Asociación Cultural "Vagalumes"

Asociación Cultural "Vagalumes" Comarca de Tabeirós-Terra de Montes Na "fala que é murmurio nas augas dos regueiros". Un idioma perseguido polos poderosos de onte e hoxe.

Desde o universo poético de Cabada Vázquez, presididos pola advocación laica da virxe da Grela, defensora das xentes do mar a pesares de estar no interior da nosa Terra, esta asociación pretende que as nosas letras flúan como regueiros polas beiras abaixo da Serra de Liripio até fundirse no océano mundial das palabras, dando a coñecer a obra dos nosos escritores e escritoras da bisbarra coa convic

ción de que só é posible ese obxectivo se apreciamos a Terra e as xentes que os inspiraron e somos quen de vivir as emocións que os moveron a empuñar a pluma. As causas nobres das clases populares humilladas e da patria aldraxada levounos e lévaos a empregar o noso idioma. Unha lingua que convoca a autenticidade e escorrenta o desleixamento. Desde a fronteira artificial entre tres concellos que administrativamente quixeron dividir e que seguen unidos na sensibilidade e na razón, traspasando barreiras que pretenderon esgazar fraternidades que os versos de “Vagalumes” transcenden e restauran, esta asociación que nace con xentes das parroquias limítrofes de Cerdedo, Forcarei e A Estrada, non poñemos couto ao ámbito da nosa actuación sen esquecer nunca a orixe, a fonte, as raíces de onde vimos.

29/01/2025
19/01/2025
11/01/2025

Anos pasados, mentres abriamos un buraco no Campo das Laudas, Soto, parafraseando o guión dun dos filmes de S. Leone, díxome: “Neste mundo, a xente divídese en dúas categorías: os que teñen a...

26/12/2023

Presentación de "A muller xabaril" de Fina Casalderrey

A Asociación Cultural “Vagalumes” presenta na Estrada o vindeiro mércores 27 de decembro, ás 20:00 h. no MOME, o último libro de Fina Casalderrey, “A muller xabaril”. Acompañará a autora David Otero e Maka Arca Camba.
Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun s**o ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro.
O relato de Ramiro, envolto na voz de Lennon, vai reconstruíndo a versión máis dramática desa biografía infausta que o impresiona ata lle esfolar a pel de dentro. Acaba de descubrir os motivos que hipoteticamente a puideron abocar á sorprendente metamorfose: o verdadeiro segredo do Xabaril.
En «A Muller Xabaril» Fina Casalderrey convídanos a inserirnos nunha historia amarga e dolorosa, intrigante e conmovedora, que lexitima a memoria e afonda nas miserias humanas e nos segredos familiares enmarcados nas turbulencias políticas da primeira metade do século XX.

Dirección

La Estrada
36680

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Cultural "Vagalumes" publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir