GALP GOLFO Artabro NORTE

Llamar Cómo llegar Página web

GALP GOLFO Artabro NORTE Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro

Entidade colaboradora da Consellería do Mar para a xestión das AXUDAS do FEMP 2014-2020 no ámbito territorial que abarca dende Narón ata Paderne

🐟 Onte estivemos en Pontedeume cunha xornada informativa de Feito co Mar, un proxecto de cooperación impulsado por sete ...
05/11/2026

🐟 Onte estivemos en Pontedeume cunha xornada informativa de Feito co Mar, un proxecto de cooperación impulsado por sete GALP de Galicia para fomentar o emprendemento e a creación de novas oportunidades vinculadas á transformación dos produtos pesqueiros.

Grazas ao Concello de Pontedeume pola acollida e pola difusión, e a todas as persoas que se achegaron para coñecer o proxecto.

05/11/2026

Tendrán lugar, el próximo 4 de noviembre, en Pontedeume y Ferrol

Xa inauguramos! A exposición itinerante "A miña peixeira e máis eu" bota a andar en Ferrol!Hoxe tivemos o pracer de inau...
03/11/2026

Xa inauguramos! A exposición itinerante "A miña peixeira e máis eu" bota a andar en Ferrol!

Hoxe tivemos o pracer de inaugurar a primeira das nosas exposicións itinerantes no Espazo Gastronómico da Peixería de Ucha, en Ferrol. A mostra, que pon en valor o comercio local e a tradición mariñeira a través dos debuxos e collages do certame escolar, estará dispoñible alí ata o 12 de novembro.

As seguintes exposicións serán no Mercado Municipal de Mugardos do 16 ao 23 de novembro e no Mercado de Pontedeume, do 24 ao 30 de novembro.

Queremos expresar o noso agradecemento aos Concellos implicados, ás Confrarías de Pescadores de Ferrol, Mugardos e Pontedeume por achegar aparellos de pesca e marisqueo para enriquecer a mostra, á empresa local Galatea Ferrol SL pola súa colaboración, e a todos os centros educativos participantes:

Ferrol: CEE Terra de Ferrol, CPR San Rosendo, CEIP de Esteiro e CEIP Juan de Lángara.
Mugardos: CEIP Unión Mugardesa.
Pontedeume: CEIP Plurilingüe de Andrade.
Así como á candidatura espontánea do Estudo de Susana Bermejo (con alumnado do CPR San Rosendo, CPR Jesús Maestro e CEIP Cruceiro de Canido).
Achegádevos aos mercados a g***r da arte da nosa infancia e a apoiar o produto local! ️



📢 RECORDATORIO! MAÑÁ COMEZAN OS ENCONTROS INFORMATIVOS DE FEITO CO MAR! 🐟⚓Queres aprender a elaborar produtos de peixes ...
03/11/2026

📢 RECORDATORIO! MAÑÁ COMEZAN OS ENCONTROS INFORMATIVOS DE FEITO CO MAR! 🐟⚓

Queres aprender a elaborar produtos de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, patés ou desecados? Gustaríache explorar novas oportunidades de formación e emprendemento arredor dos produtos do mar?

🌊 O GALP Golfo Ártabro Norte convídate a participar nos encontros informativos de Feito co Mar – Transformación e valorización do produto pesqueiro, un proxecto de cooperación coordinado polo noso GALP no que participan sete GALP de Galicia.

💡 Estamos a traballar na posta en marcha dos Viveiros Formativos de Emprendemento, que contarán con dous programas en 2027, un de iniciación e outro de profesionalización, para aprender, experimentar e desenvolver novas ideas de negocio a partir dos produtos do mar.

Nestes encontros informativos poderás:

📌 Coñecer a programación e as datas dos Viveiros Formativos.
📌 Descubrir en que consisten os Espazos de Traballo Colaborativo como modelos de emprendemento, a través de exemplos prácticos.
📌 Resolver dúbidas, compartir ideas e reservar a túa praza nos Viveiros.

📅 CALENDARIO DE ENCONTROS

📍 PONTEDEUME
Mércores 4 de novembro | 12:30 h
Casa da Cultura (Paseo de Raxoi, 1).

📍 FERROL
Mércores 4 de novembro | 16:30 h
Sala Curuxeiras – Autoridade Portuaria (Peirao de Curuxeiras, s/n).

📍 MIÑO
Xoves 5 de novembro | 17:00 h
Casa do Pescador (Rúa Curro, 33).

📍 PADERNE
Xoves 5 de novembro | 19:00 h
Casa do Concello (Consistorio, 14).

🤝 Anímate a participar e descubre novas oportunidades arredor da transformación dos produtos do mar!

ℹ️ Máis información e contacto:

🔗 https://i.gal/feitocomar
📧 [email protected]
📞 627 570 950

Proxecto de cooperación cofinanciado pola Unión Europea e pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do FEMPA.

#

🎨🐟 176 grazas! Xa temos todo listo para a exposición itinerante "A miña peixeira e máis eu" 🏫✨No marco do Plan de Animac...
02/11/2026

🎨🐟 176 grazas! Xa temos todo listo para a exposición itinerante "A miña peixeira e máis eu" 🏫✨

No marco do Plan de Animación 2026 do GALP Golfo Ártabro Norte, puxemos en marcha o Certame escolar de debuxo "A MIÑA PEIXEIRA E MÁIS EU. EXPOSICIÓN ITINERANTE NOS MERCADOS MUNICIPAIS".

O pasado venres 30 de outubro, a biblioteca do Centro Cívico de Canido acolleu a reunión do xurado para valorar as 176 obras presentadas entre debuxos e collages. Queremos agradecer profundamente a implicación e o criterio do noso xurado: 🔹 Pepe Barro, deseñador. 🔹 Sofía Piñeiro, artista visual. 🔹 Carme Romero, directora do Museo Pérez Porto.

E moi especialmente a todos os centros escolares e entidades participantes polo seu gran traballo: 🏫 Ferrol: CEE Terra de Ferrol, CPR San Rosendo, CEIP de Esteiro e CEIP Juan de Lángara. 🏫 Mugardos: CEIP Unión Mugardesa. 🏫 Pontedeume: CEIP Plurilingüe de Andrade. 🎨 Así como a candidatura espontánea do Estudo de Susana Bermejo (con alumnado do CPR San Rosendo, CPR Jesús Maestro e CEIP Cruceiro de Canido).

🗓️ Onde e cando poderedes ver a exposición itinerante? 📍 Mercado de Ucha de Ferrol: Do martes 3 ao martes 10 de novembro. 📍 Mercado Municipal de Mugardos: Do luns 16 ao luns 23 de novembro. 📍 Mercado de Pontedeume: Do martes 24 ao luns 30 de novembro.

Para completar as exposicións, contamos coa colaboración das Confrarías de Pescadores de Ferrol, Mugardos e Pontedeume, que achegarán aparellos de pesca e marisqueo que formarán parte da mostra.

Achegádevos aos mercados a g***r da arte da nosa infancia e a apoiar o comercio local! 🌊💙

  e Sabores de Pontedeume # bota a andar!                                                  O sábado pasado puidemos desf...
30/10/2026

e Sabores de Pontedeume # bota a andar!
O sábado pasado puidemos desfrutar dunha andaina interpretativa do patrimonio pesqueiro no Concello de Pontedeume, actividade dentro do proxecto Creación de produto turístico artesanal pesqueiro e Sabores de Pontedeume #, que finalizou cun obradoiro e degustación de ostras e sardiña da confraría de Pontedeume, que puidemos probar en diferentes receitas!

Concello de Pontedeume Cofradía De Pescadores Virgen Del Carmen Pontedeume

🌊 Queres aprender a elaborar produtos de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, patés, desecados e moitos...
27/10/2026

🌊 Queres aprender a elaborar produtos de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, patés, desecados e moitos outros? Gustaríache emprender no sector da transformación do produto pesqueiro?
Feito co Mar: novas oportunidades de emprendemento a partir da transformación do produto pesqueiro, proxecto de cooperación promovido polos GALP galegos.
⚓️ O GALP Golfo Ártabro Norte convídate a participar nos encontros informativos de Feito co Mar, un proxecto para fomentar o emprendemento a través da transformación do produto pesqueiro. 💡 Estamos a traballar na posta en marcha de Viveiros Formativos de Emprendemento, que contarán con dous programas en 2027.
Nestes encontros informativos poderás:
📌 Coñecer a programación detallada e datas dos Viveiros Formativos.
📌 Saber en que consisten os Espazos de Traballo Colaborativo como modelos de emprendemento, con exemplos prácticos.
📌 Aclarar dúbidas, compartir ideas e reservar a túa praza nos Viveiros.

Calendario completo de encontros:
📅 Pontedeume
Mércores 4 de novembro| 12:30 h
Casa da Cultura (Paseo de Raxoi, 1) Concello de Pontedeume

📅 Ferrol
Mércores 4 de novembro | 16:30 h
Sala Curuxeiras (Autoridade Portuaria.
Muelle de Curuxeiras, s/n)

📅 Miño
Xoves 5 de novembro | 17:00 h
Casa do Pescador (Rúa Curro, 33, Miño)

📅 Paderne
Xoves 5 de novembro | 19:00 h
Casa do Concello (Consistorio 14, Paderne) Concello de Paderne

ℹ️ Máis información e contacto: i.gal/feitocomar
Correo: [email protected]
Teléfono: 627 570 950

🌊 Dous proxectos do Golfo Ártabro Norte, no Catálogo de Boas Prácticas do FEMPA 2026! 💙A Rede Española de Grupos de Pesc...
26/10/2026

🌊 Dous proxectos do Golfo Ártabro Norte, no Catálogo de Boas Prácticas do FEMPA 2026! 💙

A Rede Española de Grupos de Pesca (REGP) acaba de publicar a segunda edición do Catálogo de Boas Prácticas en Desenvolvemento Local Participativo do FEMPA 2026, que reúne 26 iniciativas de diferentes territorios costeiros de España.

👏 Entre elas figuran dous proxectos do noso territorio:

🦪 OSTRAS DO ÁRTABRO Un proxecto promovido polas Confrarías de Pescadores de Pontedeume e Barallobre, que apostan pola valorización da ostra e polo aproveitamento dos recursos do noso litoral.

🌊 ONDAS DE SAÚDE Unha iniciativa promovida polo Club Deportivo Náutico de Miño, que combina a actividade náutica coa promoción da saúde e do benestar.

💙 Parabéns ás entidades promotoras por este recoñecemento!

Os dous proxectos contaron co apoio do GALP Golfo Ártabro Norte, no marco das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) na convocatoria 2025.

📸 Compartimos as fichas dos dous proxectos incluídas no catálogo.

📖 Animámosvos a descubrir estas e outras boas prácticas de diferentes territorios costeiros de España!

🔗 Consulta o catálogo completo aquí:
https://regp.pesca.mapama.es/sites/default/files/2026-10/2026.10.19_CATLGO_BBPP_DLP%202026_web.pdf

Cofradía De Pescadores Virgen Del Carmen Pontedeume Cofradia de Barallobre Cdn Miño

Dirección

Rúa Curro 33
Miño
15630

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 14:30
Jueves 08:00 - 14:30
Viernes 08:00 - 14:30

Teléfono

981784417

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando GALP GOLFO Artabro NORTE publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos


Otros Organización sin ánimo de lucro en Miño

Ver Todo