10/06/2026
PALESTRA INFORMATIVA EN SOLIDARIEDADE “5 DE ULM”
Actualmente, en Alemaña hai 5 persoas presas políticas pola súa solidariedade con Palestina, coñecidas como Ulm 5. Nesta palestra falaremos deste grupo activista, do aumento da represión por parte do Estado alemán, cada vez máis encamiñado cara a formas autoritarias contra o movemento de solidariedade coa Palestina, e de como todo isto nos atravesa tamén aquí, na Galiza.
A palestra será impartida por Greta , compañeira do colectivo Baixo Miño con Palestina, quen sufriu en primeira persoa a represión contra a solidariedade con Palestina en Alemaña e achegará unha mirada directa sobre o que está a acontecer.
19:00h – Asemblea aberta do colectivo (aberta a todas as persoas interesadas)
20:00h – Palestra informativa
Luns 15 de xuño
CS Fuscalho (s/n Punta Xenete, A Guarda)