Servizos Sociais/CIM NOIA

Servizos Sociais/CIM NOIA Ao carón das persoas 👥

Desenvolvemos programas e axudas a nivel local en materia de servizos sociais e igualdade de xénero

8M💜
10/03/2026

8M💜

07/03/2026
📢AVISO ‼️
06/03/2026

📢AVISO ‼️

O Concello de Noia informa de que a representación da obra “Non é loito, si é loita”, prevista para o domingo 8 de marzo ás 19:30h no Coliseo Noela, queda suspendida por motivos alleos á organización.

Trasladaremos nova información sobre actuacións da Aula Municipal de Teatro nas vindeiras semanas.

Lamentamos as molestias 🙏

06/03/2026

🌸 PROGRAMACIÓN 8M EN NOIA 🌸

📅 7 de marzo

Este 7 de marzo viviremos en Noia unha xornada moi especial arredor do 8M, con actividades para lembrar, recoñecer e celebrar o papel das mulleres na nosa historia e na nosa sociedade.

✨ Destacan especialmente dous momentos moi significativos:

🔹 Roteiro “A Memoria das Mulleres”
Durante este roteiro levarase a cabo un importante acto de recoñecemento:

O Museo do Mar pasará a chamarse Museo do Mar “Carmen Barcia”, en homenaxe á súa figura.

Ademais, a praza do Paseo Marítimo pasará a denominarse Praza das Mariscadoras, recoñecendo a todas as mulleres do mar que durante décadas traballaron e deron vida a este espazo.
Neste acto tamén se colocará unha placa conmemorativa que oficializará o novo nome da praza.

🎉 E para rematar a xornada… festa pola igualdade!

Na Praza do Curro haberá:
🖌️ Obradoiros de pintado de camisetas e bolsas para pequenos e maiores
🎧 Música a cargo de RAPARIGA DJ e YAYA DJ

💜 Un día para lembrar, recoñecer e celebrar xuntas e xuntos.

💜O Concello ilumínase de cor violeta como símbolo de apoio á igualdade, á loita polos dereitos das mulleres e ao recoñec...
04/03/2026

💜O Concello ilumínase de cor violeta como símbolo de apoio á igualdade, á loita polos dereitos das mulleres e ao recoñecemento do seu papel fundamental na nosa comunidade.

Seguimos sumando esforzos para facer da igualdade unha realidade!

💜"A máquina do tempo das científicas" chegou aos centros educativos! 👩‍🔬💜O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria dos...
04/03/2026

💜"A máquina do tempo das científicas" chegou aos centros educativos! 👩‍🔬💜

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria dos catro centros educativos participou nun contacontos moi especial con motivo do 8M: “A máquina do tempo das científicas”.

A través desta actividade dinámica e participativa, as nenas e nenos viaxaron no tempo para descubrir a historia e as achegas de mulleres científicas que cambiaron o mundo, promovendo referentes femininos e fomentando a igualdade desde a infancia.

Seguimos traballando pola igualdade tamén nas aulas!

💜8M 2026
04/03/2026

💜8M 2026

🎟️ 💜 Dispoñibles dende mañá as entradas para “Non é loito, si é loita”

👏O Aula Municipal de Teatro de Noia presenta esta obra o vindeiro 8 de marzo, ás 19:30 h, no Teatro Coliseo Noela, dentro da programación do 8M do Concello de Noia.

📍 Recollida de invitacións:
Na Casa da Cultura, dende o mércores 4 ata o venres, en horario de 11:00 a 14:00 h.

➡️ Entregaranse 3 invitacións por persoa.

Non agardes ao último momento e pasa a recoller as túas entradas.

💜 8M “Día Internacional da Muller”Desde a Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres presentamos a p...
27/02/2026

💜 8M “Día Internacional da Muller”
Desde a Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres presentamos a programación de actividades organizadas con motivo do 8 de marzo.

O programa inclúe propostas diversas como obradoiros, actividades para os centros educativos ,accións de sensibilización, música, teatro e a visibilización das mulleres na nosa vila.

Convidamos a toda a veciñanza a sumarse e participar nestas actividades!

💜Xa temos os premios do sorteo do photocall "NOIA DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO" entregados!Dende a Concellería de Iguald...
02/12/2025

💜Xa temos os premios do sorteo do photocall "NOIA DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO" entregados!

Dende a Concellería de Igualdade e o CIM agradecemos a participación nesta actividade que quixo sumar voces contra a violencia machista.

Continuaremos promovendo actividades para sensibilizar e dar visibilidade á loita contra a violencia machista!!

02/12/2025

Este 25N, Noia volveu unirse. Pola memoria, pola xustiza e por un futuro sen violencia. 💜

Dirección

Rúa Do Curro, Nº4
Noya
15200

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Servizos Sociais/CIM NOIA publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir