Asociación Elas

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Asociación Elas Somos una asociación Proigualdad de Derechos de la Mujer, nacida en 2005 para fomentar la integración de la mujer a través de la Igualdad de Oportunidades.

💜 Lamentable!👇😡
25/10/2026

💜 Lamentable!👇😡

📍COMUNICADO DE MULLERES SALGADAS

Mulleres Salgadas condena as expresións vexatorias difundidas en audios atribuídos ao Patrón Maior de Raxó e reclama unha investigación inmediata dos feitos

Desde Mulleres Salgadas manifestamos a nosa máis profunda preocupación e a nosa firme condena ante o contido dos audios difundidos publicamente e atribuídos ao Patrón Maior de Raxó, Iago Tomé, nos que unha profesional do mar é destinataria de insultos, descualificacións persoais e expresións de extrema gravidade que consideramos incompatibles co respecto debido entre persoas compañeiras e co exercicio responsable de calquera cargo de representación.

Como entidade comprometida coa igualdade, coa dignidade das mulleres e coa defensa dos seus dereitos no sector marítimo-pesqueiro, consideramos intolerable que a discrepancia ou o debate profesional poidan derivar en manifestacións que atenten contra a dignidade dunha persoa.

As mulleres do mar levamos décadas traballando para conquistar espazos de participación, representación e toma de decisións nun sector no que historicamente tivemos que superar importantes obstáculos. Por iso, non podemos aceptar actuacións ou comportamentos que contribúan a crear un clima de intimidación, menosprezo ou descrédito cara ás mulleres que participan activamente na vida das súas confrarías e organizacións profesionais.

Desde Mulleres Salgadas queremos expresar toda a nosa solidariedade e apoio á compañeira afectada.

Ningunha muller debería verse sometida a insultos, humillacións ou ataques persoais polo feito de exercer os seus dereitos, expresar as súas opinións, formular preguntas ou defender os seus intereses profesionais. A protección da súa dignidade, da súa integridade e do seu benestar debe ser unha prioridade para todas as institucións implicadas.

As confrarías son institucións fundamentais para o presente e o futuro das nosas comunidades costeiras. Precisamente por iso, deben ser espazos seguros, respectuosos e democráticos, nos que todas as persoas poidan participar en condicións de igualdade e sen temor a sufrir represalias ou descualificacións persoais.

Consideramos especialmente preocupante que uns feitos destas características estean vinculados a unha persoa que ocupa un cargo de representación institucional. Quen exerce responsabilidades públicas ou representativas debe actuar con respecto, exemplaridade e responsabilidade, contribuíndo ao diálogo e á convivencia dentro do sector.

Por todo o anterior, Mulleres Salgadas esixe que se investiguen os feitos con rigor, transparencia e dilixencia, e que se adopten as medidas oportunas e contundentes que correspondan á vista das conclusións que se alcancen, garantindo en todo momento a protección da persoa afectada e o respecto aos seus dereitos.

Non estamos ante unha simple discrepancia profesional. Cando o insulto e a descualificación persoal substitúen o diálogo e o respecto, vense comprometidos principios fundamentais como a dignidade das persoas, a convivencia democrática e a participación efectiva das mulleres na vida do sector pesqueiro.

Mulleres Salgadas reafirma o seu compromiso cun mar libre de discriminación, intimidación e calquera forma de violencia contra as mulleres. Seguiremos defendendo o dereito das mulleres do mar a participar, opinar e exercer os seus dereitos con liberdade, seguridade e dignidade.

Nin o silencio nin o medo teñen cabida nas nosas confrarías.

Pola dignidade das mulleres do mar.
Pola igualdade.
Polo respecto.

Mulleres Salgadas

💜 Atención! Importante! 7 e 8 de novembro de 2026!
23/10/2026

💜 Atención! Importante! 7 e 8 de novembro de 2026!

Atención! 💜 Suspéndese a VI Quedada Saudable por razóns da climatoloxía, espéranse chuvias.
21/10/2026

Atención!
💜 Suspéndese a VI Quedada Saudable por razóns da climatoloxía, espéranse chuvias.

21/10/2026
💜 Charla "Muller e ansiolíticos".💜 Grazas ás participantes!💜 E grazas a Juan Carlos Prados por ser tan didáctico e ameno...
21/10/2026

💜 Charla "Muller e ansiolíticos".
💜 Grazas ás participantes!
💜 E grazas a Juan Carlos Prados por ser tan didáctico e ameno, por axudarnos a desmontar mitos sobre este tema e por crear un espazo seguro onde poder preguntar e resolver as nosas dúbidas.

💜
15/10/2026

💜

A organización celebrou este xoves o Día Internacional das Mulleres Rurais cun acto que serviu tamén para conmemorar o vinte aniversario da organización

Atención! 💜 VI Quedada Saudable, "Bergondo camiña contra o cambio climático". Roteiro "Outeiros do Mandeo" .💜 Data: sába...
14/10/2026

Atención!
💜 VI Quedada Saudable, "Bergondo camiña contra o cambio climático". Roteiro "Outeiros do Mandeo" .
💜 Data: sábado 24 de outubro. Inicio: ás 10:00h no parque infantil de Fiobre. (Inicio e fin)
💜 Percorrido circular de 4Km.
💜 Para todas as idades! (Nenas e nenos cun adulto ou adulta responsable)
💜 Para fomentar hábitos saudables. No caso das mulleres, moi importantes na etapa de menopausia.
💜 Animádevos! Imprescindible calzado de sendeirismo e chaleco reflectante, pola seguridade.
💜 Se queres, confirma asistencia. Agradecémolo!

Dirección

Centro Sociocultural De Fiobre
Bergondo
15165

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Elas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Elas:

Atajos

Compartir