06/10/2026
O próximo 15 de outubro conmemórase o Día Internacional da Muller Rural e Mulleres Rurales Avelina Valladares énchese de orgullo, non só o 15 de outubro, tamén o resto dos outros 364 días do ano das mulleres rurais do territorio Estradense.
Por ese motivo, este xoves 15 de outubro, compartiremos Orgullo e Recoñecemento a catro delas,sen esquecer que hai moitas máis que temos moi presentes...
O lema da nosa mesa é "As Mulleres que potencian a outras Mulleres abren camiños" e nos engrandece como sociedade e comunidade, deixar sempre pegadas bonitas.
Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia polo seu apoio e colaboración nesta xornada.
Grazas á súa implicación foi posible desenvolver esta actividade, que pretende visibilizar o importante papel das mulleres no desenvolvemento social, cultural e económico do medio rural galego.
Para a Asociación MR Avelina Valladares e a Federación Galega Mulleres en Rede é unha satisfacción contar co respaldo dunha institución comprometida coa promoción da lingua galega e coa posta en valor das iniciativas que fortalecen o tecido social do noso rural.
Moitas grazas pola confianza depositada neste proxecto e polo seu compromiso coa nosa comunidade.