒𝑙𝑎 𝑠𝑒𝑛𝑡𝑜𝑢𝑠𝑒 𝑝𝑟𝑎 𝑓𝑜𝑙𝑔𝑜𝑠 𝑡𝑜𝑚𝑎𝑟".

20/08/2026

Tras el incendio que en agosto de 2025 entró al bosque, este verano la reserva botánica afronta la sequía y la muerte diferida de parte de sus árboles por esta causa, mientras protege la fauna y apuesta por una recuperación sin prisas

13/08/2026

🐺 El lobo es una especie clave para el equilibrio de los ecosistemas. Su presencia ayuda a regular las poblaciones de herbívoros y favorece el buen funcionamiento de los procesos naturales. Conocerlo es el primer paso para conservarlo.

10/08/2026

🐾 O territorio da algaria (Genetta genetta) en Ridimoas.

🌳 ​As carballeiras que resisten son fundamentais para a biodiversidade dentro do bosque. Manter a fauna nestas zonas é crucial para a rexeneración natural do medio, xa que especies como a algaria cumpren un papel indispensable como dispersoras da flora autóctona.

📷 ​Continuamos observando como a algaria segue aparecendo desde hai uns meses nas imaxes das cámaras de fototrampeo, xunto aos carballos.

🌿 Preservar este equilibrio require un traballo constante e un coñecemento do terreo para evitar a perda de biodiversidade.

🦝🐾 En Ridimoas continuamos con bebedoiros e comida suplementaria desde o incendio para axudar ao bosque nesta nova etapa. Porque os espazos forestais sen fauna non son bosques.

11/07/2026

GAÑOU A VIDA! 💚

Hoxe celebramos un paso moi importante: a Xunta anunciou o arquivo do proxecto da macrocelulosa de Altri no corazón de Galicia.

É unha vitoria de milleiros de persoas que durante case catro anos saíron ás rúas, defenderon o territorio e demostraron que este proxecto nunca tivo licenza social.

Pero aínda non rematou. A empresa pode recorrer e seguimos esixindo á Xunta que dea o paso definitivo: enterrar este proxecto por incompatible coa vida.

Seguimos vixiantes. Seguimos organizadas. Seguimos defendendo a terra.

Altri Non. 💚🌿

🌿VOLUNTARIADO PARA RETIRAR EUCALIPTOS DO BOSQUE🌱✅ Compartimos algunhas imaxes do pasado 20 de xuño, xornada na que traba...
07/07/2026

🌿VOLUNTARIADO PARA RETIRAR EUCALIPTOS DO BOSQUE🌱

✅ Compartimos algunhas imaxes do pasado 20 de xuño, xornada na que traballamos na retirada de eucaliptos. Un grupo de 18 socias e socios estivo dedicando o seu tempo e esforzo a unha actividade de voluntariado moi necesaria para frear o avance do eucalipto.

🎯🌲 O obxectivo foi actuar no único punto do bosque onde aínda quedaba algunha destas árbores exóticas (plantadas antes de que a nosa asociación mercara a parcela) e que tralo incendio do ano pasado se están expandindo.

🌳 As persoas que viñeron a Ridimoas estiveron arricando estas árbores para axudar a que o monte autóctono recupere o seu espazo nesta parcela e frear a súa progresión no bosque.

🛠️ O traballo foi moito e sen dúbida fará falta realizar máis intervencións pero, grazas a este primeiro paso, o espazo forestal terá unha oportunidade.

Grazas a todas e todos por achegarvos e facelo posible. 🤝✨

19/06/2026

Novo varapau do TSXG á Xunta‼️🐺

O Alto Tribunal galego eleva ao Constitucional, a pedido das ecoloxistas, a trécola legal usada pola dereita e ultradereita para excluír o lobo do LESRPE, xa que podería vulnerar principios esenciais como o de non regresión ambiental.

👉Este auto é unha nova labazada xudicial á nefasta política ambiental da Xunta. Representa o fracaso da pinza coa que as forzas da dereita e ultradereita pretenderon subvertir a orde constitucional para captar o voto do agrotrumpismo estatal.

A responsábel de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, posicionada á marxe de toda evidencia científ**a, debe dimitir.

Toda a información: https://adega.gal/novas.php?id=1801&sec=7

Lobo vivo, lobo protexido!

Esta fin de semana visitáronnos do Colexio Compañía de Maria da Coruña.🌳🐞 Despois de faceren en decembro do ano pasado u...
15/06/2026

Esta fin de semana visitáronnos do Colexio Compañía de Maria da Coruña.

🌳🐞 Despois de faceren en decembro do ano pasado un mercado solidario co alumnado e con destino á nosa asociación, tralo incendio do verán pasado, este sábado viñeron visitarnos para coñeceren o noso traballo e a actividade de conservación e divulgación do patrimonio natural.

💚💜 Agradecemos ao profesorado todo o esforzo para educar ás novas xeracións e agardamos que gozaran da visita ao bosque.


14/06/2026

A Illa de Arousa f**a pequena para acoller a marcha contra Altri e a mina de cobre de Touro-O Pino. A protesta, que reúne 500 barcos e miles de persoas, marc...

08/06/2026

Dirección

Beade
32431

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Ridimoas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir