Asociación Misela

Cómo llegar Página web

Asociación Misela A Asociación Misela é unha entidade privada sen ánimo de lucro constituída no ano 1993.

O mes de outubro, no EDIAT, comezou con novidades. 🤭🤭Este mes comezamos coas actividades grupais:  MULTIDEPORTE 🏃🏸🏒 e AP...
15/10/2026

O mes de outubro, no EDIAT, comezou con novidades. 🤭🤭
Este mes comezamos coas actividades grupais: MULTIDEPORTE 🏃🏸🏒 e APOIO EDUCATIVO 📚🎒, as cales se desenvolverán dende outubro ata xuño do 2027

Esta actividade está enmarcada no Programa de Actividades grupais para nenas e nenos con discapacidade. Ditas actividades poden llevarse a cabo grazas ó finanzamento de Fundación "la Caixa" .

Tamén queremos agradecer a colaboración da Sociedade cultural e recreativa Liceo de Noia 𝕊𝕠𝕔𝕚𝕖𝕕𝕒𝕕𝕖 𝕃𝕚𝕔𝕖𝕠 𝕕𝕖 ℕ𝕠𝕚𝕒 , os cales nos ceden as instalacións para levar a cabo a actividade grupal de multideporte.

💻 Conectando capacidades a través da tecnoloxíaEn 2026, a Fundación ONCE, a través do Plan de Prioridades de COCEMFE, ap...
14/10/2026

💻 Conectando capacidades a través da tecnoloxía

En 2026, a Fundación ONCE, a través do Plan de Prioridades de COCEMFE, apoiou o proxecto Conectando Capacidades da Asociación Misela cunha achega de 5.000 € destinada á adquisición de novo equipamento informático.

Este equipamento permítenos contar con mellores ferramentas tanto para as persoas usuarias, facilitando o desenvolvemento dos nosos Talleres de Novas Tecnoloxías, como para o equipo profesional, contribuíndo a que poida desenvolver o seu traballo diario nas mellores condicións.

Porque facilitar o acceso á tecnoloxía tamén é favorecer a autonomía, a participación e a inclusión. 💙

🤝 Grazas á Fundación ONCE e a COCEMFE por apoiar este proxecto e contribuír a seguir conectando capacidades.

💙 Seguimos traballando pola inclusión dende a infanciaEn 2026, a Deputación da Coruña cofinanciou o noso Programa de Ate...
08/10/2026

💙 Seguimos traballando pola inclusión dende a infancia

En 2026, a Deputación da Coruña cofinanciou o noso Programa de Atención Especializada a Nenas e Nenos con Discapacidade, cunha achega de 19.680 €, que representa o 66,67 % do custo total do programa.

Este apoio permite continuar ofrecendo unha atención especializada e individualizada, adaptada ás necesidades de cada nena e neno, favorecendo o seu desenvolvemento, autonomía e participación.

🤝 Grazas á Deputación da Coruña por apoiar o noso traballo e contribuír a facer posible unha atención de calidade para as nenas e nenos con discapacidade e as súas familias.

💚 A inclusión constrúese en comunidade.E unha comunidade constrúese coa participación de todas e todos.Na Asociación Mis...
02/10/2026

💚 A inclusión constrúese en comunidade.

E unha comunidade constrúese coa participación de todas e todos.

Na Asociación Misela levamos anos traballando para acompañar as persoas con discapacidade e as súas familias, promovendo a súa autonomía, participación e inclusión na comunidade.

Esta semana lanzamos a nosa campaña de captación de socios/as para seguir sumando persoas que crean nunha sociedade máis inclusiva, xusta e participativa.

Porque cada persoa que se suma fai máis grande a comunidade que queremos construír.

👉 Se queres formar parte, podes facerte socio/a a través da ligazón: https://forms.gle/sNRZqXdR36RsN6PMA

💛 Súmate a Misela.

Pequenas achegas, grandes oportunidades.

01/10/2026
Ás veces, detrás dunha partida hai moito máis do que parece. Mentras xogamos tamén estamos practicando:🧠 Atención.⚡ Velo...
29/09/2026

Ás veces, detrás dunha partida hai moito máis do que parece.
Mentras xogamos tamén estamos practicando:
🧠 Atención.
⚡ Velocidade de procesamento.
🔄 Flexibilidade cognitiva.
🤝 Habilidades sociais.
🧡 Tolerancia á frustración.

Porque o xogo permítenos traballar moitas habilidades de forma natural e motivadora, adaptada a cada neno e nena. 👩🏻‍🤝‍👨🏼

# AsociaciónMisela

Dirección

Avenida República Arxentina, 60/Rúa Frei Lois Rodríguez, 9
Noya
15200

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 17:30
Martes 09:00 - 17:30
Miércoles 09:00 - 17:30
Jueves 09:00 - 17:30
Viernes 09:00 - 17:30

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Misela publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos


Otros Organización sin ánimo de lucro en Noia

Ver Todo