PSOE Lousame

Cómo llegar Página web

PSOE Lousame PSdeG - PSOE 🌹
Grupo político de Lousame

18/09/2026

A agrupación local do PSOE amosa o seu pesar pola perda do coñecido como O Pirulo de Vilas, figura esencial na política municipal

18/09/2026
12/09/2026

Falamos con Juan

‼️A pista do Sanguiñal, en estado de abandono: 🤔cando pensa actuar o Concello de Lousame?Dá verdadeira pena 🥺 ver en que...
10/09/2026

‼️A pista do Sanguiñal, en estado de abandono: 🤔cando pensa actuar o Concello de Lousame?

Dá verdadeira pena 🥺 ver en que estado se atopa a pista do Sanguiñal. Un espazo que debería ser 📍un punto de encontro para o deporte e o lecer da veciñanza leva xa demasiado tempo abandonado á súa sorte, sen que o Concello de Lousame tome cartas no asunto. 👀 Basta con achegarse para comprobar as deficiencias:

⚽ As porterías non están ancladas ao chan, cun evidente risco de que poidan caer e provocar un accidente grave, sobre todo tratándose dun espazo usado por rapaces e nenos.

💡 As luces non foron repostas, deixando a pista practicamente inutilizable en horario de tarde-noite, cando máis se necesita para poder xogar despois da xornada de traballo ou de clase.

🔌 Os cables están soltos, á vista e ao alcance de calquera, o que supón un perigo real para a seguridade das persoas que utilizan a instalación.

🚧 A alambrada está rota, o que fai que balóns e persoas poidan saír da pista sen control, ademais de dar unha imaxe de deixadez total.

Non estamos a pedir nada extraordinario, simplemente que se manteñan en condicións dignas as instalacións públicas, especialmente cando se trata de espazos nos que veñen de realizarse actuacións recentemente. Unhas actuacións das que presume o goberno municipal, pero cuns resultados que á vista están. A seguridade da veciñanza, e en especial a dos máis pequenos, non pode quedar en segundo plano por falta de mantemento.

Só queremos que o Concello de Lousame actúe con urxencia e arranxe estas deficiencias antes de que teñamos que lamentar un accidente que se puido evitar.

24/08/2026

Falamos con Juan!

O goberno de Lousame presentou o BoloFest como unha das grandes citas do verán. Un festival que, cómpre lembrar, non se ...
22/07/2026

O goberno de Lousame presentou o BoloFest como unha das grandes citas do verán. Un festival que, cómpre lembrar, non se celebrou en Noia despois de que alí non prosperasen as condicións que pretendía a organización, entre elas a instalación dunha barra explotada polo promotor e o modelo de cobro das entradas.

Pero a realidade acabou sendo moi distinta da propaganda.

A asistencia estivo moi lonxe do anunciado e, cando chegou a chuvia, produciuse unha situación cando menos curiosa: o BoloFest rematou... no pub do propio promotor, en Noia.

Si, un festival anunciado para dinamizar Lousame, pagado con cartos de Lousame, sen veciños de Lousame e que acabou coa súa última festa en Noia.

É difícil atopar un mellor exemplo de como un evento pensado para promocionar un concello termina beneficiando a outro.

A meteoroloxía non se pode controlar. A xestión, si.

Os veciños e veciñas de Lousame merecen explicacións sobre como un evento financiado co apoio do Concello acabou tendo ese desenlace.

Moita propaganda. Pouco retorno para Lousame. E un final que, visto o visto, nin o mellor guión sería capaz de imaxinar.

08/07/2026

Pensas que o Concello está a facer o suficiente en materia de conciliación co programa Concilia Verán?

Conclúe sen éxito a terceira campaña de escavacións no cemiterio de Vilacoba. Malia o enorme esforzo científico e técnic...
07/07/2026

Conclúe sen éxito a terceira campaña de escavacións no cemiterio de Vilacoba. Malia o enorme esforzo científico e técnico de profesionais como o forense Fernando Serrulla e o arqueólogo Andrés Bonilla, os restos de Manuel García Hermo e das tres vítimas do crime de Marselle non puideron ser localizados nesta intervención.

O resultado supón un golpe duro, especialmente para a familia de Manuel. Sastre de profesión, veciño da Pobra e nese momento afiliado ao Partido Socialista, foi asasinado en 1936. A súa filla Carmen, que xa conta con 101 anos, segue a agardar por darlle unha sepultura digna ao seu pai, unha débeda humana que o paso do tempo fai cada vez máis urxente.

Aínda que os traballos de exhumación foron infrutuosos nesta ocasión, non foron en van: serviron para abrir novas vías de investigación histórica e avanzar de xeito firme cara ao obxectivo de que Vilacoba sexa recoñecido de xeito oficial como Lugar de Memoria Democrática.

Dende o PSdeG de Lousame queremos enviar un abrazo inmenso aos familiares de Manuel, así como o noso recoñecemento á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza e á Deputación da Coruña polo seu firme compromiso. Non atopar hoxe os corpos non significa esquecer a súa historia.

Seguiremos apoiando ás familias porque a memoria e a xustiza social transcenden siglas; son un deber ético con quen tanto sufriu.

Conclúe sen éxito a terceira exhumación na busca de Manuel García Hermo en Vilacova
Conclúe sen éxito a terceira escavación no cemiterio de Vilacova de Lousame na busca dos restos de Manuel García Hermo. Os traballos centráronse nunha área exterior do camposanto a raíz do testemuño dun veciño que situaba na zona o soterramento de dous corpos.

https://www.canalriasbaixas.com/2026/07/07/conclue-sen-exito-a-terceira-exhumacion-na-busca-de-manuel-garcia-hermo-en-vilacova/?feed_id=6671&_unique_id=6a4d1d2cec66e

🚨 Campo de fútbol de Cruído: o “mantemento” que non mantén nada💔Material tirado polo chan, oxidado e inservible. As port...
05/07/2026

🚨 Campo de fútbol de Cruído: o “mantemento” que non mantén nada

💔Material tirado polo chan, oxidado e inservible. As porterías, comidas polo óxido e a maleza. As paredes, cheas de pintadas e sen ningún tipo de rehabilitación. O teito, caído.

O propio cartel da Asociación Deportiva Cruído pídeo claro: "Mil traballos, sacrificios e sinsabores costou facer esta obra. Por todo, coida con nós.” Parece que ninguén no goberno local o leu.

📸 As imaxes falan por si soas: un campo abandonado á súa sorte, onde cortar a herba de vez en cando fai as veces de plan de mantemento.

Desde o 🌹 PSdeG-PSOE de Lousame esiximos un plan real de conservación das instalacións deportivas municipais. ⚽️🏃🏼‍♀️O deporte de base e as entidades que sosteñen estes espazos co seu esforzo merecen moito máis que unha pasada de desbrozadora unha vez ao ano.

O Campo de Cruído merece coidado de verdade. 💚

Dirección

Portobravo
Lousame
15214

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando PSOE Lousame publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir