ACOE - Asociacion de Comerciantes de A Estrada

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

ACOE - Asociacion de Comerciantes de A Estrada Asociación de Comerciantes de A Estrada Destas inquedanzas, no ano 1998, os comerciantes atopamos o xérmolo do que actualmente representa esta asociación.

A Asociación de Comerciantes de A Estrada, xorde dunha serie de inquedanzas e posta en común dun grupo de comerciantes da nosa Vila, a prol de conquerir un comercio mellor organizado e máis competitivo, ante a implantación dunha serie de grandes superficies moi preto de nós. A día de hoxe, esta iniciativa engloba aos sectores máis representativos do comercio do noso pobo, a fin de organizar e reorganizar o comercio existente. Esta asociación conta á data, cun Centro Comercial Aberto que xorde no ano 2003, a raíz da elaboración dun estudo de viabilidade promovido polo Sector Comercial Retallista de Galicia. A través do Centro Comercial Aberto, tratamos de darlle ó comercio de proximidade a importancia que ten, tratando de fomentar a igualdade no acceso á oferta comercial, evitando desprazamentos (evitando emisións de CO2), e facendo a nosa Vila máis sociable e atractiva.A calidade e competitividade, son características indispensables nos albores deste século XXI e para conquerílas é necesario realizar un esforzo común. Debemos ser conscientes e afrontar os retos do mercado actual, partindo dunha visión consensuada que entre todos nos encargamos de redefinir. As estratexias colectivas son as que nos van a permitir competir e acadar novas cotas de mercado e rendemento.

🖤 MOITAS GRAZAS POR UNHA NOITE DE MEDO... E DE EMOCIÓNS! 🩸A nosa Casa do Terror foi todo un éxito! E iso foi posible gra...
31/10/2026

🖤 MOITAS GRAZAS POR UNHA NOITE DE MEDO... E DE EMOCIÓNS! 🩸

A nosa Casa do Terror foi todo un éxito! E iso foi posible grazas a todas e todos vós.

Grazas a cada persoa que se achegou, que participou e que agardou con paciencia, para poder vivir esta experiencia. ❤️

Grazas tamén a todas as persoas que estiveron detrás, aos actores e actrices, colaboradores e a todos os que puxeron o seu esforzo, tempo e ilusión para facer realidade esta actividade.

O noso agradecemento tamén ao e a Xunta de Galicia , polo seu apoio e colaboración para facer posibles iniciativas que dinamizan e dan vida ao noso comercio e á nosa vila.

Ver a tanta xente na nosa vila, con ganas de participar e de desfrutar, é a mellor recompensa.

Seguimos facendo vila, seguimos facendo comercio! 🖤



👻🎃 O TRUCO OU TRATO CHEGA A A ESTRADA! 🕸️Aquí vos deixamos a lista dos comercios participantes no TRUCO OU TRATO, onde o...
30/10/2026

👻🎃 O TRUCO OU TRATO CHEGA A A ESTRADA! 🕸️

Aquí vos deixamos a lista dos comercios participantes no TRUCO OU TRATO, onde os máis pequenos poderán achegarse a pedir lambetadas e g***r dunha tarde terrorífica. 🍬🧛

Preparade os disfraces, porque o medo vai percorrer as rúas da Estrada!

Comercio galego

COMUNICADO | CAMBIOS NA PROGRAMACIÓN DO SAMAÍNAnte os tráxicos acontecementos ocorridos no accidente ferroviario de Tole...
30/10/2026

COMUNICADO | CAMBIOS NA PROGRAMACIÓN DO SAMAÍN

Ante os tráxicos acontecementos ocorridos no accidente ferroviario de Toledo, desde ACOE decidimos suspender o desfile de Samaín previsto para esta tarde, en sinal de loito, respecto e solidariedade con todas as persoas afectadas.

Consideramos que, nestas circunstancias, non é o momento axeitado para celebrar un acto de carácter máis festivo como o desfile.

Porén, mantéñense as actividades previstas para esta tarde:

👻 Casa do Terror
🍬 Truco ou Trato polos comercios participantes.

Ademais, para compensar a suspensión do desfile, ampliamos o horario da Casa do Terror ata as 20:30 horas, media hora máis do previsto inicialmente.

Desde ACOE tamén estudaremos a posibilidade de realizar o desfile a próxima semana. Informaremos de calquera novidade ao respecto.

Queremos trasladar o noso máis sentido pésame ás vítimas, familiares e persoas afectadas por esta traxedia.

Grazas pola vosa comprensión.

29/10/2026

🎃 CASA DO TERROR da ACOE 👻

Atréveste a entrar? Preparádevos para pasar un rato de medo... ou de risa! 😱🕸️

🗓️ Cando?

Xoves 29: de 17:00 a 21:00 h.

Venres 30: de 17:00 a 20:00 h.

🎟️ Como conseguir a entrada? Necesitas un vale de acceso que podes conseguir mercando no comercio local asociado. 🛍️✨

Non o podes perder! Etiqueta en comentarios a quen vai vir contigo a pasar terror 🧟‍♂️🧛‍♀️ 👇

Xunta de Galicia Comercio galego Concello A Estrada

28/10/2026

🛍️💸 OS BONOS ACTIVA COMERCIO XA ESTAN AQUI!

É o momento perfecto para aproveitar os descontos e mercar no comercio local da Estrada! ❤️

💶 Canto podes aforrar?

🟢 5 € de desconto en compras desde 20 €.

🟢 10 € de desconto en compras desde 30 €.

🟢 15 € de desconto en compras desde 50 €.

📲 Descarga os teus bonos en 👉 www.bonosactivacomercio.gal

⚠️ Non esperes demasiado! Os bonos estarán dispoñibles ata esgotar o orzamento.

🎃 E AGORA VÉN O BO… 😈

Coas túas compras nos comercios asociados a ACOE, pide a túa entrada para a CASA DO TERROR! 🎟️💀

📍 Casa do Terror ACOE · Rúa Ulla nº 4

🕸️ Xoves 29: de 17:00 a 21:00 h
🕸️ Venres 30: de 17:00 a 20:00 h

🛍️ Aproveita os bonos, apoia o comercio local… e prepárate para pasar moito medo! 👻



🎃👻 VAS ENTRAR NA CASA DO TERROR?Este Samaín, as túas compras no comercio local poden abrirche as portas ao medo… 🩸🧾 Soli...
26/10/2026

🎃👻 VAS ENTRAR NA CASA DO TERROR?

Este Samaín, as túas compras no comercio local poden abrirche as portas ao medo… 🩸

🧾 Solicita o teu vale de entrada nos comercios asociados e prepárate para vivir unha experiencia terrorífica.

🕷️ Atréveste a entrar?


22/10/2026
🎃🖍️ 𝐀𝐒 𝐂𝐀𝐁𝐀𝐙𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐌𝐀𝐈𝐍 𝐏𝐑𝐄𝐂𝐈𝐒𝐀𝐍 𝐀𝐑𝐓𝐈𝐒𝐓𝐀𝐒!Este Samaín queremos encher os escaparates da Estrada de cabazas terroríficas...
20/10/2026

🎃🖍️ 𝐀𝐒 𝐂𝐀𝐁𝐀𝐙𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐌𝐀𝐈𝐍 𝐏𝐑𝐄𝐂𝐈𝐒𝐀𝐍 𝐀𝐑𝐓𝐈𝐒𝐓𝐀𝐒!

Este Samaín queremos encher os escaparates da Estrada de cabazas terroríficas, divertidas e orixinais… e necesitamos a vosa axuda! 🧡

👻 Como participar?

🎃 Vén buscar a túa plantilla de cabaza.
🖍️ Píntaa e decóraa na casa como máis che guste.
🏪 Tráenola de volta e nós encargarémonos de que luzca nos escaparates do noso comercio local.

E, por traer a túa cabaza, terás un pequeno agasallo! 🎁

Anímate a participar e axúdanos a encher A Estrada de cor, creatividade e espírito de Samaín.

Agardamos polas vosas cabazas! 🧡🎃



19/10/2026

😈 TES O VALOR SUFICIENTE PARA ACEPTAR O RETO?

Non podes ver o que hai dentro.
Non sabes que vas tocar.
Pero se consegues sacar a peza… hai premio! 👀

💀 HAIMA FEDORENTA
📅 Xoves, 29 de outubro
📍 A Estrada

Etiqueta esa persoa que di que non lle ten medo a nada. A ver se se atreve! 😏



13/10/2026

🎃🕯️ ESTE SAMAÍN… A ESTRADA VAI DAR MEDO! 👻

Levamos días avisándovos de que algo estaba a piques de espertar… e chegou o momento de descubrilo. 😈

💀 Casa do Terror
🖐️ Haima Fedorenta
🍬Truco ou trato polo comercio local
🎃E máis sorpresas para vivir un Samaín diferente!

29 e 30 de outubro.

Atréveste a vivilo? 👀

𝘊𝘰𝘧𝘪𝘯𝘢𝘯𝘤𝘪𝘢𝘥𝘢 𝘱𝘰𝘭𝘢 𝘟𝘶𝘯𝘵𝘢 𝘥𝘦 𝘎𝘢𝘭𝘪𝘤𝘪𝘢 e o Comercio galego

Dirección

Calle Ulla Nº 4, Baixo
La Estrada
36680

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Martes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Miércoles 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Jueves 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Viernes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30

Teléfono

986 094 323

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ACOE - Asociacion de Comerciantes de A Estrada publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a ACOE - Asociacion de Comerciantes de A Estrada:

Atajos

Compartir