10/10/2026
Hoxe é o Día Mundial da Saúde Mental, un dia moi importante para nós. Por iso, estes días estivemos presentes en Noia e Ribeira para que entre todas reflexionemos sobre os factores que afectan á nosa saúde mental, especialmente nas persoas xoves.
En Noia lemos o manifesto, aportando a súa voz tanto as persoas usuarias como Girón o presidente e o alcalde de Noia, Francisco Pérez Caamaño. O broche musical viu da man dos Salgueiriños por segundo ano consecutivo cunha foliada.
En Ribeira lemos o manifesto na Asociación Ámbar e no IES N°1, onde tamén fixemos diversas charlas estes días coa mocidade sobre como afectan as redes sociais ás nosas emoción.
Hoxe puxemos o broche final coa II Andaina pola Saúde Mental, rematando este encontro coa lectura do manifesto por parte de persoas da Asociación e do noso colaborador Ivan Touris Fresco , que un ano máis quixo acompañarnos neste día e facernos desfrutar coa súa maxia, grazas.
Moitas grazas tamén a todas as persoas que vos achegadeches aos nosos eventos, facendo comunidade tamén poñemos en valor a saúde mental de todas.
Grazas ao Concello de Ribeira e ao Concello de Noia pola súa colaboración e acompañarnos, ao grupo Salgueiriñoa, a Abraham Benitez e a Katy Queiro polo apoio, á Asociación Ambar e ao IES N°1 por acollernos.