Asociación Cultural CatroGatos Bergondo

Cómo llegar Contactar con la organización

Asociación Cultural CatroGatos Bergondo Catrogatos é unha asociación cultural que nace co obxectivo de fomentar as artes escénicas na comarca de Bergondo e os seus arredores

PORTAS ABERTASO vindeiro mércores 23 de setembro na Senra, vente!!
17/09/2026

PORTAS ABERTAS
O vindeiro mércores 23 de setembro na Senra, vente!!

Queremos agradecer a todo o público que encheu o patio de butacas na última xornada da Mostra de Teatro no Mosteiro. Des...
06/09/2026

Queremos agradecer a todo o público que encheu o patio de butacas na última xornada da Mostra de Teatro no Mosteiro. Desgraciadamente a choiva quixo ser a protagonista xusto na hora da función. Pedirvos desculpas e reiterar as grazas pola comprensión.
Grazas tamén ao equipo de Absurdia pola súa disposición. Agardamos poder vervos pronto.
A idea non era rematar deste xeito pero, como diría o outro, "éche o que hai". Agardamos vervos o ano que vén e poder facer, entre todos e todas, que a mostra de teatro no mosteiro, continúe a medrar.
Finalizamos este escrito, mostrando o noso agradecemento á deputación da Coruña e o Concello de Bergondo por facer posible este festival. Longa vida á Mostra!!!

06/09/2026
03/09/2026

El festival, apoyado por la Diputación, combina artes escénicas y puesta en valor del patrimonio histórico con tres funciones gratuitas

Dani Blanco, Arturo Cobas y Antón Coucheiro levan 20 anos exercendo como clowns e máis de 10 como improvisadores.Formaro...
27/08/2026

Dani Blanco, Arturo Cobas y Antón Coucheiro levan 20 anos exercendo como clowns e máis de 10 como improvisadores.
Formaron parte da compañía TheMomento, pioneira e referente da impro en Galicia desde 2011, e responsable dos Festivaies Imperdible e ImproMaxín. Habitualmente acoden a
encontros internacionais en Latinoamérica, e crean formatos de impro asociadas ás obras do Centro Dramático Galego.

ABSURDIA é un formato de improvisación, inspirado no teatro do absurdo, e baseado na poética do clown.
É tamén unha traxicomedia existencialista,
unha fábula que se rí do absurdo da condición humana.
Improvisacións alegóricas, situacións esperpénticas, filosofía surrealista, diálogos delirantes e humor xestual.

A asociación Catro Gatos xurdiu como resposta á inquedanza de varias persoas que vían na actividade escolar de teatro, q...
27/08/2026

A asociación Catro Gatos xurdiu como resposta á inquedanza de varias persoas que vían na actividade escolar de teatro, que se desenvolvía cunha alta participación e uns espléndidos resultados no centro educativo de Bergondo, o CPI Cruz do Sar, a posibilidade de crear un espazo
adulto de encontro social e cultural participativo. Deste xeito, comezou un proxecto que foi
evolucionando e consolidándose ao longo destes anos.

Encrobas é unha peza de teatro documental e de creación colectiva que revive un episodio
clave da loita social en Galicia: a resistencia labrega no val das Encrobas durante os anos 70 fronte á expropiación forzosa das súas terras por parte do Estado franquista e da empresa FENOSA.
A obra mestura testemuños reais, ficción especulativa e recursos audiovisuais para ofrecer unha proposta escénica dinámica, emotiva e con forte carga política. A través do humor, a emoción e a memoria colectiva.

Galeatro é unha compañía teatral carballesa fundada polos intérpretes Alba Bermúdez e Tone Martínez no ano 2013 co obxec...
27/08/2026

Galeatro é unha compañía teatral carballesa fundada polos intérpretes Alba Bermúdez e Tone Martínez no ano 2013 co obxectivo de crear proxectos teatrais de carácter didáctico. Cos espectáculos “De Leria con Castelao”, “Identifíca-t”, “Comechíns, segundo pra-
to”, “Unha clase maxistral” ou “O Contador de Contos” percorre na actualidade os centros
educativos de toda Galicia.

Muiñada conta a historia de Sabela e Xacobe que por un malentendido coa quenda se atopan nun muíño de auga. Ó ver que os dous non poden moer ó mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o
son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para a Galicia: o muíño de auga.
Muiñada é tradición, é festa, é música e, sobre todo, teatro para toda a familia.
Galeatro Compañía de Teatro

Convidamoste á “II MOSTRA DE TEATRO NO MOSTEIRO”, organizado conxuntamente entre a Asociación e o Concello de Bergondo, ...
25/08/2026

Convidamoste á “II MOSTRA DE TEATRO NO MOSTEIRO”, organizado conxuntamente entre a Asociación e o Concello de Bergondo, co apoio da Deputación da Coruña.

Esta edición terá lugar no Claustro do Mosteiro de San Salvador de Bergondo, dende o xoves día 3, ata o sábado día 5 de Setembro, coa seguinte programación:

DÍA DO TEATRO PARA PÚBLICO FAMILIAR: 03/09/2026 – 21:00 H.:

“MUIÑADA”, da Compañía de Teatro Galeatro.

DÍA DO TEATRO AMADOR: 04/09/2026 – 21:00 H.:

“ENCROBAS” da Asociación Cultural Catro Gatos.

DÍA DO TEATRO PARA PÚBLICO ADULTO: 05/09/2026 – 21:00 H.: “

ABSURDIA” da compañía Dani Blanco.

Todas estas actividades son de balde ata completar aforo.

22/07/2026

Mañá, xoves 23 de xullo, terá lugar a CEA MEDIEVAL no Mosteiro de San Salvador!

🍻 Se tes a praza reservada, agárdate ás 21:30 horas un festín no claustro do Mosteiro.

🎭 Antes do banquete, ás 18 horas, a compañía Galeatro fará unha visita teatralizada ao Mosteiro e representará a obra 'Reino de Galicia a escena' no patio.

🧑‍🧑‍🧒‍🧒 Este espectáculo será de libre asistencia cun aforo máximo de 160 persoas. Informamos de que ter unha praza no banquete non asegura poder acudir ao teatro, son dúas actividades independentes.

🙏 Rogamos presentarse á obra ás 17:30 horas co fin de evitar retrasos e rematar ás 20 horas como está previsto.

Dirección

Bergondo

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Cultural CatroGatos Bergondo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Cultural CatroGatos Bergondo:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos


Otros Organización sin ánimo de lucro en Bergondo

Ver Todo