07/07/2026
📚✨ O Día das Letras Galegas 2027 estará adicado a Xosé Neira Vilas 💙🤍
O autor de Memorias dun neno labrego, o libro máis lido e traducido da literatura galega, recibirá a homenaxe máis importante das nosas letras.
Nado en Gres, foi labrego, carteiro por axuda do seu pai, migrante, editor, xornalista e un incansábel defensor da lingua e da cultura galegas. Dende Arxentina e Cuba levou Galiza polo mundo, creando editoriais, promovendo a literatura galega e dando voz á migración.
Nas súas obras deixou retratada a vida no rural, os soños, as dificultades e a forza da nosa xente cunha linguaxe sinxela, fermosa e inesquecíbel.
En 2027 celebraremos non só un escritor excepcional, senón tamén unha vida enteira adicada a facer que Galiza viaxase moito máis alá das súas fronteiras. 🌍📖
💬 E ti, liche algunha vez Memorias dun neno labrego?