Asociación A Xesteira

Cómo llegar Página web

Asociación A Xesteira Esta é a páxina oficial da Asociación A Xesteira de Couso - A Estrada (Pontevedra). A Xesteira.

"As Nosas Músicas" é unha gran festa de Música Tradicional que se celebra a mediados de agosto en Couso, organizada por a Asc.

🍂 FESTA DO OUTONO | SÁBADO 14 DE NOVEMBROPROGRAMA11:00 h. Recollida de cogomelos con Merche Nodar.Inscrición previa no 7...
29/10/2026

🍂 FESTA DO OUTONO | SÁBADO 14 DE NOVEMBRO

PROGRAMA

11:00 h. Recollida de cogomelos con Merche Nodar.
Inscrición previa no 722 31 76 56 ou en [email protected].
Custo: 5 €, co xantar incluído. Prazas limitadas.

13:30 h. Sesión vermú

14:30 h. Xantar

17:00 h. Obradoiro infantil de enredos sonoros con Oli Xiraldez

19:30 h. Cantos de taberna

20:30 h. Ruada con:

Airiños da Talorta
A.C. Tamparrantán
A.C. Retranqueiros
C.C A Ponte Vella
Os de Ordes, A.C Embruxo
Pandereteiras Silandeira

E haberá castañas!!!

Anotádevos á recollida de cogomelos canto antes, que as prazas son limitadas.

*Obradoiro de Danza de Entroido do Ulla*A Asociación do Entroido de Couso e a Asociación A Xesteira organizan un obradoi...
14/10/2026

*Obradoiro de Danza de Entroido do Ulla*

A Asociación do Entroido de Couso e a Asociación A Xesteira organizan un obradoiro de baile centrado na Danza de Entroido da Ulla, impartido por Julia Pozo e Chema Cebeiro, integrantes activos de A Regionalista.

📅 Datas:

Outubro: 31

Novembro: 7, 21 e 28

Decembro: 12 e 19

⏰ Horario: 12:00–13:30

📍 Lugar: Escola de Couso, ao carón do campo da festa

💶 Prezo:

Xeral: 25 €

Reducida (*): 15 €
(*) Para alumnado e profesorado da EMT A Xesteira, e persoas socias de A Xesteira, A Asociación do Entroido de Couso e O Rueiro.
Pagamento: en efectivo na primeira sesión.

📝 Inscricións e máis info no:
722 317 656
627 671 242

🌿💧 Coidando o río Vea, coidamos o noso territorioO pasado domingo participamos na Limpeza Simultánea de Ríos, organizada...
08/10/2026

🌿💧 Coidando o río Vea, coidamos o noso territorio

O pasado domingo participamos na Limpeza Simultánea de Ríos, organizada por ADEGA a través do Proxecto Ríos. Na contorna do río Vea conseguimos retirar cerca de 70 kg de lixo. Unha xornada de traballo colectivo que continuou cun xantar comunitario e, pola tarde, coa análise do estado do río. 🧤🗑️🌱

E que atopamos?

🔹 O estado xeral do treito analizado é bo.
🔹 A calidade hidromorfolóxica permite soportar unha boa comunidade de macroinvertebrados, aínda que algúns elementos do hábitat non están ben representados, por causas naturais ou antrópicas.
🔹 A calidade do bosque de ribeira é, en xeral, boa, pero en varios puntos foi totalmente arrasado polas obras de construción da autoestrada.
🔹 A calidade fisicoquímica da auga sitúase dentro de valores normais.
🔹 A calidade biolóxica é moi boa: atopamos unha importante variedade de macroinvertebrados, incluíndo especies que só poden vivir en augas con estas características. 🦋🪲💦
🔹 En canto á biodiversidade, están presentes moitas das especies propias destes hábitats.

Pero non todo son boas noticias. ⚠️

Detectamos tamén a proliferación de varias especies exóticas invasoras, como a tradescantia, o eucalipto, a falsa acacia e a herba tintureira. A presenza destas especies, xunto co forte impacto das obras da autoestrada sobre o bosque de ribeira, resulta especialmente preocupante e ameaza a conservación do hábitat que constitúe o río Vea.

🌱 O río Vea aínda conserva un bo estado, pero cómpre coidalo e protexelo. A limpeza, a observación e o coñecemento do río son tamén ferramentas para defendelo.

Grazas a todas as persoas que participastes nesta xornada e que facedes posible que sigamos coidando dos nosos ríos. 💚

Volven as actividades para peques!!Xogamos está de volta!Arrancamos cunha festiña de benvida e un magostiño para as cria...
07/10/2026

Volven as actividades para peques!!

Xogamos está de volta!

Arrancamos cunha festiña de benvida e un magostiño para as crianzas de entre 4 a 12 anos.

Cando? O 17 de outubro

Horario: de 16:00 a 20:00
Prezo: 15€ cota xeral, 10€ socias/ segunda inscrición/familia numerosa
Inscricións en: [email protected] ou 722 31 76 56

XORNADA NO RÍO VEA | DOMINGO 4 DE OUTUBROO domingo 4 de outubro saímos ao río Vea para compartir unha xornada de coidado...
22/09/2026

XORNADA NO RÍO VEA | DOMINGO 4 DE OUTUBRO
O domingo 4 de outubro saímos ao río Vea para compartir unha xornada de coidado e coñecemento do río Vea, aberta a todas as idades.

Pola mañá participaremos na XIX Limpeza Simultánea de Ríos, organizada por ADEGA a través do Proxecto Ríos. Unha acción que se desenvolve simultaneamente en distintos puntos de toda Galicia para retirar residuos dos nosos ríos e concienciar sobre a importancia de conservalos.

Pola tarde faremos a inspección do río Vea dentro da campaña de Outono de Adega. Percorreremos uns 500 metros para observar a flora e fauna, tomar medicións e recoller mostras que posteriormente analizaremos.

Programa:

11:00 h – Encontro no Centro Médico do Souto de Vea
11:30 - 14:00 h – Limpeza do río
14:00 - 15:30 h – Xantar comunitario na contorna dun dos muíños. Cada un/unha levará algo de xantar
15:30 - 17:00 h – Inspección do río
17:00 h – Análise dos datos

Lembrade traer: botas ou catiuscas, roupa impermeable e unha muda por se nos mollamos.

Inscricións:
722 317 656
[email protected]

Vémonos no río! ☺️

Ide anotando a data para a Festa do Outono. Será o 14 de novembro! Pronto daremos máis información :)
17/09/2026

Ide anotando a data para a Festa do Outono. Será o 14 de novembro!

Pronto daremos máis información :)

Aínda quedan prazas!!! Bulide
03/09/2026

Aínda quedan prazas!!! Bulide

🎶 Xa está aquí a nova oferta de aulas da Escola de Música Tradicional A A Xesteira de Couso para o curso 2026/27! 💛

🥁 Gaita, tambor e bombo, pandeireta, baile tradicional, canto popular e de taberna, percusión de man, acordeón, requinta, aulas para a mocidade e tamén para a rapazada...

📅 As aulas comezan a partir de mediados de setembro.

👉 Consulta os horarios, toda a información, prezos e accede ás inscricións na nosa web:
https://www.axesteira.gal/a-escola

Agardámoste! 🎶💚

📩 Se tes algunha dúbida, escríbenos a [email protected].

🎶 Xa está aquí a nova oferta de aulas da Escola de Música Tradicional A A Xesteira de Couso para o curso 2026/27! 💛🥁 Gai...
20/07/2026

🎶 Xa está aquí a nova oferta de aulas da Escola de Música Tradicional A A Xesteira de Couso para o curso 2026/27! 💛

🥁 Gaita, tambor e bombo, pandeireta, baile tradicional, canto popular e de taberna, percusión de man, acordeón, requinta, aulas para a mocidade e tamén para a rapazada...

📅 As aulas comezan a partir de mediados de setembro.

👉 Consulta os horarios, toda a información, prezos e accede ás inscricións na nosa web:
https://www.axesteira.gal/a-escola

Agardámoste! 🎶💚

📩 Se tes algunha dúbida, escríbenos a [email protected].

14/07/2026

Aquí temos o cartaz de AS NOSAS MÚSICAS 2026! 🙌

Unha imaxe que plasma á perfección a nosa esencia: música, tradición, encontro e moita festa; creada por 🤍

A conta atrás para unha nova edición xa está en marcha! 🎉

Podes consultar o programa completo, toda a información e máis novidades en:
📲 www.asnosasmusicas.gal

Viva a música e siga! 🎶

14/07/2026

Hoxe presentamos oficialmente 𝗔𝗦 𝗡𝗢𝗦𝗔𝗦 𝗠𝗨́𝗦𝗜𝗖𝗔𝗦 2026 no , compartindo un adianto de todo o que estamos preparando para os días 13 e 14 de agosto! 🎉

Grazas ao Concello da Estrada pola súa acollida, a todas as persoas e entidades que nos acompañastes nesta presentación, e o resto que dunha ou outra forma colaborades ano tras ano. O voso apoio é unha parte imprescindible desta festa 🤍

Nós seguimos mans á obra para que, un ano máis, Couso sexa o lugar onde volver encontrarnos arredor da música e da tradición 🎶

📸 Amalia Goldar, alcaldesa en funcións; Cristina Pazos, de ; Alejandro García, de ; e parte da directiva da .

Viva a música e siga!

Dirección

La Estrada
36682

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación A Xesteira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos