11/10/2026
📢 Os CIM soñosten dereitos, pero quen sostén os CIM?
No CIM (Centro de Información á Muller), a nosa misión é clara: escoitar, informar, orientar e acompañar ás mulleres que o precisan. Somos un piar fundamental para a igualdade real e o primeiro recurso para moitas mulleres que enfrontan situacións difíciles, incluída a violencia de xénero.💜
A imaxe móstranos un momento de consulta, onde as preguntas son o punto de partida. Pero agora, somos nós, as profesionais, as que lanzamos a pregunta máis urxente 💬 Os CIM soñosten dereitos, pero quen sostén os CIM?
En ASOCIM esiximos que o traballo crucial que facemos teña o apoio que merece:
👉 Financiamento estable e axeitado. Necesitamos recursos para seguir ofrecendo servizos de calidade sen precariedade.
👉 Recursos humanos suficientes. As nosas mulleres non poden esperar.
👉 Un compromiso político real que poña o apoio a estes centros como prioridade.
A igualdade e os dereitos das mulleres non poden depender de orzamentos variables ou de boa vontade sen recursos. Soster aos CIM é soster o futuro de todas. Axúdanos a facer xustiza dunha vez por todas e asegurarnos de que esta mensaxe chega a quen ten que chegar, compartindo o post!✊