Plademar Muros-Noia

Plademar Muros-Noia Asociación creada en 2016 que naceu para defender o medio ambiente, a ría de Muros-Noia, o marisqueo e a pesca artesanal.

📢 MANIFESTACIÓN “Pola Defensa do Ulla e da Ría de Arousa. Re-matemos Altri e a Mina de Touro-O Pino”Chamamos á cidadanía...
28/05/2026

📢 MANIFESTACIÓN “Pola Defensa do Ulla e da Ría de Arousa. Re-matemos Altri e a Mina de Touro-O Pino”

Chamamos á cidadanía a mobilizarse contra dous proxectos que ameazan o río Ulla e a Ría de Arousa.

🗓️ Domingo 14 de xuño na Illa de Arousa
📍 Saída: Praia do Vao
📍 Chegada: Porto de Xufre

🌊 En defensa da terra, do río e da ría.
💙 En defensa da vida.

27/05/2026
19/05/2026

📢 As mariscadoras de Noia convocan unha concentración mañá, mércores 20 de maio, ás 12:00 h diante da confraría.
O motivo desta mobilización é a sinatura do convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Noia, nun contexto marcado polo abandono que sofre o marisqueo a pé.
Con esta concentración, queremos denunciar tamén a falta de transparencia na xestión e esixir medidas reais de apoio, adaptadas á realidade do sector.
🤝 É un problema común que nos afecta a todas. Por iso, é importante acudir e amosar apoio ás compañeiras. Xuntas temos máis forza.

06/05/2026

🔬 La ciencia confirma lo que las mariscadoras llevan meses viviendo en sus bancos.

Elsa Vázquez Otero, catedrática de Zoología y decana de la Facultad de Ciencias del Mar de la Universidad de Vigo, lleva más de una década investigando el impacto del cambio climático en las rías gallegas junto a las cofradías.

Su diagnóstico es claro: el daño ya está aquí, y va mucho más allá de lo que se ve a simple vista.

Lo que se ve: cuando la salinidad del agua baja de 15 en los bancos marisqueros y se mantiene así durante varias mareas, almejas y berberechos mueren. Bancos enteros cubiertos de moluscos mu***os, como ocurrió este invierno, y también en 2013-2014 y en 2000-2001. Estos episodios son cada vez más frecuentes.

Lo que no se ve: los animales que sobreviven derivan toda su energía a sobrevivir, no a crecer ni a reproducirse. Menos reproductores hoy significa menos juveniles mañana. El deterioro del recurso es silencioso, pero acumulativo.

Desde Mulleres Salgadas llevamos tiempo señalando que la crisis de este invierno no es un episodio aislado. Lo que dice la investigación científica es exactamente lo que nuestras socias ven cada temporada sobre el terreno: los bancos no se recuperan solos, y las medidas no pueden llegar tarde ni mal diseñadas.

Lo que recomienda la ciencia:
✔️ Reconocer que existe un problema real y documentado.
✔️ No resembrar sin criterio: si las riadas continúan, todo lo que se siembre seguirá muriendo.
✔️ Actuar coordinadamente: administración, sector y comunidad científica juntos.
✔️ Orientar la recuperación a restaurar el equilibrio ecológico de las rías, no solo la producción.
El conocimiento científico existe. La experiencia de las mariscadoras existe. Lo que hace falta es que las decisiones lleguen a tiempo.

📎 Artículo completo en Galicia Confidencial.


🔴 A XUNTA QUERE REABRIR A MINA DE SAN FINX. NADA APRENDERON.A Xunta anuncia que sacará a concurso as minas de Corcoesto,...
06/05/2026

🔴 A XUNTA QUERE REABRIR A MINA DE SAN FINX. NADA APRENDERON.
A Xunta anuncia que sacará a concurso as minas de Corcoesto, San Finx e Santa Comba, valoradas en 7.000 millóns de euros. Chámanlles "recursos estratéxicos". Nós chamámoslles o que son: un novo ataque ao noso territorio, ás nosas rías e ao sustento de centos de familias.

Porque a Xunta non foi capaz de solucionar o problema que xa existe. A mina de San Finx leva anos vertendo augas contaminadas con cadmio, cobre e zinc a sete quilómetros dos nosos bancos marisqueiros. Os propios análisis de Augas de Galicia detectaron niveis de cadmio, un metal pesado canceríxeno, 100 veces por riba do máximo legal, e de cobre 48 veces por riba. Hai procesos xudiciais abertos. Hai multas. E os vertidos continúan.

E agora, en lugar de solucionar o que está roto, queren abrir máis.

Desde PLADEMAR MUROS-NOIA dicimos o que sempre dixemos: non imos consentir que a nosa ría sexa territorio de sacrificio. Levamos máis de dez anos defendendo o marisqueo, o medio ambiente e o dereito das familias traballadoras do mar a un futuro digno. E seguiremos aquí.

A Xunta terá a PLADEMAR enfronte mentres non resolva os problemas que xa existen e mentres siga tratando a nosa comarca como un vertedoiro ao servizo de intereses privados.

A ría de Muros-Noia non está en venda. 💙

Máis info ⬇️
https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/5869160-xunta-pora-concorrencia-explotacion-minas-na-coruna-valoradas-7000-millons-incluindo-corcoesto-e-san-finx

20/04/2026

📣 CONVOCATORIA DE REUNIÓN – MULLERES SALGADAS

📍 NOIA (pendiente confirmar lugar)
📅 4 de maio, luns
⏰ 17:30 h

👥 Dirixida a todas as persoas do sector do marisqueo

🗣️ Para que?
* Coñecer a situación de cada colectivo
* Compartir opinións e experiencias
* Buscar solucións e saídas conxuntas

📲 Confirma asistencia (aforo limitado):
WhatsApp: 619 176 070

🔁 Prégase difusión

A vosa participación é fundamental 💙

Mulleres Salgadas

🔴 PLADEMAR PRESENTA ALEGACIÓNS NO PROCESO DE EXTINCIÓN DA CONCESIÓN HIDROELÉCTRICA DE NATURGY NO RÍO TAMBREHoxe, 15 de a...
15/04/2026

🔴 PLADEMAR PRESENTA ALEGACIÓNS NO PROCESO DE EXTINCIÓN DA CONCESIÓN HIDROELÉCTRICA DE NATURGY NO RÍO TAMBRE

Hoxe, 15 de abril de 2026, PLADEMAR MUROS-NOIA presentou alegacións ante Augas de Galicia no marco do proceso de extinción do título concesional que Naturgy tiña sobre os tres saltos hidroeléctricos do río Tambre (Brión, Negreira e Noia).

Esta concesión, que outorgaba á empresa privada o dereito a explotar un ben de dominio público —a auga do noso río—, caducou. E iso abre unha oportunidade histórica que non podemos deixar pasar.

Por que nos importa tanto? Durante anos, os desencoros realizados polas empresas concesionarias sen coordinación coas mareas e sen aviso previo provocaron avalanchas de auga doce que baixaron a salinidade da ría, depositaron lodos sobre os bancos marisqueiros e causaron mortandades masivas de bivalvos. Denunciámolo ante Augas de Galicia en 2023 e en 2024. Fomos á Valedora do Pobo en 2025. A resposta foi sempre o silencio.

Que pedimos nas alegacións? ➡️ Como primeira opción: que os saltos Tambre I, II e III reviertan á xestión pública. Os beneficios de explotar os nosos recursos naturais deben quedar en Galicia e servir ao ben común, non engrosar as contas dunha multinacional. ➡️ Se se opta por nova concesión privada: que o prego de condicións inclúa protocolos obrigatorios de desencoro, aviso previo de 24 horas ás confrarías, cumprimento estrito dos caudais ecolóxicos e participación do sector marisqueiro nas comisións de xestión. ➡️ En calquera caso: multas de verdade, proporcionales ao tamaño da empresa, e indemnizacións directas para as mariscadoras e mariscadores cando os incumprimentos lles causen danos.

Porque non pedimos favores. Pedimos que a lei se cumpra e que quen causa dano, págueo. E que o pague a quen llo causa.

A auga do Tambre é un ben público. O noso marisqueo, o sustento de centos de familias desta comarca. Non están en venda.

📢 CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIASocias, socios e amigos/as de Plademar Muros-Noia: convocámosvos á Asembl...
01/04/2026

📢 CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Socias, socios e amigos/as de Plademar Muros-Noia: convocámosvos á Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección da nova Xunta Directiva!

📅 Data: Luns, 6 de abril de 2026

🕗 Hora: 20:00 horas

📍 Lugar: Casa da Cultura de Noia

ORDE DO DÍA:

✅ Punto único: Elección da nova Xunta Directiva (período 2026-2030)

A asemblea é válida calquera que sexa o número de asistentes, así que calquera que veña conta. Se queres formar parte da nova directiva ou coñeces a alguén que queira, escríbenos!

💙 Entre todos e todas defendemos o noso mar.

30/03/2026
03/03/2026

📢Xa abonda de silencio e indiferencia coa situación da xente do marisqueo. Centos de familias quedan sen un euro de ingreso e as administracións seguen mirando para outro lado.

📢Fálase dun posible cesamento por forza maior, pero todas sabemos que moita xente quedará sen prestación, coma sempre.

📢O marisqueo está agonizando e ninguén dá respostas.
Isto non é mala sorte: é abandono. É falta de vontade. É inxustiza.

📢É hora de que as institucións den a cara, tomen medidas e garantan solucións reais.

📢Non se pode deixar tiradas a tantas familias. Nin agora, nin nunca.

Dirección

Noya
15200

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Plademar Muros-Noia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir