Escudería Berberecho

Página web Contactar con la organización

Escudería Berberecho Páxina da Escudería Berberecho, Organizadora do Rali Berberecho de Noia

Unha xornada diferente na Feira do Deporte de Noia! 🏁✨O automobilismo é parte da nosa comarca e hoxe fixemos parada na f...
26/09/2026

Unha xornada diferente na Feira do Deporte de Noia! 🏁✨

O automobilismo é parte da nosa comarca e hoxe fixemos parada na feira organizada polo concellodenoia para compartir cos máis cativos e cos de sempre a nosa paixón polo motor.

Grazas a todos os que vos pasastes polo stand a ver os coches, pillar o merchan oficial ou informarvos para botarnos unha man. Sen vós isto non tería sentido! 🙌

Grazas tamén á organización por facerlle sitio ao motor no deporte noiés. Vémonos nas estradas! 🚗💨

Finde de rally!!🏁Esta fin de semana celébrase o V Rallye da Comarca do Carballiño e a Escudería Berberecho estará presen...
25/09/2026

Finde de rally!!🏁

Esta fin de semana celébrase o V Rallye da Comarca do Carballiño e a Escudería Berberecho estará presente con varios equipos 💥

Por unha parte, co dorsal 46 temos a "Mini" Mini Mato, que xunto con Andrea Balayo Caamaño intentarán lograr un bo resultado dentro da Top Ten B Classic.

Seguíndoos de cerca, seu irman maior Tono Mato e Rubén Boullón Malvárez "Garabato" co dorsal 55 seguirán adaptándose ó Peugeot 205 Rallye na copa Pirelli AMF Motorsport.

Por último e non menos importante, Adri Ageitos e Noa Tubío na sua temporada de debut cun Peugeot 106 que portará o dorsal 110.

Moita sorte a todos e, coma sempre, SENTIDIÑO! 🤟

Hoxe é un día triste para o mundo do automobilismo galego.Dende a Escudería Berberecho queremos trasladar o noso máis se...
23/08/2026

Hoxe é un día triste para o mundo do automobilismo galego.

Dende a Escudería Berberecho queremos trasladar o noso máis sentido pésame á familia e ás persoas próximas a Jesús López, falecido durante a celebración da Subida a Taboadela.

Ante unha perda así, todo o demais pasa a un segundo plano. O noso cariño e apoio para a súa familia, amizades e para toda a xente que forma parte da súa contorna.

Así mesmo, trasladamos o noso respecto á organización, participantes, equipos e voluntarios da proba neste momento tan difícil.

🖤 Descansa en paz, Jesús.

🏁 Fin de semana intenso para a Escudería Berberecho!Mentres Noia se enche de ambiente coa Feira Medieval e varios dos no...
16/07/2026

🏁 Fin de semana intenso para a Escudería Berberecho!

Mentres Noia se enche de ambiente coa Feira Medieval e varios dos nosos equipos compiten no Slalom de Moeche, a nosa representación tamén estará presente no III RallySprint Val de Ramirás. 💪🚗

Desexámoslles moita sorte aos equipos da Escudería Berberecho que tomarán a saída nesta proba. Que desfrutedes da carreira, gocedes de cada quilómetro e que todo remate da mellor maneira posible. 🍀

Moita forza e a dar gas! ❤️🖤

🏁 Este sábado estaremos presentes no Slalom de Moeche!A Escudería Berberecho contará con representación nesta nova cita ...
15/07/2026

🏁 Este sábado estaremos presentes no Slalom de Moeche!

A Escudería Berberecho contará con representación nesta nova cita do Campionato Galego de Slalom, onde os nosos equipos volverán defender as nosas cores con toda a ilusión e as ganas de dar o mellor de si.

Desexámoslles moita sorte e, sobre todo, que desfruten dunha gran xornada de competición. ¡A por todas! 💪🍀

🏁 Esta fin de semana temos representación da Escudería Berberecho no XXII Rallye Sur do Condado.💪 Nicolás Andújar, acomp...
09/07/2026

🏁 Esta fin de semana temos representación da Escudería Berberecho no XXII Rallye Sur do Condado.

💪 Nicolás Andújar, acompañado á dereita por Alberto Freire, defenderá as cores da nosa escudería nunha nova cita do Campionato Galego.

Desexámoslles a mellor das sortes para esta fin de semana. Que desfrutedes de cada quilómetro, e que todo saia segundo o previsto. 🍀🚗💨

Moita sorte tamén ao resto de equipos participantes!

🏁 A Escudería Berberecho estará presente no Rallye de Pontevedra! 🏁Unha nova fin de semana de competición agárdanos e es...
05/06/2026

🏁 A Escudería Berberecho estará presente no Rallye de Pontevedra! 🏁

Unha nova fin de semana de competición agárdanos e estaremos representados por catro equipos que levarán os nosos colores polos tramos pontevedreses. 💙🤍

🔹 Dorsal 41
👨‍✈️ Manuel Cabado Choren
🗺️ Sara Iglesias Iglesias

🔹 Dorsal 86
👨‍✈️ Nicolás Andújar Negreira
🗺️ Alberto Freire Pérez

🔹 Dorsal 128
👨‍✈️ Aarón López González
🗺️ Manuel Castro Casais

🔹 Dorsal 129
👨‍✈️ Fabián Muñiz Da Silva
🗺️ Diego Rial Redondo

Desexámoslles a todos moita sorte e que poidan g***r dunha gran fin de semana de carreiras. Estamos seguros de que darán o mellor de si para defender os nosos cores e representar á escudería da mellor maneira posible. 💪🔥

🍀 Moita sorte a todos os equipos!

🚗💨 Xa en competición no VIII Rallye da Mariña!Nicolás Andújar Negreira e Alberto Freire Pérez están representando á Escu...
09/05/2026

🚗💨 Xa en competición no VIII Rallye da Mariña!

Nicolás Andújar Negreira e Alberto Freire Pérez están representando á Escudería Berberecho co dorsal 64 nesta cita do Campionato Galego de Ralis. 🔥👏

Moita sorte para o que queda de rali e a dalo todo en cada treito! 💪🍀

Deixámosvos algúns momentos da entrega de premios do 40º RaliNoia 2026 🙌👉 Aquí están os equipos premiados nesta edición👏...
25/04/2026

Deixámosvos algúns momentos da entrega de premios do 40º RaliNoia 2026 🙌

👉 Aquí están os equipos premiados nesta edición

👏 Parabéns a todos eles e grazas por formar parte do rali

📸 Desliza para ver as fotos do podio

Detrás do RaliNoia hai moitas persoas, empresas e sectores que fan posible cada edición 🤝Hoxe queremos ter un pequeno de...
24/04/2026

Detrás do RaliNoia hai moitas persoas, empresas e sectores que fan posible cada edición 🤝

Hoxe queremos ter un pequeno detalle co sector automobilístico, agradecendo o apoio de Galcar, Autos Patiño e Hyupersa Santiago por acompañarnos nesta 40ª edición.

Ademais, Autos Patiño e Hyupersa colaboraron coa cesión de vehículos, algo fundamental para o desenvolvemento do rali 🏁

Seguimos sumando entre todos para que o rali siga medrando.

Dirección

Noya
15200

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Escudería Berberecho publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Escudería Berberecho:

Atajos

Compartir