GALP Golfo Ártabro Sur

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

GALP Golfo Ártabro Sur Nesta páxina achegaremos información do GALP Golfo Ártabro Sur e da Convocatoria de axudas FEMPA

04/11/2026

Xa está aquí o boletín de outubro do GALP Golfo Ártabro Sur!
Un mes de encontros, iniciativas e proxectos que seguen impulsando o desenvolvemento noso territorio arredor do mar.
📰 Neste número repasamos a visita do GALP Ibiza-Formentera, a experiencia mariñeira Fillos do Mar en Sada, os avances de Pesca Saúde e o traballo polo futuro das comunidades pesqueiras, entre outras novidades.
Ademais, adiantamos a axenda de novembro, con novas oportunidades de emprendemento, actividades e encontros para seguir construíndo futuro desde o territorio.
👉 Le o boletín completo aquí: https://sh1.sendinblue.com/mk/sc/Ptt94Xm8r-_txmx2dlCmW1DTD8CuBpfk5QCSSr-C9-eUf9lDTNOU-PrQXWd9lo91zTvXQtGsXNxifvQKn7xRD3piaKVDWQ?t=1793799226727

Tes unha idea de negocio relacionada coa transformación de peixes e mariscos? Gustaríache aprender a elaborar conservas,...
02/11/2026

Tes unha idea de negocio relacionada coa transformación de peixes e mariscos? Gustaríache aprender a elaborar conservas, salgados, afumados, patés ou outros produtos do mar?
⚓️ O GALP Golfo Ártabro Sur convídate a participar nestes encontros para coñecer de primeira man os Viveiros Formativos de Emprendemento que se porán en marcha en 2027 e descubrir novas posibilidades para emprender no sector pesqueiro.
📍 Próximas citas:
📅 Venres 6 de novembro
▪️ 9:30 h | A Coruña – CIFP Paseo das Pontes
▪️ 19:00 h | Oleiros – Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo
📅 Luns 9 de novembro
▪️ 16:00 h | Sada – Casa do Mar
▪️ 20:00 h | Arteixo – Centro Tecnolóxico de Arteixo
💡 Poderás coñecer os programas formativos, descubrir os espazos de traballo colaborativo e resolver as túas dúbidas para dar os primeiros pasos cara ao emprendemento.
📩 Máis información e contacto:
🔗 i.gal/feitocomar
✉️ [email protected]
📞 627 570 950 Anímate a descubrir novas oportunidades para transformar o produto do mar!

Onte tivo lugar en Madrid a Sesión Técnica da REGP 2026, un encontro para compartir experiencias, poñer en común boas pr...
30/10/2026

Onte tivo lugar en Madrid a Sesión Técnica da REGP 2026, un encontro para compartir experiencias, poñer en común boas prácticas e abordar os retos actuais e futuros dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro.
Ao longo da xornada tratáronse cuestións de interese para os GALP, como a valorización e promoción dos produtos pesqueiros locais, o futuro do desenvolvemento local participativo no novo Marco Financeiro Plurianual 2028-2034 e o traballo desenvolvido no marco de FAMENET.
A sesión estivo marcada polo diálogo e a participación, favorecendo o intercambio de ideas e experiencias entre os asistentes. Un espazo importante para seguir fortalecendo o traballo en rede dos GALP, compartir aprendizaxes entre territorios e avanzar na busca de respostas comúns aos desafíos das comunidades costeiras.
Desde o GALP Golfo Ártabro Sur, estes encontros permítennos coñecer outras experiencias, compartir o traballo que se desenvolve no noso territorio e seguir construíndo oportunidades para as comunidades pesqueiras.

🌊 Queres aprender a elaborar produtos de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, patés, desecados e moitos...
29/10/2026

🌊 Queres aprender a elaborar produtos de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, patés, desecados e moitos outros? Gustaríache emprender no sector da transformación do produto pesqueiro?
⚓️ O GALP Golfo Ártabro Sur convídate a participar nos encontros informativos de Feito co Mar, un proxecto para fomentar o emprendemento a través da transformación do produto pesqueiro.
💡 Estamos a traballar na posta en marcha de Viveiros Formativos de Emprendemento, que contarán con dous programas en 2027. Nestes encontros informativos poderás:
📌 Coñecer a programación detallada e datas dos Viveiros Formativos.
📌 Saber en que consisten os Espazos de Traballo Colaborativo como modelos de emprendemento, con exemplos prácticos.
📌 Aclarar dúbidas, compartir ideas e reservar a túa praza nos Viveiros. Calendario completo de encontros:
📅 OLEIROS | Venres 6 de novembro | 19:00 h Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo (Os Regos, 24)
📅 A CORUÑA | Venres 6 de novembro | 9:30 h CIFP Paseo das Pontes (San Pedro de Mezonzo, 4)
📅 SADA | Luns 9 novembro | 16:00 h Casa do Mar (Avenida do Porto, 21)
📅 ARTEIXO | Luns 9 novembro | 20:00 h Centro Tecnolóxico de Arteixo (Avda. Arsenio Iglesias, Parc. 46 Polígono de Sabón)
ℹ️ Máis información e contacto: i.gal/feitocomar Correo: [email protected] Teléfono: 627 570 950

Hoxe asistimos ao acto final do proxecto de cooperación «Relevo xeracional: o futuro do mar», un encontro para compartir...
28/10/2026

Hoxe asistimos ao acto final do proxecto de cooperación «Relevo xeracional: o futuro do mar», un encontro para compartir o traballo realizado ao longo do proxecto e reflexionar sobre un dos grandes retos do sector marítimo-pesqueiro: garantir a súa continuidade coa incorporación de novas xeracións.
A xornada reuniu persoas e entidades vinculadas ao sector para poñer en común experiencias, coñecementos e aprendizaxes das diferentes actuacións desenvolvidas, así como para dar voz a quen está a traballar para que a pesca teña futuro.
Un espazo para falar dos desafíos que afronta o sector, das oportunidades que poden facilitar a incorporación de novas persoas profesionais e da importancia de seguir traballando no relevo xeracional para manter viva a actividade pesqueira e as comunidades costeiras.

Como se construía un barco desde cero nunha carpintería de ribeira? 40 alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Mosteirón d...
27/10/2026

Como se construía un barco desde cero nunha carpintería de ribeira?
40 alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Mosteirón descubriron como era este oficio tradicional nunha visita ao Astaleiro de Ciprián, en Outes, no marco do proxecto de cooperación Relevo xeracional: o futuro do mar.
Acompañados por Nacho, guía turístico do Concello de Outes, percorreron arredor de 1,5 km pola zona litoral, descubrindo vestixios de antigas fábricas de salgadura e carpinterías de ribeira ata chegar a este antigo estaleiro, hoxe convertido en espazo museístico.
O máis interesante?
Antigamente, no Astaleiro de Ciprián encargábanse de todo o proceso: cortaban as árbores, serraban a madeira e preparábana para construír as embarcacións.
Un traballo artesanal no que cada fase formaba parte do propio estaleiro, sen depender doutros establecementos para conseguir a madeira xa preparada. Durante a visita tamén coñeceron os sancosmeiros, embarcacións tradicionais características desta zona, e a importancia da carpintería de ribeira na historia das comunidades costeiras.
Co proxecto Relevo xeracional: o futuro do mar, achegamos a mocidade aos oficios tradicionais e ao patrimonio marítimo, porque coñecer o pasado tamén axuda a comprender o presente e o futuro do sector.

Mañá martes 27 de outubro reunímonos na Cidade da Cultura para celebrar o acto final do proxecto de cooperación Relevo x...
26/10/2026

Mañá martes 27 de outubro reunímonos na Cidade da Cultura para celebrar o acto final do proxecto de cooperación Relevo xeracional: o futuro do mar.
Será un espazo para compartir os resultados do proxecto e, sobre todo, para reflexionar xuntos sobre un dos grandes retos do sector marítimo-pesqueiro: garantir o relevo xeracional e asegurar o futuro da pesca. Ao longo da xornada coñeceremos experiencias, boas prácticas e iniciativas que contribúen a achegar as profesións do mar ás novas xeracións, dando voz ás persoas que traballan cada día para que o sector siga tendo futuro.
📅 27 de outubro ás 17:00 h
📍 Sala Eisenman, Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
📝 Confirma a túa asistencia:
✉️ [email protected]
📞 633 33 54 63 (María) / 696 111 426 (Yolanda) Indica nome e apelidos, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto de cada persoa asistente.
💻 Tamén poderás seguir o acto en directo: https://www.youtube.com/live/Mrt-IFqz6cY

🐟🥗 Cociñar mellor, aproveitar o tempo e darlle máis protagonismo ao produto do mar!Esta semana tivo lugar en Sada a segu...
23/10/2026

🐟🥗 Cociñar mellor, aproveitar o tempo e darlle máis protagonismo ao produto do mar!
Esta semana tivo lugar en Sada a segunda edición do obradoiro de batchcooking do proxecto de cooperación Pesca Saúde, organizado polo GALP Golfo Ártabro Sur e coa colaboración do Concello de Sada.
Durante dúas sesións prácticas, as persoas participantes aprenderon a planificar e organizar as comidas da semana, preparar receitas sinxelas con produtos pesqueiros e aproveitar mellor os alimentos, sen renunciar ao sabor nin a unha alimentación equilibrada.
👨‍🍳 Lolo Mosteiro, cociñeiro de A Artesa da Moza Crecha, compartiu receitas e técnicas de cociña; Valeria Freijedo, nutricionista de Arela Saúde, achegou as claves para unha alimentación saudable; e Manuel Suárez explicou as especies de peixe de proximidade máis habituais nos mercados e as artes de pesca coas que se capturan.
Ademais de aprender trucos para conservar mellor os alimentos, reducir o desperdicio e aforrar tempo na cociña, as persoas asistentes recibiron material práctico para seguir aplicando todo o aprendido no seu día a día.
Unha experiencia para descubrir que incorporar máis peixe e produtos do mar á nosa alimentación pode ser máis sinxelo do que pensamos.

O MAR TAMÉN É FUTURO. DESCUBRE O TEU CAMIÑO.Estás pensando que estudar? Buscas unha saída profesional? Gustaríache traba...
22/10/2026

O MAR TAMÉN É FUTURO. DESCUBRE O TEU CAMIÑO.

Estás pensando que estudar? Buscas unha saída profesional? Gustaríache traballar no mar pero non sabes por onde comezar?

Do 21 ao 23 de outubro, o proxecto RELEVO XERACIONAL: O FUTURO DO MAR está presente en EDUGAL, a Feira Educativa de Pontevedra, cun stand propio.

Achegámosche todas as posibilidades que ofrece o sector marítimo-pesqueiro e amosámosche que non hai un único camiño para chegar ao mar.

🎓 Formación Profesional e FP Dual
⚓ Formación e titulacións profesionais para traballar no mar (formación básica, mariñeiro/a pescador/a, patróns, redeiras e outros cursos e acreditacións específicas do sector).
💼 Saídas laborais reais no sector marítimo-pesqueiro.

Porque o sector pesqueiro precisa novas xeracións, persoas formadas e novos profesionais que garantan o seu futuro. Un sector con tradición, pero tamén con novas oportunidades, tecnoloxía, innovación e emprego cualificado.

Se es estudante, docente ou orientador/a, estás decidindo que estudar, buscas unha nova oportunidade laboral ou simplemente queres coñecer mellor as profesións e posibilidades de formación que ofrece o mar, ven falar connosco.

Pásate polo noso stand en EDUGAL e descubre que camiño pode levarte ao mar. 🌊

📍 EDUGAL · Pontevedra
📅 21, 22 e 23 de outubro
🕙 De 10:00 a 18:00 h

👉 Agardámoste!

Máis información sobre a feira: EDUGAL – Feira Educativa de Pontevedra

Esta semana estamos en Cerdeña, coñecendo de preto o traballo que se fai noutros territorios costeiros e compartindo exp...
21/10/2026

Esta semana estamos en Cerdeña, coñecendo de preto o traballo que se fai noutros territorios costeiros e compartindo experiencias arredor da pesca e das comunidades costeiras.
A viaxe de estudos xunto co FLAG Nord Sardegna xa nos levou ao golfo de Asinara, onde saímos ao mar con pescadores para coñecer de primeira man o pescaturismo.
Tamén tivemos ocasión de intercambiar experiencias sobre a calidade e a regulación do pescaturismo e do ittiturismo, a través dos proxectos CORE e SiReNA.
O programa continúa coas visitas á instalación de produción da lagoa de San Teodoro e á empresa de cultivo de moluscos Mittili, en Olbia, para coñecer outras iniciativas produtivas e compartir coñecementos coas experiencias galegas.
Aínda nos quedan por diante encontros con entidades e institucións do territorio, o intercambio de ferramentas didácticas para achegar o mar á cidadanía e un obradoiro de codeseño no que identificar retos comúns e explorar futuras vías de cooperación.
Tamén coñeceremos iniciativas relacionadas coa xestión dos residuos mariños e das artes de pesca en desuso, como P. Ri.S.Ma., MED2 e STRONG SEA LIFE. Unha oportunidade para aprender doutras experiencias, compartir coñecementos e seguir creando conexións entre territorios costeiros.
Desde o GALP Golfo Ártabro Sur, a cooperación permítenos descubrir novas ideas e abrir camiños para futuros proxectos conxuntos.

Dirección

Avenida Do Porto Nº21 Baixo, Sada A Coruña
Sada
15160

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando GALP Golfo Ártabro Sur publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a GALP Golfo Ártabro Sur:

Atajos

Compartir