ACOUGA Consumidores E Usuarios

Cómo llegar Página web

ACOUGA Consumidores E Usuarios Son fins da asociación: A defensa e o asesoramento xurídico e técnico a persoas consumidoras e usuarias e organizacións sen ánimo de lucro.

Acouga, nace, como resultado de unha necesidade: A necesidade de dotarnos, os cidadans galegos, dunha ferramenta seria, eficaz e eficiente na defensa dos nosos dereitos como consumidores, tanto de xeito individual, como colectivo. O pasado 11 de Xuño de 2013, en Santiago de Compostela, celebramos o primeiro encontro entre a Asociación para a Defensa de Usuarios e Usuarias de Caixas de Aforro e Bancos (ADUCAB) e a Asociación Galega de Afectados por Productos Financeiros (AGAPROFI), onde se puxo de manifesto, xa daquela, os moitos puntos en común, entre os que cabe destacar:

--- O traballo serio e riguroso, no eido da información e asesoramento a afectados polos abusos da banca nos distintos productos financeiros, desenrolado por ambalasduas asociacions.
--- A aposta decidida pola vía xudicial individual e colectiva, e a intervención da xustiza nas reivindicacións.
--- Os encontros con distintos estamentos, léase Fiscalia Xeral de Galicia, Instituto Galego de Consumo, Xunta de Galicia, Parlamento de Galicia, partidos políticos, dentro e fora do arco parlamentar, Congeso de los Diputados, Parlamento Europeo, Etc.
--- Os encontros e colaboura, tamén, con movementos cívicos e cidadans como 15M, PAH, Stop Desaucios, Plataformas afectados por Preferentes e subordinadas, Asociacións veciñais, etc.
--- A necesidade, á vista do arriba esposto, de aunar esforzos, medios e capacidades nunha única asociación, mais forte e mais cohesionada. Mais foi a masa social de ambalasduas asociacions, os mesmos asociados que se sentian satisfactoriamente representados, asesorados e defendidos ao respecto do sector bancario, os que nos demandaron, como consumidores e usuarios, ter as mesmas coberturas, mais alá do eido financeiro e bancario. Un reto para ambalasduas xuntas directivas de Aducab e Agaprofi, que souperon acadar a fusión que deu coma resultado, tras meses de traballo e dedicación, a constitución, o pasado 14 de Febreiro de 2014, da Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA). A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA), hereda de Aducab e Agaprofi o mesmo esprito de traballo serio e responsable na información, asesoramento e defensa dos intereses individuais e colectivos dos consumidores e usuarios galegos e nace ca mesma vocación de servizo. ACOUGA, conta xa, con avogados colaboradores en A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Vilalba, Ourense, Pontevedra, Lalín, Vilagarcía de Arousa, e Vigo, dende onde poderemos asesorar a aqueles cidadans que así o demanden, nun entorno de proximidade, con información axeitada e asesoramento persoal e persoalizado.

442.
06/11/2026

442.

Menos MANIPULACIÓN e censura. Menos propaganda. Menos baleirado de contidos. Menos externalización...

Máis INFORMACIÓN, máis contidos de calidade e propios, máis respecto ao persoal. MÁIS SERVIZO PÚBLICO📻📺



A TÚA. A de TODAS🖤

Un outro novo artigo de opinión do noso Secretário Xeral Xoan Antón Pérez Lema.Alén do ruido fican os datos e a memória.
04/11/2026

Un outro novo artigo de opinión do noso Secretário Xeral Xoan Antón Pérez Lema.
Alén do ruido fican os datos e a memória.

Alberto Núñez Feijóo, presentado como garantía de solvencia para gobernar o Estado, debe explicacións pola súa actuación pasada a respecto do accidente ferroviario de Angrois. O 24 de xullo de 2013, o descarrilamento dun tren Alvia na curva da Grandeira causou 80 mortes e 144 persoas feridas....

441.
30/10/2026

441.

Menos MANIPULACIÓN e censura. Menos propaganda. Menos baleirado de contidos. Menos externalización...

Máis INFORMACIÓN, máis contidos de calidade e propios, máis respecto ao persoal. MÁIS SERVIZO PÚBLICO📻📺



A TÚA. A de TODAS🖤

Sempre atinado, sempre recomendable, un outro novo artigo de opinión do noso Secretário Xeral e Directoda da Asesoría Xu...
26/10/2026

Sempre atinado, sempre recomendable, un outro novo artigo de opinión do noso Secretário Xeral e Directoda da Asesoría Xurídia, Xoan Antón Pérez Lema.

Apolítica de vivenda do Goberno de Alfonso Rueda, definida na reactivación e xeralización dos Proxectos de Interese Autonómico (PIA), sitúanos diante dunha p...

Galiza, xoves 15 de outubro de 2026.A Coordinadora “Eólica Así Non” denuncia  a falta de amparo e desaire amosados polo ...
16/10/2026

Galiza, xoves 15 de outubro de 2026.

A Coordinadora “Eólica Así Non” denuncia a falta de amparo e desaire amosados polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) ante a queixa presentada perante este organismo contra a decisión arbitraria e inxustificada da nova presidenta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Azucena Recio, de trasladar de sección xudicial todos os preitos relativos a proxectos eólicos e a liñas de evacuación. Esta decisión prodúcese despois de xa ter ordenado o traslado forzoso a outra sección dalgúns dos maxistrados que fallaron a favor da paralización cautelar de polígonos eólicos.

Varias das entidades e colectivos que conforman a Coordinadora galega “Eólica Así Non” acudiron o pasado mes de abril ao amparo do Consello Xeral do Poder Xudicial para que adoptase medidas que protexesen as entidades litigantes afectadas do funcionamento aparentemente arbitrario e irregular do tribunal, ao entender que os traslados de xuíces e de procedementos de sección estarían vulnerando o dereito a xuíz predeterminado por lei e as vixentes normas de reparto de competencias entre seccións..

En resposta á queixa dos colectivos e plataformas afectadas, o Consello Xeral do Poder Xudicial manifesta que “non ten competencia” para intervir naquelas reclamacións baseadas en “discrepancias ou desacordos co decidido polos órganos de goberno no desenvolvemento das súas funcións relativas a cuestións que deban ser substanciadas polo correspondente cauce legal”, e suxire aos colectivos recorrentes que acudan aos Servizos de Orientación Xurídica ou a equipos xurídicos privados para defender os seus dereitos e intereses lexítimos.

O Consello Xeral do Poder Xudicial, máximo órgano responsable na vixilancia do bo funcionamento dos tribunais e xulgados do Estado, desenténdese así das súas funcións e “pasa a pataca quente” a outras instancias xudiciais, cando foi a propia presidenta da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG a que remitiu ás entidades litigantes a presentar recurso contra as súas decisións diante do CXPX, conforme ao artigo 59 do Acordo do 26 de xullo de 2000, do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial.

A mesma queixa foi tamén presentada diante do Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), Ignacio Picatoste Sueiras, quen ata o momento se mantén en silencio.

Un traslado inédito, ilegal e que satisface as pretensión da Xunta e da patronal eólica.

Depois de apartar da Sección Terceira (competente en materia de industria) do Contencioso do TSXG aos xuíces Luis Villares e Dolores López, a nova presidenta de Sala ordenou o traslado masivo e en bloque de centos de preitos e recursos xudiciais en curso relativos a proxectos eólicos á Sección Segunda da Sala do contencioso (competente en materia de medio ambiente). Este traslado masivo altera o tribunal predeterminado que debe resolver sobre a legalidade destes proxectos, unha situación inusual e sen precedente na historia democrática do país que deriva nun novo e importante conflito xurídico, por canto se produce sen teren mudado previamente as normas de reparto de competencias entre seccións, aprobadas en 2023 e ratificadas ese mesmo ano polo Consello Xeral do Poder Xudicial. Tamén se produce nun contexto de profunda inseguridade xurídica, e nun momento delicado e controvertido, pois a grande maioría dos recursos contra parques eólicos atópanse na fase final do procedemento xudicial, á agarda do fallo ou sentenza por parte do TSXG..

Ante esta inusual situación, a Coordinadora “Eólica Así Non” denuncia os efectos que esta redistribución masiva de preitos provoca na vulneración dos dereitos das entidades litigantes, as cales non só se ven privadas do seu dereito fundamental á tutela xudicial efectiva e ao xuíz predeterminado por lei, senón que agora tamén, ante a pasividade do órgano de goberno da xudicatura, se ven obrigadas a interpoñer os correspondentes recursos contencioso administrativos contra os cambios de sección, con todas as consecuencias económicas e sociais que iso comporta, e que podería disuadir a moitas destas entidades de continuar coa contenda xudicial. Situación que, a máis abastanza, se verá agravada polo segundo outorgamento de autorizacións a proxectos eólicos con autorizacións cautelarmente paralizadas, como a do Parque Eólico Paxareiras II, de hai uns días, práctica inédita nun estado civilizado e propia dun estado corrupto, que en Galiza é posible grazas a unha modificación da Lei eólica promovida polo Partido Popular..

Neste contexto, “Eólica Así Non” lembra ao Consello Xeral do Poder Xudicial e á presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que as plataformas veciñais de afectados e afectadas pola eólica ou as organizacións sociais que están a recorrer as autorizacións de proxectos eólicos en sede xudicial por seren contarias a dereito, son entidades sen ánimo de lucro que defenden intereses colectivos e públicos, fronte a unha administración totalmente entregada aos intereses do capital privado e só procura o beneficio lucrativo das eólicas. .

Asemade, ínstase á presidencia do TSXG a dar resposta diante da denuncia de “Eólica Así Non” polo traslado inxustificado, inédito e irregular dos preitos eólicos contra o establecido nas vixentes normas de reparto, o que beneficia claramente unha das partes litigantes, en detrimento da outra, e pon en risco a credibilidade, obxectividade e independencia do propio tribunal. Chama a atención que tanto a Xunta de Galiza como a patronal eólica se gaban publicamente de que estes cambios no seo interno do TSXG satisfacen amplamente as súas pretensións e vaticinan que servirán para “desbloquear” a paralización de proxectos eólicos en sede xudicial. De feito, a Xunta xa tiña reclamado anteriormente a inhibición da Sección Terceira nos asuntos eólicos a favor da Sección Segunda, obtendo daquela a negativa ás súas pretensión por iren en contra das vixentes normas de reparto. Polo tanto, a recente orde de traslado dos preitos eólicos a outra sección executouse por parte da nova presidenta da Sala do Contencioso-administrativo a sabendas de que estaba a contrariar o criterio da Sección terceira e a satisfacer as pretensións da Xunta en detrimento dos intereses e dereitos da outra parte do conflito, a constituída polas organizacións ecoloxistas, comunidades de montes veciñais e plataformas de afectados por proxectos eólicos.

Os colectivos da Coordinadora “Eólica Así Non” manifestan que non se renderán ante o intento descarado da Xunta de desgastar o movemento social contra a invasión eólica, tanto no ámbito administrativo como no xudicial, e anima a sociedade galega a mobilizarse diante desta nova ofensiva.

438.
09/10/2026

438.

Menos manipulación e censura. Menos propaganda. Menos baleirado de contidos. Menos externalización...

Máis información, máis contidos de calidade e propios, máis respecto ao persoal. MÁIS SERVIZO PÚBLICO📻📺



A TÚA. A de TODAS🖤

08/10/2026

A derradeira lección do mestre.
Que a terra lhe sexa leve.

Dirección

Espíritu Santo, 12, EStrada N-VI, Km 581
Bergondo
15165

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 14:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ACOUGA Consumidores E Usuarios publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos